Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A19 |
Dominar a gramática da lingua española. |
A23 |
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar os principais mecanismos de descrición e análise dos compoñentes gramaticais e léxico-semánticos do español. |
A1 A2 A3 A11 A14 A15 A19 A23
|
B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9
|
C1 C3 C6
|
Coñecer e aplicar as técnicas de composición de diferentes tipos de textos. |
A2 A5 A10 A11 A15
|
B2 B3 B4 B5 B7
|
C1 C3 C6
|
Producir textos orais e escritos dotados de cohesión e coherencia, e adecuados á situación comunicativa. |
A5 A9 A10
|
B2 B3 B4 B5 B7 B8 B10
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. ESTUDO DESCRITIVO DA LINGUA |
1. O COMPOÑENTE MORFOLÓXICO
2. O LÉXICO DO ESPAÑOL
3. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (I). As clases de palabras e os grupos sintácticos
4. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (II). A oración simple
5. O COMPOÑENTE SINTÁCTICO (III). A oración composta
6. O TEXTO
|
II. ESTUDO INSTRUMENTAL. ELABORACIÓN DE TEXTOS |
1. O PROCESO DE COMPOSICIÓN DE TEXTOS
2. ELABORACIÓN DE TEXTOS |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A10 A11 A14 A19 A23 B1 B5 B9 B10 C3 C4 C6 |
18 |
28 |
46 |
Lecturas |
A1 A3 A5 A11 A14 A23 B1 B3 B6 B7 B8 C7 |
3 |
18 |
21 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B1 B2 B5 B6 B7 C3 |
16 |
30 |
46 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A15 A19 B2 B4 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C6 |
7 |
14 |
21 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A2 A3 A11 A14 B3 B5 B8 B9 |
2 |
0 |
2 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B4 B6 B7 B10 C1 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Impartiranse nas sesións comúns de carácter expositivo (grupo grande). O profesor presentará os temas e desenvolverá os apartados que se consideren de especial dificultade. |
Lecturas |
O alumno preparará, fóra de clase, lecturas que os profesores indiquen. |
Solución de problemas |
Exercicios prácticos, como pequenas probas, por exemplo, nos que se aplicarán os contidos do temario.
Proponse unha metodoloxía activa, o que supón que o estudante implíquese na aprendizaxe e traballe con asiduidade. |
Obradoiro |
Desenvolverase un taller de composición de textos.
O taller sustentarase basicamente no traballo persoal de cada alumno e no traballo grupal; sexa nun caso ou sexa no outro, a profesora tutelará constantemente a aprendizaxe do estudante. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposiciones, etc.) que permiten profundizar no coñecemento de temas de estudio relacionados coa materia. |
Proba mixta |
Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Nesta proba avaliarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica (as actividades do exame serán semellantes ás realizadas en clase). Así mesmo, valorarase notablemente o rigor e a corrección no uso da lingua.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Lecturas |
Solución de problemas |
Obradoiro |
|
Descrición |
Fomentaranse as titorías para todas as metodoloxías que o requiran, como as actividades que precisen dunha fase de preparación e seguimiento. Así mesmo, atenderase aos alumnos ao longo de todo o curso para resolver dúbidas da materia, tanto para a primeira edición de actas como para a segunda. Finalmente, analizaranse tamén individualizadamente os resultados das actividades, probas...
As titorías poderanse levar a cabo persoalmente ou mediante correo electrónico. No primeiro caso, os alumnos acudirán ao despacho dos profesores no horario establecido que se fará público a principio de curso.
A atención personalizada aos alumnos levarase a cabo tamén nas sesións de grupo reducido, nas que o profesorado poderá supervisar individualmente o desenvolvemento das actividades por parte dos estudantes.
A posible atención a alumnos con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben en clase. Si é preciso deseñaranse actividades especiais.
Alumnos con dispensa académica recoñecida: Dedicaranse as sesións de titoría (presencial ou por correo electrónico) para o seguimento da súa actividade académica.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B4 B6 B7 B10 C1 |
Realizarase unha proba mixta en xaneiro e outra en xullo os días sinalados oficialmente pola facultade.
