Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos. |
A2 |
Identificar organismos. |
A4 |
Obter, manexar, conservar e observar especímenes. |
A6 |
Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais. |
A7 |
Reconstruír as relacións filogenéticas entre unidades operacionales e pór a proba hipóteses evolutivas. |
A9 |
Identificar e utilizar bioindicadores. |
A11 |
Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías. |
A19 |
Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos. |
A20 |
Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades. |
A22 |
Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico. |
A23 |
Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais. |
A26 |
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A27 |
Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía. |
A29 |
Impartir coñecementos de Bioloxía. |
A30 |
Manexar adecuadamente instrumentación científica. |
A31 |
Desenvolverse con seguridade nun laboratorio. |
A32 |
Desenvolverse con seguridade no traballo de campo. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar en colaboración. |
B8 |
Sintetizar a información. |
B9 |
Formarse unha opinión propia. |
B10 |
Exercer a crítica científica. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
-Coñecer a organización taxonómica das fanerógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos. |
A1 A2
|
B1 B2 B3 B8 B10
|
|
-Desenvolver o hábito e a capacidade para manexar de xeito adecuado e crítico a bibliografía e outras fontes de información. |
A22 A27
|
B8 B10
|
|
Comprender os ciclos reprodutivos dos espermatófitos, así como as relacións entre eles e cos ciclos dos seus posibles precursores. |
A1 A2
|
B1 B2 B3 B8
|
|
Coñecer os procesos evolutivos que desembocaron na diversidade actual dos espermatófitos. |
A1 A2 A7 A19
|
B3 B9
|
|
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de plantas con semente, particularmente en relación con aqueles grupos de maior importancia económica e ecolóxica. |
A1 A2 A4 A6 A9 A11 A20 A30 A31 A32
|
B2 B3 B5
|
|
-Aprender os métodos básicos de estudo das especies vexetais e as súas comunidades, tanto no campo como no laboratorio. |
A2 A4 A6 A11 A20 A23 A26
|
B2 B3 B5 B8
|
|
-Incentivar nos estudantes a aprendizaxe autónoma arredor dos distintos grupos de plantas con semente, facendo énfase naqueles grupos ecoloxica e economicamente importantes no NW da Península Ibérica. |
A29 A31 A32
|
B1 B2 B3 B8
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Teoría (Clases Maxistrales): Introdución |
Tema 1.- ESPERMATÓFITOS: Taxonomia e Filogenia. Caracteres xerais. Concepto de semente: A semente primitiva. Relación espermatófitos con fieitos heterospóreos.
Tema 2.- Orixe dos espermatófitos: proximnospermas. Evolución e diversidade en Espermatófitos. Caracteres diferenciais entre ximnospermas e anxiospermas.
|
Bloque II (Clases Magistrales): Ximnospermas |
Tema 3.-XIMNOSPERMAS. Morfoloxía e anatomía das ximnospermas. Estruturas reprodutoras: Flores e inflorescencias ximnospérmicas. Bioloxía da reprodución en ximnospermas: desenvolvimento dos gametófitos masculino e feminino. A fecundación e a formación da semente nas ximnospermas.
Tema 4.- Sistemática de ximnospermas. Caracterización dos diferentes grupos evolutivos: Div. Pteridospermophyta, Div. Cycadophyta, Div. Ginkgophyta, Div. Gnetophyta y Div. Coniferophyta.
Tema 5.- Div. Coniferophyta: evolución, diversidade e caracteres xenerais. Familias máis salientables de ximnospermas na Península Ibérica: F. Pinaceae, F. Cupressaceae y F. Taxaceae.
|
Bloque III (Clases maxistrais): Anxiospermas |
Tema 6.-ANXIOSPERMAS. Caracteres xerais I. O aparello vexetativo. Caracteres xerais II. O aparello reprodutivo. Bioloxía reprodutiva: flores e inflorescencias nas anxiospermas. Evolución da flor como estrutura. Desenvolvimento dos gametófitos masculino e feminino. A semente e o froito: estrutura e dispersión.
