Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico, sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo o perigo e os posibles riscos.
|
A1 A12 A17 A18 A23
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Adquirir habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se vai collendo destreza para desenvolver outras habilidades máis complexas. |
A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A25
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Aprender a elaborar un caderno de laboratorio. |
A1 A12 A16 A20 A21 A24
|
B2 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I. Conceptos previos.
|
Práctica 1. Seguridade no laboratorio.
Práctica 2. Material de laboratorio.
Práctica 3. Consideracións xeráis sobre os datos de laboratorio.
Práctica 4. Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio. |
Bloque II. Procesos básicos nun laboratorio químico. |
Práctica 5. Preparación de disolucións.
Práctica 6. Separación dunha mezcla de sólidos.
Práctica 7. Purificación dun sólido por cristalización.
Práctica 8. Sublimación.
Práctica 9. Extracción líquido-líquido.
Práctica 10. Destilación.
Práctica 11. Cromatografía en papel.
Práctica 12. Preparación dunha corrente de gas.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
|
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A16 A18 A20 A21 A25 B2 B3 B6 C1 C3 |
3 |
0 |
3 |
Obradoiro |
A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 |
6 |
21 |
27 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 |
42 |
63 |
105 |
Seminario |
A1 A21 A24 A25 B2 B3 B5 B7 C1 |
3 |
0 |
3 |
Proba obxectiva |
A1 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
2 |
2 |
4 |
Proba mixta |
A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
2 |
3 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade en grupo grande que se levará a cabo ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Por outra banda, o persoal da biblioteca impartirá un curso no que explicará os recursos e manexo básico na biblioteca. |
Sesión maxistral |
Sesións de aula nas que, durante os primeiros días do curso, abordaránse parte dos contidos do Bloque I. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, por ser en grupo reducido, requirirase nelas a participación activa do alumnado. |
Obradoiro |
Para traballar os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico, antes de realizar as prácticas, o alumno debe traballar unha serie de conceptos necesarios para entender o fundamento das mesmas, que lle serán especificados no guión de laboratorio de cada práctica.
Nesta actividade, que terá lugar en grupo reducido antes de comenzar coa realización da práctica, os alumnos levarán a cabo unha exposición e debate, dirixido e supervisado polo profesor, co fin de determinar se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poidan proceder a realizar, con seguridade e aproveitamento, o traballo experimental. |
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio, que se imparten en grupo reducido, os estudantes traballaran os contidos do Bloque I e do Bloque II a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como exercicios e experimentos.
Nas referidas ao Bloque I o alumno levará a práctica os contidos que se impartiron con anterioridade nas sesións maxistrais. O traballo feito nestas clases quedará reflexado nunhas Fichas que os alumnos deben entregar o rematar cada práctica.
Nas prácticas do Bloque II o alumno realizará procesos básicos nun laboratorio químico. Cada práctica deste bloque levará asociado un guión que conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos teóricos de cada experimento, e nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade. Estes aspectos deberán ser traballados con antelación polos estudantes, e serán discutidos cos seus compañeiros e co profesor no Obradoiro, antes do comenzo de cada experimento. Todo o traballo feito nas prácticas deste segundo bloque quedará reflexado no Caderno de Laboratorio. |
Seminario |
O finalizar o período de prácticas levarase a cabo un seminario en grupo reducido, onde o profesor proporá os alumnos unha tarefa para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso, que posteriormente será discutida en grupo ca supervisión do profesor. |
Proba obxectiva |
Durante algunhas das clases prácticas de laboratorio realizaranse probas intermedias de respostas curtas, cálculos numéricos ou de tipo test, que axudarán ao alumno e ao profesor a comprobar que se comprenderon os contidos tratados en clases anteriores. |
Proba mixta |
Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito onde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos, que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza, que poden ser de desenvolvemento medio-longo ou de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais dunha práctica, de resolución de problemas numéricos ou de elección entre respostas múltiples. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Obradoiro |
Seminario |
|
Descrición |
(Xa descrita para cada unha das metodoloxías)
Para comprobar e orientar o traballo do alumno (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.
Aqueles alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
- A petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
- O alumno disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos contidos das prácticas do Bloque I e do Seminario (ver metodoloxías).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A1 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
Periódicamente realizaranse probas curtas de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 |
Durante a realización das prácticas de laboratorio levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumno, o grao de comprensión das prácticas, actitude, racionalización; avaliaranse tamén as Fichas e o Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
|
60 |
Proba mixta |
A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas.
|
20 |
Obradoiro |
A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 |
Avaliación dos conceptos previos que o alumno debe traballar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. |
10 |
|
Observacións avaliación |
- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria. - Para superar a materia será preciso acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros, proba obxetiva e proba mixta) un mínimo de 5 (sobre 10), sendo tamén condición imprescindible obter un mínimo dun 4 (sobre 10) da cualificación da Proba mixta, e un mínimo dun 4 (sobre 10) da suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio. No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha
delas, se a suma do conxunto de tódalas actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos a materia
figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos). - En caso de non superar a asignatura na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio, probas obxetivas e obradoiros conservaranse na segunda oportunidade de xullo. Non obstante, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade. - Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta. - Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade". - Polo que se refire os sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso. - Ao tratarse dunha materia experimental a asistencia a todalas actividades é obrigatorio, polo que para aqueles alumnos que se acollan ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios, na medida do posible, a disponibilidade dos alumnos. A cualificación final para os devanditos alumnos, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, será a anteriormente citada. - No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e
adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total
ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de
avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia
deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a
consecución das competencias propias da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
PETRUCCI, R. H.; HARWOOD, W. S.; HERRING, F. G (2003). Química General. Madrid, 8ªEd, Pearson Educación
M.J. Insausti, P. Redondo, E. Charro (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Universidade da Coruña (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio.
C.M. Rodríguez Pérez, J.L. Ravelo Socas, J.M. Palazón López (2005). Técnicas de organización y seguridad en el laboratorio. Madrid, Editorial Síntesis |
- GUIÓNS DE PRÁCTICAS e todo o material que se porá a disposición dos alumnos a través do Campus Virtual da UDC (Moodle)
Esta páxina Web elaborada por profesorado da Universidad de Barcelona sobre OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO contén información moi completa sobre prácticamente tódolos aspectos que se van tratar nesta materia. Tamén conta cun soporte de imaxes moi útil. |
Bibliografía complementaria
|
(). .
J. Martínez Urreaga (2006). Experimentación en Química General. Thomson
C. Fernández (2009). Laboratorio de Química. Generalidades y aspectos básicos.. Universidad de Extremadura
J.R. Dean, A.M.Jones, D. Holmes, R. Reed, J. Weyers, A. Jones (2002). Practical Skills in Chemistry. Edinburgh, Pearson Education |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química 2/610G01008 | Química 3/610G01009 |
|
|