Esquemas |
Representación gráfica e simplificada da información que conlevan uns determinados contidos de aprendizaxe. |
Prácticas a través de TIC |
Utilización das TIC na aprendizaxe efectiva, mediante prácticas de programas para estudo de balances, custos e viabilidade. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais do temario de contabilidade, planificación e control de custos |
Solución de problemas |
Resolución de exercicios e control de custos, balances, control da organización e planificación do traballo de produción naval, estudos de viabilidade e sensibilidade na construción naval, para resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se foron traballando e que poden ter máis dunha posible solución. |
Estudo de casos |
O alumno sitúase ante un problema concreto (caso) que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, para chegar a unha decisión razoada. |