Proba tipo test: realizarase unha proba escrita coincidindo coa data oficial da materia ao finalizar o curso. A proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. Os contidos que se avaliarán serán os desenvolvidos durante as sesións maxistrais e os estudos de casos.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10 puntos.
A puntuación mínima para superar a proba será de 5 puntos.
- Estudo de casos: a asistencia ás sesións de estudos de casos é obrigatoria. Quedan excluídos desta obrigatoriedade os alumnos de matrícula parcial que deberán realizar as actividades que se lle indiquen e entregalas no momento indicado.; esta programación realizarase cando se presente o caso.
Nos estudos de caso valorarase a capacidade para relacionar o coñecemento xeral con problemas concretos, a capacidade de análise e comprensión da situación, así como a capacidade de interacción dentro do grupo e as achegas no proceso de reflexión.
Ao comezo de cada sesión, o alumno asinará asistencia. Cada grupo debe entregar o caso traballado ao finalizar a sesión. A entrega realizarase a través do correo electrónico antes das 20 h dese mesmo día.
As actividades relacionadas cos estudos de caso son de carácter sumativo e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia. Ao longo do curso realizaranse os estudos de caso planificados no cronograma da materia.
OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:
- Fórmula para calcular a cualificación de Próbaa tipo test:
Cada resposta correcta puntúa: 0,33 puntos
Fórmula para a puntuación: nº de acertos-nº de erros
3
Exemplo: Un alumno nunha proba tipo test de 30 preguntas con 4 alternativas de resposta, ten 24 respostas acertadas e 6 erros. A súa cualificación calcularase así:
24-6 = 22
3
22 x 0,33= 7,26
- Enfermaría Maternal
Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos en próbaa tipo test.
Os casos prácticos supoñen un 25% da nota final de Enfermaría Maternal.
A cualificación do exame tipo test supón un 75 % da nota final de Enfermaría Maternal.
- Enfermaría Infantil:
Para superar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos en próbaa tipo test.
Os casos prácticos supoñen un 25% da nota final de Enfermaría Maternal.
A cualificación do exame tipo test supón un 75 % da nota final de Enfermaría Maternal.
- Cualificación final de Enfermaría Materno-Infantil:
A nota final de Enfermaría Materno-Infantil calcularase facendo unha media aritmética da cualificación obtida en Enfermaría Maternal e Enfermaría Infantil, tendo en conta que o peso sobre a nota final é o seguinte:
· Enfermaría Maternal: 40%
· Enfermaría Infantil: 60%
Será necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos en cada parte (E. Maternal e E. Infantil), para aplicar a porcentaxe da nota final.
- Matrícula de honra: será outorgada automaticamente aos alumnos que alcancen unha cualificación de 9,5. No caso de que exista maior número de alumnos que matriculas de honra asignadas á materia, previa solicitude por escrito dos alumnos interesados, programarase, en hora e data acordada polos interesados a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar as matrículas de honra ás mellores cualificacións.
- Oportunidade adiantada: será condición necesaria para superar a materia:Superar unha proba escrita. A proba constará de 30 preguntas tipo test con 4 alternativas de resposta nas que só unha opción é válida. A cualificación dos casos prácticos será substituída por un único traballo que posuirá unha cualificación dun 20%
- Non presentado: Será considerado todo alumno que non se presentou a próbaa tipo test de calquera das dúas partes.