Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado na materia Estancias Clínicas V e ter superadas as Estancias Clínica I e II e III tal e como consta na memoria do Título de Grao.
Existe a obrigatoriedade de asistir ás prácticas clínicas e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente xustificadas deberán recuperarse, sempre que non excedan o 50% das planificadas.
As ausencias non xustificadas poden supor o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizásese no período establecido polo profesor antes do peche de actas.
Para aprobar a materia é necesario superar de maneira independente as dúas probas (Prácticas Clíncas e Estudo de Casos). A non superación dunha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO na acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo (Prácticas Clínicas 70% e Estudo de casos 30%) en cada unha das partes.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
Sistema de cualificacións:
0-4.9 Suspenso.
5-6.9 Aprobado
7-8.9 Notable.
9-10 Sobresaliente.
9-10 Matricula de Honra (graciable).
O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.
Os aspectos e criterios xerais que se terán en consideración ao avaliar as actividades que se farán ao redor de dita metodoloxía (Prácticas Clínicas e Estudo de caso) son a asistencia, compromiso individual, coherencia dos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica , no estudo de casos e as competencias adquiridas para esta materia.
Convocatoria de segunda oportunidade: En caso de non superación da materia (práctica clínica/estudo de casos), deberá recuperar toda a materia no caso de non superar ambas metodoloxías ou a parte non superada. A presentación de un novo estudio de caso, se he a parte non superada, e no caso das prácticas clínicas a recuperación será na unidade que se lle asigne, durante o mes de xullo e antes do peche de actas.
As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña máis dun 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa achega no estudio de caso e nas prácticas fose significativa.
As probas superadas na oportunidade de febreiro, conservaranse para a oportunidade de xullo.