Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A2 |
Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica. |
A3 |
Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A6 |
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A26 |
Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer de maneira sistemática, a química descritiva dos elementos non metálicos, facendo fincapé non só en aspectos puramente académicos como formas de actuación, estado elemental, propiedades físicas, reactividade, estado natural ou métodos de obtención, senón tamén en aplicacións e temas de actualidade relacionados cos mesmos (problemas ambientais, novas fontes de enerxía, etc.). |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16 A21 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Construír unha "rede de ideas" que permitan racionalizar o comportamento dos diferentes elementos non metálicos en función da súa situación na táboa periódica. |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Racionalizar a química dos elementos non metálicos sobre a base das teorías e modelos vixentes, afianzando os coñecementos do estudante sobre os principios de estrutura e ligazón, termodinámica e reactividade (acedo-base, oxidación-redución, etc.), etc, establecidos noutras materias. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer as posibilidades de combinación dos elementos non metálicos e o comportamento químico dos seus compostos derivados. |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer e aplicar a metodoloxía de traballo científica. |
A20 A22 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4
|
C1
|
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese (tales como a decantación, filtración, recristalización, destilación etc.) e desenvolver nel a destreza adecuada para a súa utilización. |
A17 A18 A20 A22 A23 A26
|
B1 B2 B3 B4
|
C1
|
Desenvolver a capacidade de observación e aprender a levar un rexistro adecuado dos feitos experimentais. |
A20 A21 A23
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Racionalizar os feitos experimentais á luz dos coñecementos teóricos adquiridos. |
A20 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer a bibliografía para atopar solucións a un problema químico concreto. |
A16
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1.- O hidróxeno e os seus principais compostos. |
Tema 1.- O hidróxeno.
Tema 2.- Os hidruros. A auga, un hidruro especial.. |
Bloque 2.- Elementos do grupo 17 e os seus principais compostos. |
Tema 3.- Elementos do grupo 17.
Tema 4.- Haluros.
Tema 5.- Haluros de hidróxeno.
Tema 6.- Combinacións osixenadas dos halóxenos. |
Bloque 3. - Elementos do grupo 16 e os seus principais compostos. |
Tema 7.- Elementos do grupo 16.
Tema 8.- Óxidos e sulfuros.
Tema 9.- Hidruros de azufre, selenio e teluro.
Tema 10.- Haluros e oxohaluros de azufre, selenio e teluro.
Tema 11.- Combinacións osixenadas de azufre, selenio e teluro.
|
Bloque 4.- Elementos do grupo 15 e os seus principais compostos. |
Tema 12.- Elementos do grupo 15.
Tema 13.- Hidruros dos elementos do grupo 15.
Tema 14.- Combinacións osixenadas dos elementos do grupo 15.
|
Bloque 5.- Elementos do grupo 18 e os seus principais compostos. |
Tema 15.- Elementos do grupo 18 e os seus principais compostos. |
Bloque 6.- Química Inorgánica Experimental. |
Síntesis de elementos e compostos inorgánicos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A22 A23 B1 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B3 C1 C3 |
23 |
46 |
69 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 C1 C3 |
8 |
24 |
32 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 |
3 |
9 |
12 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A18 A21 A22 A24 A25 B1 B2 B3 B4 C1 C3 |
1 |
14 |
15 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A4 A5 A6 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 B1 B2 B3 B4 C1 C3 |
18 |
0 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consistirán en clases presenciais onde se levará a cabo a exposición do temario por parte do profesor. Previamente, entregarase ao alumno, a través da plataforma Moodle, un esquema que reflicta os contidos de cada tema.
Baseándose neste e co fin de que o alumno poida aproveitar o mellor posible a clase expositiva, deberá ler na bibliografía recomendada, os capítulos relacionados co tema a tratar antes de acudir á clase. |
Solución de problemas |
As clases de resolución de problemas, desenvolveranse en grupos reducidos de alumnos e estarán dedicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas numéricos que, con suficiente antelación, terán sido publicados na páxina da materia.