Tema 7.- Teorías arredor da orixe e diversificación das anxiospermas. Orixe e caracterización dos principais grupos evolutivos: diferentes sistemas de clasificación. Diferencias entre as anxiospermas basais (clado ANITA), magnólidas, monocotiledóneas e eu-dicotiledóneas.
Tema 8.- Os Bosques: diferentes conceptos de bosque. Evolución dos bosques. Importancia ambiental dos bosques no NW da Península Ibérica. Familias máis importantes na formación das comunidades de bosques da zona temperá do hemisferio norte. F. Fagaceae, F. Betulaceae, F. Salicaceae, F. Oleaceae, F. Rosaceae, F. Lauraceae, F. Caprifoliaceae, F. Aquifoliaceae e F. Ulmaceae
Tema 9.-As matogueiras: diferentes conceptos de comunidade de matogueira. Evolución das comunidades de matogueira. Importancia ambiental das matogueiras no NW da Península Ibérica. Familias máis importantes na formación das comunidades de matogueira da zona temperá do Hemisferio Norte. F. Fabaceae, F. Ericaceae, F. Cistaceae e F. Lamiaceae.
Tema 10.- As comunidades herbáceas: concepto e diversidade. Evolución das comunidades herbáceas. Familias máis importantes na formación das comunidades herbáceas da zona temperá do hemisferio norte: F. Poaceae, F. Cyperaceae, F. Juncaceae, F. Asteraceae, F. Araceae e F. Ranunculaceae.
Tema 11.- As comunidades vexetais de zonas húmidas e costeiras Familias importantes na conformación destas comunidades: F. Caryophyllaceae, F. Chenopodiaceae, F. Plumbaginaceae, F. Nymphaeaceae, F. Lentibulariaceae, F. Lemnaceae, F. Zosteraceae e F. Potamogetonaceae.
Tema 12.- A domesticación das plantas. Familias importantes desde un punto de vista económico: F. Brassicaceae, F. Solanaceae, F. Apiaceae, F. Myrtaceae, F. Rutaceae, F. Liliaceae s. lat., F. Iridaceae e F. Orchidaceae.
|
Bloque IV (Clases maxistrais): Bioxeografía |
Tema 13.- Bioxeografía. Reinos florísticos. Fitocoroloxía: Áreas de distribución das especies. Vexetación potencial e series de vexetación.
Tema 14.- Biodiversidade e conservación. Conservación ex situ e in situ. Especies endémicas, raras ou ameazadas na Península Ibérica. Especies introducidas. Estratexias globais para a conservación da biodiversidade.
|
Seminarios de 2 horas: |
Seminario 1: Ximnospermas: análise comparada dos seus ciclos de vida. Conceptos básicos na sistemática das Ximnospermas. Realizarase un cuestionario sobre as características e a diversidade das ximnospermas.
Seminario 2: Anxiospermas: estudo do seu ciclo de vida. Análise comparada dos ciclos de vida das anxiospermas, ximnospermas e fieitos heterospóreos. Realizarase un cuestionario sobre os ciclos de vida dos distintos grupos.
Seminario 3: Anxiospermas. Análise comparada entre as familias máis importantes nas comunidades herbáceas, de matogueira e bosque do NW da Península Ibérica.
Seminario 4: Anxiospermas. Análise comparada entre as familias de importancia económica e as que presentan adaptacions especiais as condiciones ambientales nas que se desenvolven. Revisión dos conceptos básicos de Bioxeografía e Conservación Vexetal
|
Práctica de campo |
Toma de contacto coa diversidade das plantas con semente en Galicia. Analizarase a diversidade vexetal de distintos medios de alto interese polo seu grao de endemicidade, rareza, etc. |
Prácticas de laboratorio |
Práctica 1: Observación, análise e identificación de ximnospermas
Práctica 2: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica I.
Práctica 3: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica II.
Práctica 4: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica III.
