Para superar a materia hai dous requisitos básicos:
1) Asistencia regular a tódalas actividades avaliables, agás para os alumnos con dedicación parcial ou dispensa de
asistencia, tal como se indica máis abaixo.
2) Acadar unha
cualificación mínima de 4 (sobre 10) en cada unha das actividades
avaliadas. De non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha desas
actividades, a cualificación final será de Suspenso (4.0). Para aprobar a
materia a cualificación total non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).
O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando participe en
actividades que sumen menos do 25% da cualificación total.
No
contexto de evaluación continua, as cualificacións obtidas nos
seminarios e traballos tutelados poderán conservarse para a segunda
oportunidade, sempre a cando superen a mínima de 4 citada previamente. A
cualificación da proba mixta obtida nesta segunda oportunidade
substituirá á da primeira.
Os alumnos avaliados na segunda
oportunidade solo poderán optar a matrícula de honra se o número máximo
destas para o curso non se esgotaron na primeira.
Nos siguintes
cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluida a
avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno que non supere a
materia neste curso deberá realizar todas as actividades programadas
para o novo curso.
No caso de alumnos con dedicación parcial, ou dispensa de asistencia,
tódalas actividades avaliables poden ser levadas a cabo online, e cualificadas do mesmo
xeito que se foran presenciais, polo que non é preciso un protocolo
específico.