Nestas clases os alumnos discutirán ante os seus compañeiros as respostas ás distintas cuestións e establecerase un debate. |
Proba mixta |
Exame que poderá constar dunha serie de cuestións curtas, preguntas para desenvolver, problemas numéricos e preguntas de tipo test relacionados co programa da materia. |
Traballos tutelados |
Previamente ás prácticas de laboratorio o alumno terá que realizar, sobre a base dos seus coñecementos e á revisión bibliográfica dos textos propostos, un estudo sobre os aspectos teóricos dos produtos que vai obter e dos reactivos que vai utilizar; así como sobre o traballo práctico a realizar.
Espérase que con ese traballo o alumno comprenda o proceso que se vai desenvolver e as cuestións relacionadas cos riscos asociados á práctica para o seu traballo no laboratorio sexa seguro
Esta tarefa será supervisada polo profesor mediante un mínimo dunha titoría individual. |
Prácticas de laboratorio |
Traballo de síntese e illamento de substancias inorgánicas baixo a supervisión do profesor. O alumno debe elaborar un caderno de laboratorio, que constará de tres partes: resumo da preparación teórica previa (realizada durante os traballos tutelados), descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Traballos tutelados |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A metodoloxía de ensino proposta está baseada no traballo do estudante, que se converte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que este obteña o óptimo rendemento do seu esforzo é de extrema importancia que exista unha elevada atención personalizada, co fin de guiar o estudante neste proceso. A través da interacción cos alumnos e das diferentes actividades de avaliación, o profesor determinará ata que punto o estudante está a alcanzar os obxectivos propostos e decidirá cando este precisa de atención personalizada a través de titorías individuais.
Polo tanto, periodicamente o profesor convocará os alumnos a titorías, que se celebrarán nos horarios máis convenientes para cada estudante, coa intención de que estes reciban a necesaria orientación.
Obviamente e a parte destas titorías propostas polo profesor, o estudante pode acudir a titoría, a petición propia, cantas veces desexe, no horario que lle resulte conveniente.
Ademáis do dito en xeral para todos os alumnos, oseguimento das actividades propostas para os estudantes en réximen de estudos a tempo parcial se realizará mediante atención personalizada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B3 C1 C3 |
Durante algunhas destas clases poderanse realizar, probas intermedias de respostas curtas ou de tipo test, que axudarán, ao alumno e ao profesor a comprobar tanto que se levou a cabo con aproveitamento a lectura recomendada, coma que se comprenderon os temas tratados en clases anteriores. Tamén se suxerirá a realización de traballos curtos sobre aspectos da materia tratada nas clases. |
5 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A21 A24 A25 B1 B2 B3 B4 C1 C3 |
O profesor valorará tanto as respostas ás cuestións do boletín como a participación activa no debate cos outros compañeiros.
Déixase aberta a posibilidade de realizar probas de respostas curtas ou probas de tipo test durante estas clases. |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 |
Proba escrita que se levará a cabo, ao final do semestre, no horario aprobado en Xunta de Facultade. |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A12 A14 A15 A16 A18 A21 A22 A24 A25 B1 B2 B3 B4 C1 C3 |
Mediante as Titorías asociadas aos traballos tutelados, o profesor, ademais de orientar o alumno, avalía todos os aspectos relativos á preparación teórica das prácticas e aspectos experimentais ou de seguridade no traballo.
Dada a súa importancia, o alumno non poderá comezar o traballo no laboratorio ata que realice de forma axeitada esta preparación previa, deste xeito garántese que o traballo no laboratorio se vai realizar de forma segura para o alumnos e para todos os que comparten o laboratorio con el. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A4 A5 A6 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A25 A26 B1 B2 B3 B4 C1 C3 |
Avalíase o traballo no laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu emprego, habilidade manual, conalicerce das operacións básicas de laboratorio e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións:
Cualificación obtida nas Sesións maxistrais e as Clases de solución de problemas: ata un máximo de 2 puntos. Esta cualificación será modificada por un coeficiente corrector en función da asistencia que se aplicará independentemente para cada tipo de actividade e serán os seguintes: 1 para asistencias superiores ao 85%; 0,5 para asistencias entre o 85% e o 70%; 0,25 para asistencias entre o 70% e o 50% e 0 para asistencias inferiores ao 50%.