Práctica 5: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica IV.
Práctica 6: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica V.
Práctica 7: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica VI.
|
Aprendizaxe-servizo |
Os estudantes terán a posibilidade de formarse traballando en colaboración con organizacións non gubernamentais en tarefas relacionadas co coñecemento e conservación da flora. Esta actividade configúrase como alternativa á realización dos casos prácticos. |
Casos prácticos |
Realizaranse dous casos prácticos nos que se profundizará no estudo das características morfolóxicas, biolóxicas e xenéticas dos espermatófitos, con especial atención ó coñecemento da diversidade vexetal no NW peninsular. Esta actividade configúrase como alternativa á realización da actividade de aprendizaxe-servizo. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A7 A11 A19 B1 B2 B3 B8 B9 B10 |
21 |
52.5 |
73.5 |
Seminario |
A7 A9 B1 B2 B3 B8 B9 B10 |
7 |
17.5 |
24.5 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A4 A6 A9 A11 A30 A31 B1 B3 B5 |
14 |
7 |
21 |
Saídas de campo |
A1 A2 A9 A19 A20 A23 A32 B2 B1 |
7 |
0 |
7 |
Traballos tutelados |
A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 |
0 |
11 |
11 |
Estudo de casos |
A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 |
0 |
11 |
11 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Os concepto básicos serán desenvolvidos polo profesor en sesións maxistrais de 50 minutos. As clases teñen sido programadas para que o alumnos adquiran os coñecementos de xeito gradual. A aprendizaxe estará asistida por presentacións de power point que estarán dispoñibles na plataforma moodle. |
Seminario |
O obxectivo dos seminarios será reforzar o aprendido nas sesións maxistrais. Todos os conceptos básicos impartidos se repasarán nos seminarios mediante diferentes exercicios, especialmente cuestionarios e diagramas mudos representando os ciclos reprodutivos dos distintos grupos. A asistencia ós seminarios é obrigatoria. |
Prácticas de laboratorio |
Os estudantes analizarán e manipularan diferentes representantes dalgunhas das familias explicadas nas sesiones maxistrais. Nas sesións de laboratorio, os estudantes empregarán floras e claves de identificación para identificar os espécimes seleccionados. Farase especial fincapé nos caracteres adaptativos da súa bioloxía floral ou en adaptacións concretas ó medio ambiente no que se desenvolven. |
Saídas de campo |
Realizarase unha excursión dun día de duración guiada polos profesores. Na excursión se observarán representantes dalgunhas das familias estudadas nas sesións maxistrais, así como o ambiente no que estas medran. Visitaranse algunhas das zonas de Galicia con maior grao de endemicidade e analizaranse as causas que teñen producido esta endemicidade. A asistencia á excursión é voluntaria. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía na que se combinan as actividades de formación dos estudantes coa colaboración con organizacións non gubernamentais. Os estudantes participarán en proxectos de conservación/investigación centrados na flora de Galicia.
O alumno poderá escoller entre a actividade de aprendizaxe-servizo ou a realización dos casos prácticos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas adicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 22 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuatrimestre.
|
Estudo de casos |
Os estudantes aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases de teoría e no laboratorio en dous casos prácticos diferentes. Daranse instrucións detalladas para levar a cabo estes proxectos durante os seminarios. Asi mesmo, os profesores empregarán as titorías para controlar a marcha dos traballos.
O alumno poderá escoller entre a actividade de aprendizaxe-servizo ou a realización dos casos prácticos; é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. O número de horas adicado polo tanto a esta actividade será a suma do previsto para ambas, é dicir, 22 horas de traballo autónomo. A organización dos traballos estabelecerase ó comezo do cuatrimestre.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Saídas de campo |
Seminario |
Estudo de casos |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Atenderase ó estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas que lle poidan xurdir ó preparar os contidos ou durante a realización das distintas actividades plantexadas xa sexa nos seminarios, nas prácticas ou durante as titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A2 A4 A6 A9 A11 A30 A31 B1 B3 B5 |
Os estudantes realizarán un cuestionario por cada unha das sesións de laboratorio que será avaliado. Unha vez rematadas as prácticas, realizarase un exame de visu no que cada estudante deberá recoñecer 10 especies dunha lista de 75 entre as que están algunhas das máis representativas do NW da Península Ibérica. A lista se lles entregará os alumnos ó principio do curso.
