Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa. |
A4 |
Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados. |
A6 |
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. |
A8 |
Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. |
A9 |
Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional. |
A10 |
Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés |
A11 |
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. |
A12 |
Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo. |
B1 |
CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo |
B3 |
CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B10 |
CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e utilizar axeitadamente algunhas técnicas de inferencia estatística e comprender os resultados da súa aplicación empírica. |
A3 A4 A6 A8 A12
|
B3 B4 B5
|
C1
|
Coñecer e valorar a utilidade dos modelos econométricos no campo da predición. |
A3 A4 A6
|
B1
|
C1 C5 C6
|
Coñecer e aplicar os procedementos do software apropiado para estimar, contrastar e predicir nun modelo de regresión lineal múltiple. |
A3 A4 A8 A9 A10
|
B2
|
C8
|
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas e instrumentos que se utilizan no ámbito da disciplina. |
A11 A12
|
B10
|
C1 C4 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. O modelo de regresión lineal clásico. |
1.1. Revisión das hipóteses e do proceso de estimación dos parámetros do modelo.
1.2. Propiedades dos estimadores.
1.3. Análise da bondade do axuste.
|
2. Inferencia no modelo clásico. |
2.1. Hipótese de normalidade.
2.2. Distribucións de probabilidade dos estimadores.
2.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
2.4. Estimación por intervalo.
2.5. Estimación máximo-verosímil.
|
3. Predición no modelo clásico. |
3.1. A predición: concepto e clases.
3.2. Predición óptima no modelo clásico.
3.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
3.4. A estabilidade no período de predición. |
4. Multicolinealidade. |
4.1. Concepto.
4.2. Causas e consecuencias.
4.3. Procedementos para detectar a multicolinealidade.
4.4. Posibles formas de actuar.
4.5. Selección de regresores. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A9 |
1 |
0 |
1 |
Obradoiro |
A3 A12 |
17 |
42.5 |
59.5 |
Prácticas a través de TIC |
A4 A6 C1 C4 |
8 |
16 |
24 |
Proba obxectiva |
A3 A8 A9 |
2 |
6 |
8 |
Sesión maxistral |
A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B10 C5 C6 C7 C8 |
17 |
34 |
51 |
|
Atención personalizada |
|
6.5 |
0 |
6.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Consisten na presentación da materia e a exposición detallada das actividades que deben desenvolver os alumnos e os criterios cos que serán avaliados. |
Obradoiro |
Cada taller é unha sesion interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos. |
Prácticas a través de TIC |
Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas. |
Proba obxectiva |
Proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe. |
Sesión maxistral |
Cada sesión maxistral consiste na exposición oral, por parte dos profesores, dos conceptos e métodos, aínda que debe contar coa participación activa dos alumnos. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Proba obxectiva |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que teñan ao longo do curso. As prácticas a través de TIC, os talleres e as titorías son ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A3 A12 |
Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. |
30 |
Proba obxectiva |
A3 A8 A9 |
A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. |
70 |
|
Observacións avaliación |
1) Para superar a materia han de obterse polo menos 5 puntos, cun mínimo de 2.5 na proba obxectiva.
2) O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en todas e cada unha das oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.
3) Os alumnos con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación.
4) A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.
5) Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude
e responsabilidades disciplinarias).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carrascal, U.; González, Y.; y Rodríguez, B. (2000). Análisis Econométrico con Eviews. RA-MA.
Pena, J.B. y otros. (1999). Cien ejercicios de Econometría. Pirámide.
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill.
Martin, G.; Labeaga, J.M. y Mochón, F. (1997). Introducción a la Econometría. Prentice-Hall.
Ramil, M.; Rey, C.; Lodeiro, M.; Arranz, M. (2013). Introducción a la Econometría. Teoría y práctica. Reprografía Noroeste, S.L. |
|
Bibliografía complementaria
|
Gujarati, D. (2010). Econometría. McGraw-Hill.
Maddala, G.S. (1996). Introducción a la Econometría. Prentice-Hall. |
A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía, tales como os que poden atoparse en acceso libre en http://www.us.es/economet.
Utilizaranse, ademais, outros libros de texto, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán ao longo do curso.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/611G02001 | Principios de Macroeconomía/611G02005 | Estatística I/611G02006 | Matemáticas I/611G02009 | Matemáticas II/611G02010 | Estatística e Introdución á Econometría/611G02014 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
1) Esta materia é a continuación da Introdución á Econometría; por tanto, é moi importante que os alumnos estean familiarizados co seu contido. Recoméndase revisar o material correspondente a esta materia antes ou ao comezo do cuatrimestre. 2) A profesora Matilde Arranz Pérez, que ten o encargo docente dos grupos B e D, impartirá a materia en galego. |
|