Os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial por traballo ou por outros motivos xustificados deberán de falar co profesor na primeira semana de curso para substituír o réxime presencial por outro tipo de actividades cualificables igualmente con 2 puntos. Estas actividades indicásense nun plan individual de traballo que se entregará ao alumno.
Cualificación obtida nos Traballos Tutelados e as Prácticas de laboratorio: ata un máximo de 3 puntos.
Cualificación obtida na Proba mixta: ata un máximo de 5 puntos.
A cualificación final será a suma das anteriores.
Para aprobar a materia será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación do apartado 2 (Traballos Tutelados e Prácticas de laboratorio) e un mínimo dun 45% da cualificación do apartado 3 (Proba mixta). En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial para os cales, ne medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades.
Obterán a cualificación de No Presentado, os alumnos que realicen un 20% ou menos das actividades avaliables, e decir actividades que sumen menos dun 20% calificación final.
As cualificacións das actividades realizadas durante o curso (Sesións maxistrais e as Clases de resolución de problemas, Traballos Tutelados e as Prácticas de laboratorio) conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio.
Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".
Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e polo tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación programados para o devandito curso. Atendendo as necesidades de laboratorio o coordinador da asignatura poderá propoñer aos alumnos cunha cualificación superior, ao menos, a 6,5 nas prácticas realizadas no curso anterior que, si odesexan, poderán manter a cualificación de prácticas quedando exentos da sua realización.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Para a parte teórica:
G. Rayner-Canham "Química Inorgánica descriptiva" 2ª Ed. Pearson Educación, México (2000).
C. E. Housecroft, A. G. Sharpe “Química Inorgánica” 2ª Ed. Prentice Hall, Madrid (2006).
|
Bibliografía complementaria
|
|
Para a parte teórica:
D.F. Shriver y P.W. Atkins "Química Inorgánica". 4ª Ed. Mc Graw Hill, México, D.F.(2008).
A.G. Sharpe "Química Inorgánica" 2ª Ed. Ed. Reverté, Barcelona (1998).
E. Gutierrez Ríos "Química Inorgánica" 2ª Ed. Ed. Reverté, Barcelona (1984).
S.M. Owen and A.T. Brooker " A Guide to Modern Inorganic Chemistry". Longman, Harlow, Essex (1991).
Y.D. Lee "Concise Inorganic Chemistry".5 th Ed. Chapman & Hall, London (1996).
N.N. Greenwood y A. Earnshaw "The Chemistry of the Elements". 2ª Ed. Butterworth Heinemann, Oxford (1997)
F.A. Cotton and G. Wilkinson "Advanced Inorganic Chemistry". 6 th Ed. Wiley & Sons, New York (1999). (Traducción de la 4ª Ed. en Castellano, Limusa-Wiley, México).
Para as prácticas:
D.R. Lide (ed.). "CRC Handbook of Chemistry and Physics". 81 Ed. CRC Press, Boca Ratón (2000-1)
J.C. Bailar Jr., H.J. Emeléus, R. Nyholm y A.F. Trotman-Dickerson (eds.). "Comprehensive Inorganic Chemistry", vols. I-V. Pergamon Press, Oxford(1973)
A.F. Wells. "Models in Structural Inorganic Chemistry". Oxford Univ. Press, Londres (1970) |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química 1/610G01007 | Química 2/610G01008 | Química 3/610G01009 | Química 4/610G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Inorgánica 2/610G01022 | Química Inorgánica 3/610G01023 | Química Inorgánica 4/610G01024 | Química Inorgánica Avanzada/610G01025 | Química Industrial/610G01039 |
|
Observacións |
O alumno debe ter asentados os coñecementos básicos sobre: estrutura atómica, propiedades periódicas e teorías de enlace, termodinámica química, equilibrio químico e técnicas básicas de traballo no laboratorio, impartidos, todos eles nas materias de Química Xeral de primeiro curso. |
|