Avaliaranse as seguintes competencias:
-A2, A4, A6, A9, A11, A30, A31, B1, B3, B5 |
15 |
Saídas de campo |
A1 A2 A9 A19 A20 A23 A32 B2 B1 |
Valorarase asistencia e participación
Avaliaranse as seguintes competencias:
-A1, A2, A9, A19, A20, A23, A32, B1, B2 |
1 |
Seminario |
A7 A9 B1 B2 B3 B8 B9 B10 |
Valorarase asistencia e participación
Avaliaranse as seguintes competencias:
A7, A9, B1, B2, B3, B8, B9, B10 |
1 |
Estudo de casos |
A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 |
Valorarase a calidade, orixinalidade e presentación dos dous traballos realizados (filoxenético e florístico).
A nota correspondente será a suma das asignadas a cada actividade (aprendizaxe-servizo e estudo de casos), un 28% da nota final.
Avaliaranse as seguintes competencias:
-A23, A27, A29, A32, B3, B8 |
14 |
Sesión maxistral |
A1 A7 A11 A19 B1 B2 B3 B8 B9 B10 |
Os estudantes realizarán una proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos. Esta proba incluirá preguntas test, preguntas curtas e preguntas tema.
Avaliaranse as seguintes competencias:
-A1, A7, A11, A19, B1, B2, B3, B8, B9, B10 |
55 |
Traballos tutelados |
A22 A23 A26 A27 A29 A32 B3 B8 |
O alumno poderá optar á realización da actividade de Aprendizaxe servizo en lugar dos traballos tutelados. A nota correspondente será a suma das asignadas a cada actividade, un 28% da nota final. As actividades de Aprendizaxe-Servizo avaliaranse segundo a calidade dos informes entregados e tras escoitar a valoración realizada polas organizacións colaboradoras.
Avaliaranse as competencias -A23, A27, A29, A32, B3, B8 |
14 |
|
Observacións avaliación |
Todos os estudantes terán dúas oportunidades para superar o curso. Na primeira oportunidade, os estudantes precisarán ter participado en alomenos o 70% das actividades avaliables. Asimesmo, os estudantes precisarán obter alomenos un 4.0 no exame escrito, nas prácticas (incluido o visu ), na aprendizaxe-servizo ou no estudo de casos para que as notas destas partes se consideren para a nota final (e para que se poida aprobar a materia). A nota media para superar a materia debe ser un 5.0. Para que figure non presentado na nota, os alumnos non poderán participar en actividades do curso que supoñan máis dun 30% da cualificación. Na segunda oportunidade os estudantes deberán mellorar as notas obtidas nas distintas partes para chegar a unha nota media de 5 e superar a materia. Aquelas actividades que teñan sido avaliadas con menos de 4.0 deberán repetirse en todos os casos. Nesta segunda oportunidade o exame de visu incluirá 15 plantas da lista. Os estudantes con adicación a tempo parcial oficialmente recoñecida, poderán realizar as actividades propostas nos seminarios vía on-line e, mediante as titorías (presenciais ou on-line), solucionar as cuestións que poidan xurdir. No caso de estudantes que participen en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade o profesorado adaptará as actividades de avaliación contínua e obrigatorias para que o estudante poida optar a superar a materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Contenidos teóricos:
CARRIÓN, JS (2003). Evolución vegetal. DM editores. Murcia.
DIAZ-GONZALEZ, T.E.; FERNÁNDEZ-CARVAJAL, M.C. & FERNÁNDEZ, J. A.(2004). Curso de Botánica. Ediciones Trea, Gijón.
FONT QUER, P. (1985). Diccionario de botánica. Labor, Barcelona.
IZCO, J.; BARRENO, E.; BRUGUÉS, M.; COSTA M.; DEVESA, J.; FERNÁNDEZ, F.; GALLARDO, T.; LLIMONA, X; SALVO, E; TALAVERA, S. & VALDÉS, B. (2004). Botánica. McGraw-Hill, Madrid.
JUDD WS, CAMPBELL Ch., KELLOG EA, STEVENS PF & DONOGHUE MJ (2008). Plant Systematics. A phylogenetic approach. Sinauer Associates, INc. Sunderland. USA
STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004) Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.
Prácticas:
AIZPURU,I.; ASEGINOLAZA, C.; URIBE-ECHEBERRÍA, P.M.; URRUTIA, P. & ZORRAKIN, I. (2000). Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y territorios limítrofes. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.
CASTROVIEJO, S. et al (2001) Claves de Flora Ibérica, vol. I . Real Jardín Botánico, Madrid.
GARCÍA, X.R. (2008) Guía das plantas de Galicia. Xerais.
GARCÍA ROLLÁN, M. 1996. Atlas clasificatorio de la Flora de España Penínsular y Balear. 2 Vols. Mundi Prensa, Madrid.
LEMEY, P; SALEMI, M & VANDAMME, AM. (2003). The phylogenetic handbook: a practical approach to phylogenetic analysis and hypothesis testing. Cambridge University Press. Cambridge. |
Bibliografía complementaria
|
|
Teoría: BRAUN-BLANQUET, J. (1979) Fitosociología: base para el estudio de las comunidades . Ed. Blume. Madrid. COSTA TENORIO, M., C. MORLA JUARISTI & H. SAINZ OLLERO (1998). Los bosques ibéricos . Una interpretación geobotánica. Geo-Planeta S.A. Barcelona CRONQUIST, A. (1991). Introducción a la Botánica. C.E.C.S.A., México FRIIS,E.M., CRANE, P.R., PEDERSEN, K.R. (2011). Early flowers and angiospermevolution . Cambridge University Press.Cambridge. HEYWOOD, V.H. (1985). Las plantas con flores . Reverté. Barcelona. RAVEN, P.H., EVERT, R.F. & EICHHORN, S.E. (1991-1992). Biología de las plantas I,II . Reverté. Barcelona. RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (2005) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña. SIMPSON MG. (2006). Plant Systematics. Elsevier.
Londres. TAYLOR, T.N., TAYLOR, E.L.,
KRINGS, M. (2009). Paleobotany. Academic Press. Londres. Prácticas: BONNIER, G. & De LAYENS, G. (1993). Claves para la determinación de plantas vasculares. Omega, Barcelona. MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya. MAYOR, M. & T.E. DÍAZ (2003) La flora Asturiana. Ayala, Oviedo. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Histoloxía/610G02008 | Organografía microscópica/610G02009 | Xenética/610G02019 | Iniciación á Botánica: Botánica xeral/610G02023 | Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024 | Fisioloxía vexetal: Fisioloxía vexetal I/610G02027 | Fisioloxía vexetal: Fisioloxía vexetal II/610G02028 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Xenética molecular/610G02020 | Xenética de poboacións e evolución/610G02021 | Fisioloxía vexetal aplicada/610G02029 |
|
Materias que continúan o temario |
Xeobotánica: Xeografía botánica/610G02026 |
|
Observacións |
-Recoméndase
traballar na materia de xeito regular ó longo do cuatrimestre, e facer uso da
bibliografía recomendada -Dada
a carga de traballo do terceiro curso do Grao en Bioloxía, recoméndase ós
estudantes que rematen os proxectos o antes posible.
-Os estudantes deberían
acudir a titorías cos profesores para tratar as dúbidas xurdidas nas distintas
actividades, especialmente no referido ós casos prácticos e ós proxectos de
aprendizaxe-servizo. |
|