A asistencia a todos os seminarios e prácticas é indispensable para que o alumno poida superar a asignatura.
Na primeira oportunidade, a avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e coñecementos adquiridos, as respostas ás cuestións durante a realización e a elaboración dos datos experimentais, xunto co informe de prácticas constituirán o 50% da nota final. Unha prueba escrita constituirá o outro 50%.
A asignatura considerarase aprobada cando a media das notas
obtidas nas distintas actividades suxeitas a avaliación alcance un valor mínimo de 5 puntos,
sobre un máximo de 10 puntos. Para poder superar a asignatura na primeira oportunidade é necesario obter unha cualificación mínima de 3,5 puntos sobre 10 na proba escrita. De non
alcanzarse dita puntuación mínima, a asignatura figurará como suspensa (4.5) no caso de que a media resultante sexa igual ou superior a 5 (sobre 10).
A cualificación final do alumno poderá verse modificada ao alza ata un máximo de 1 punto pola avaliación da evolución global da progresión do alumno.
A cualificación de non presentado só a terán aqueles alumnos que non realicen ningunha sesión de prácticas no laboratorio.
Os alumnos que sexan avaliados na chamada “segunda oportunidade” só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na “primeira oportunidade”
En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles
poderase realizar un exame adicional para decidir a asignación das mesmas.
Na segunda oportunidade, os alumnos que teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar unha proba escrita que suporá o 100% da cualificación. Os alumnos que non teñan superado as prácticas de laboratorio terán que realizar un exame práctico no laboratorio.
A proba mixta de cada oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coas normas da UDC):
Sendo unha materia experimental, a asistencia a todas as actividades é obrigatoria, de tal xeito que tratarase de adaptar os horarios das prácticas de laboratorio, na medida do posible, a dispoñibilidade dos estudantes.
Os criterios de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade serán os mesmos que para o resto do estudantado.