Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Modelización Molecular Código 610509006
Titulación
Mestrado en Investigación Química e Química Industrial (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
carlos.platas.iglesias@udc.es
Profesorado
Ojea Cao, Vicente
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
vicente.ojea@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A4 Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
A7 Operar con instrumentación avanzada para análise química e a determinación estrutural
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B7 Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B14 Demostrar unha actitude de respecto polas opinións, valores, comportamentos e prácticas doutros

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir os coñecementos básicos sobre os métodos computacionais máis usados na actualidade. AM1
Saber seleccionar o método de cálculo máis adecuado para un problema determinado tendo en conta os recursos computacionais dispoñibles. AM2
Manexar a nivel de usuario non experto un programa de estructura electrónica. AM7
Saber calcular con programas de química computacional propiedades moleculares básicas como enerxías, xeometrías ou frecuencias de vibración. AM7
BM2
Coñecer como se avalían interaccións intermoleculares. AM4
Coñecer como se determinan constantes de velocidade de reaccións químicas. AM4
Entender os fundamentos do método de dinámica molecular. AM1
Identificar información relacionada coa química computacional na literatura científica utilizando os canais apropiados. BM7
Utilizar terminoloxía científica asociada á química computacional en lingua inglesa. BM10
Aplicar correctamente as tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas empregando ferramentas de modelización molecular. BM7
BM10
Demostrar unha actitude de respecto cara as opinións, os valores, os comportamentos e prácticas dos outros. BM14
Que os estudantes saiban aplicar coñecementos de modelización molecular en contextos máis amplos (ou multidisciplinares). BM2
Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos. BM2
BM7
Definir conceptos, principios, teorías e feitos especializados no ámbito da modelización molecular. AM1
Propoñer alternativas para a resolución de problemas químicos complexos utilizando ferramentas de química computacional. AM2
Innovar nos métodos de caracterización de moléculas con axuda dos métodos de química computacional. AM4
Operar coas ferramentas computacionais máis comúns no ámbito da modelización molecular. AM7

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Clasificación de métodos e características de superficies de enerxía potencial. Química computacional. Métodos de mecánica molecular. Métodos da química cuántica.
Enerxía molecular e enerxía electrónica. Modelo electrostático. Separación dos movementos
electrónico e nuclear. Hipersuperficie de enerxía potencial (PES).
Tema 2. Optimización de xeometrías, cálculo de frecuencias e propiedades termodinámicas. Mínimos sobre unha PES. Análise conformacional e técnicas de mostreo. Algoritmos para optimización de xeometrías. Cálculo de frecuencias de vibración. Propiedades termodinámicas.
Tema 3. Interaccións intermoleculares e efectos do disolvente. Interaccións intermoleculares. Erro de superposición de base. Efectos do disolvente. Modelos de polarización continua.
Tema 4. Introducción á dinámica molecular. Métodos para modelización molecular dependente do tempo. Particularizacións das ecuacións do movemento en dinámica molecular. Condicións periódicas e outros elementos dos estudos de dinámica molecular.
Práctica 1. Cálculos básicos sobre estructura molecular. Exemplos prácticos de cálculos básicos usando métodos de química computacional.
Práctica 2. Aplicacións en espectroscopía. Aplicacións da química computacional a problemas espectroscópicos.
Práctica 3. Cálculo de índices de reactividade. Estudo da reactividade química de sistemas modelo.
Práctica 4. Estudo de reaccións químicas. Estudo de reaccións químicas representativas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC A7 B7 B10 B14 17 6 23
Traballos tutelados A2 A4 A9 0 25 25
Proba mixta A1 B10 2 8 10
Sesión maxistral A1 B2 4 12 16
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Nelas, o profesor de cada universidade propoñerá ao alumno as prácticas
máis convenientes, segundo a súa formación previa. Dado o carácter aplicado desta asignatura son
a parte principal. Srven para que o alumno adquira familiaridade coa utilización dos
programas de química computacional e a metodoloxía de traballo desta disciplina. Para estas
prácticas, o alumno disporá dun breve guión de cada unha delas. Tras unha explicación do
profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos de dous, os cálculos necesarios para
a consecución dos obxectivos da práctica. Tomará todas as notas que considere oportunas.
Rematado o periodo de prácticas deberá presentar unha memoria escueta que recolla o método e
resultados obtidos e, de ser necesario, a súa discusión.
La asistencia a estas clases es obligatoria. Las faltas deberán ser justificadas documentalmente,
aceptándose razones de salud, así como aquellos casos contemplados en la normativa
universitaria vigente. La práctica no realizada se recuperará de acuerdo con el profesor
correspondiente.
Traballos tutelados O profesor encargado das prácticas en cada Universidade proporá aos
alumnos un exercicio computacional que deberán levar a cabo individualmente e que será
avaliado.
Proba mixta Exame final breve. O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da asignatura e incluirá cuestións relativas ás prácticas de laboratorio, diferentes en cada universidade, que
suporán o 20% da nota global da asignatura. O 10% restante avaliarase coas
cuestións relacionadas coas clases expositivas (comúns ás tres universidades).
Sesión maxistral Lección impartida polo coordinador da materia. Pode ter formatos
diferentes (teoría, problemas y/ou exemplos xeraies, directrices xeraies da materia…). O
profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos pero, en xeral, os
estudantes non precisan manexalos na aula. Estas clases seguirán os contenidos da Guía
Docente da asignatura. A asistencia a estas clases non é obrigatoria, pero sí é
recomendable.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado do mestrado poderá acudir a titorías para solicitar orientación ou resolver dúbidas sobre cualquera aspecto puntual ou xeral da asignatura. Para elo, farán uso do horario de titorías do profesor correspondente. Recoméndase que o alumnado empregue as titorías para buscar asesoramento para realizar o traballo dirixido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A4 A9 A avaliación continua terá un peso do 70% na cualificación da asignatura e constará de dúas compoñentes: prácticas (30%) e traballo dirixido (40%). 40
Proba mixta A1 B10 O exame final versará sobre a totalidade dos contidos da asignatura e incluirá
cuestións relativas ás prácticas de laboratorio, diferentes en cada universidade, que
suporán o 20% da nota global da asignatura. O 10% restante avaliarase coas
cuestións relacionadas coas clases expositivas (comúns ás tres universidades).
30
Prácticas a través de TIC A7 B7 B10 B14 A avaliación continua terá un peso do 70% na cualificación da asignatura e constará de dúas compoñentes: prácticas (30%) e traballo dirixido (40%). 30
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica J. B. Foresman, A. Frisch, (1996). Exploring Chemistry with Electronic Structure Methods. Gaussian Inc.
F. Jensen (2007). Introduction to Computational Chemistry. Wiley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións para o estudo da materia: - Considerase conveniente asistir ás clases expositivas. - É fundamental manter o estudo da materia “ao día”. - A asignatura é fundamentalmente práctica. Porén, é moi importante que o alumno participe activamente nestas clases. Calquera dúbida que puidera xurdir deberá ser consultada co profesor. - A realización coidadosa do traballo dirixido é fundamental. Recomendacións de cara á recuperación: O profesor de cada universidade analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e se así o desexan, as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da asignatura.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías