Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecemento das principais institucións xurídicas. |
A2 |
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais. |
A3 |
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico. |
A4 |
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos. |
A5 |
Coñecemento dos principios e valores constitucionais. |
A6 |
Comprensión das distintas manifestacións do dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual. |
A7 |
Coñecemento das estruturas xurídico-políticas de ámbito nacional e internacional. |
A8 |
Coñecementos básicos de argumentación xurídica. |
A9 |
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas (legais, xurisprudenciais e doutrinais). |
A10 |
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico. |
A11 |
Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos. |
A12 |
Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público). |
A13 |
Dominio das novas tecnoloxías aplicadas ao dereito. |
A14 |
Capacidade de elaboración de normas. |
A15 |
Capacidade de negociación e mediación. |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B5 |
Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B7 |
Resolver problemas de forma efectiva, valorando a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B8 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo, entendendo, tamén, a importancia da cultura emprendedora. |
B9 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. |
B11 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Resolver problemas |
A1 A5 A6 A7 A11 A13 A14 A15
|
B7 B11 B3 B4 B5
|
C3 C7
|
Pensamento crítico |
|
B8
|
|
Traballar de forma autónoma |
|
B9
|
|
Expresión correcta tanto oral como escrita |
|
|
C1
|
Capacidade de analizar a realidade e solucionar problemas |
|
|
C4
|
Valorar a importancia da investigación e a innovación no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
|
|
C8
|
Manexo da oratoria xurídica |
A12
|
|
|
Capacidade de interpretar e analizar críticamente o ordenamento xurídico |
A10
|
|
|
Capacidade para o manexo de fontes xurídicas |
A9
|
|
|
Coñecementos básicos de argumentación xurídica |
A8
|
|
|
Percepción do carácter interdisciplinar dos problemas xurídicos |
A4
|
|
|
Percepción do carácter sistemático do ordenamento xurídico |
A3
|
|
|
Coñecer a función do Dereito como sistema regulador das relacións sociais |
A2
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
2.1. O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun caso práctico ou un informe xurídico concreto baixo a supervisión dun ou máis tutores.
|
Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
A1 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A15 B8 B11 B3 B4 B5 C1 C3 C7 |
1 |
6 |
7 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A4 A10 B9 B7 C4 C8 |
0 |
50 |
50 |
Análise de fontes documentais |
A9 A10 B9 |
0 |
75 |
75 |
|
Atención personalizada |
|
18 |
0 |
18 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
O estudantado defenderá os seus TFG pública e presencialmente. No caso de que o/a estudante solicite de forma motivada e acreditada defender o TFG de forma non-presencial, cumprirá que o faga ante a Comisión de Plans de Estudo, delegada do Consello de Goberno, para que a autorice ou non. Isto sempre de se daren as condicións legais, técnicas, administrativas e económicas que o permitiren. A realización, presentación e defensa dos TFG poderán efectuarse en calquera dos idiomas empregados na impartición do grao, de acordo co disposto na memoria de verificación do título.
Cada estudante disporá dun tempo máximo, do que será informado polo tribunal, para a defensa do TFG, en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do tribunal de avaliación
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Análise de fontes documentais |
O estudante deberá analizar as fontes legais e xurisprudenciais de maneira adecuada para poder resolver o caso ou elaborar adecuadamente o informe plantexado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O TFG será dirixido por un membro do profesorado dos departamentos con docencia a tempo completo no plan de estudos do título de grao.
Tal profesor/a será responsable de:
a) expoñerlle ao estudantado cuxa titoría exerza as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento;
b) realizar un seguimento da elaboración do TFG e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados;
c) autorizar a presentación e defensa do TFG.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A1 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A15 B8 B11 B3 B4 B5 C1 C3 C7 |
O alumno fará unha exposición pública oral ante o tribunal que avalía os traballos fin de grao no que exporá a metodoloxía empregada e a resolución da tarefa proposta |
50 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A4 A10 B9 B7 C4 C8 |
Calidad del trabajo presentado |
50 |
|
Observacións avaliación |
Unha vez realizada a exposición do/a estudante, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Aplicaranse os criterios de avaliación da guía docente e o disposto na memoria de verificación do título. Os criterios faranse públicos antes das defensas dos TFG. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal. Nas derradeiras convocatorias o Tribunal está aplicando o seguinte criterio respecto a presentación oral: otorga ata un 20% a exposición do TFG e otorga ata un 30% ao turno de preguntas e respostas.
A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003[1], de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa: a) 0-4,9 suspenso b) 5,0-6,9 aprobado c) 7,0-8,9 notable d) 9,0-10 sobresaliente Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador. No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
O alumnado deberá seleccionar a fontes doctrinais e xurisprudencias mais axeitadas ao suposto elexido para desenvolver do mellor xeito o TFG. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Tratándose do TFG e un requisito indispensable que o alumnado teña superadas todas as materias do Grao en Dereito. A normativa permite que o alumnado poida depositar o TFG con algunha materia non superada, pero a defensa solo poderá realizarse cando o alumno/a teña todas a materias do Grao en Dereito superadas. |
|