Prácticas clínicas |
A62 B24 B22 B20 B19 B16 B15 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B3 B1 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
Avaliarase por parte do profesional enfermeiro responsable da tutorización do alumno/a e mediante a ficha de avaliación da materia o resultado da aprendizaxe:
Capacidade de traballo en equipo.
Capacidade de comunicación.
Aplicación do proceso de atención de enfermaría.
Capacidade de incorporar á práctica os principios éticos e legais.
Capacidade de realización correcta das técnicas e procedementos de coidados de enfermaría. |
80 |
PRÁCTICAS CLÍNICAS:Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas IV e ter superadas as Estancias Clínica I e II, tal e como consta na memoria do Título de Grao. Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas.As ausencias non xustificadas poden supor o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizásese no período establecido polo profesor antes do peche de actas.Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clíncas e Traballos Tutelados). A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO na acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 40% e Traballos Tutelados 10%) en cada unha das partes.É sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.Sistema de cualificacións:0-4.9 Suspenso. 5-6.9 Aprobado 7-8.9 Notable. 9-10 Sobresaliente. 9-10 Matricula de Honra (graciable). O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.
Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán ao redor de dita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Traballo Tutelado) son a asistencia, compromiso individual, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica , no traballo tutelado e as competencias adquiridas para esta materia.
Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superación da materia (práctica clínica/traballos tutelados), deberá recuperar toda a materia. A presentación dun novo traballo de solución de problemas, e as prácticas clínicas a recuperación será no Centro de Saúde que se lle asigne, durante o mes de xullo e antes do peche de actas.
|