Neste exame evaluaranse todos os temas incluídos no estudo descriptivo da lingua (primeiro bloque do temario). Valorarase a consecución das competencias adquiridas: o coñecemento dos mecanismos básicos de descrición do español, a asimilación das lecturas realizadas e a aplicación destes coñecementos á práctica. As actividades do exame serán semellantes ás suscitadas en clase.
|
50 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A5 A9 A11 A14 A15 A19 A23 B1 B2 B5 B6 B7 C3 |
Avaliación das actividades e pequenas probas que se susciten ao longo do curso. Avisarase con antelación cando se realizarán as pequenas probas. |
40 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A5 A9 A10 A11 A15 A19 B2 B4 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C6 |
Valorarase a produción de textos dotados de coherencia e cohesión, adecuados á situación comunicativa e correctos.
|
10 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a asignatura, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Cualificarase como "non presentado" quen non se presente ao exame final oficial, independientemente do número de actividades entregadas.
Na segunda edición de actas (mes de xullo) poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coas mesmas porcentaxes que na primeira edición, salvo que na segunda oportunidade, en casos concretos, se favoreza ao alumno reducindo o número de actividades para entregar. Só se cualificará como non presentado quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame oficial de xullo.
Os traballos ou actividades entregaranse como se indíque en cada caso, ben por correo electrónico desde a dirección que a UDC proporciona a cada estudante, ben en clase, en man. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción. Deben entregarse no prazo fixado.
Para aprobar a asignatura, as actividades, os textos e os exames deben cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal, etc.). Faltas de ortografía como uso incorrecto de acentos, puntuación, etc., descontarán 0,2 puntos; no caso das faltas graves, descontaranse 0,5 puntos.
O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade.
Alumnos con dispensa académica recoñecida. Aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación (con maior flexibilidade nas datas, que se acordarán entre profesor e alumno).
Alumnos erasmus e estranxeiros: Recoméndase un nivel equivalente a B1 como mínimo para matricularse na materia. Ao final de curso, esixirase para superar a materia un nivel equivalente a B2.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2001). Diccionario de la lengua española. Madrid: Espasa Calpe. En línea en http://lema.rae.es/drae/
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2005). Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Espasa Calpe. En línea en http://lema.rae.es/dpd/
Rojo, Guillermo y T. Jiménez Juliá (1989). Fundamentos del análisis sintáctico funcional. Santiago: Universidad
Gómez Torrego, Leonardo (2010). Gramática didáctica del español. Madrid: SM
Serrano Serrano, Joaquín (2002). Guía práctica de redacción. Madrid: Anaya
Gutiérrez Araus, M.ª Luz et al. (2005). Introducción a la lengua española. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces
Lieber, Rochelle (2010). Introducing Morphology. New York: Cambridge University Press
Hernanz, Mª Lluïsa y J. Mª Brucart (1987). La Sintaxis. Barcelona: Crítica
Montolío, Estrella (Dir.ª) (2014). Manual de escritura académica y profesional. Barcelona: Ariel
Aguirre, Carmen (2013). Manual de Morfología. Barcelona: Castalia
Andión Herrero, M.ª Antonieta (2005). Modalidades textuales, en Gutiérrez Araus et al., 2005: 345-360. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces
Varela Ortega, Soledad (2005). Morfología léxica: la formación de palabras. Madrid: Gredos
Aleza izquierdo, Milagros (coord.ª) (2011). Normas y usos correctos en el español actual. Valencia: Tirant lo Blanch
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2011). Nueva gramática básica de la lengua española. Barcelona : Espasa Libros
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2010). Nueva gramática de la lengua española. Manual. Madrid: Espasa Calpe
Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2012). Ortografía básica de la lengua española. Barcelona: Espasa Libros
Sánchez Lobato, Jesús (coord.) (2006). Saber escribir. Madrid: Aguilar
Briz, Antonio (coord.) (2006). Saber hablar. Madrid: Aguilar. |
Os alumnos deben estar atentos con asiduidade á plataforma Moodle da UDC, na que se depositará material necesario para o adecuado seguimento da materia: esquemas, exercicios, lecturas, etc. |
Bibliografía complementaria
|
|
Ao inicio de cada tema proporcionarase bibliografía específica. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para o aproveitamento óptimo dos recursos docentes
proporcionados recoméndase a asistencia a todas as clases, tanto ás sesións
expositivas nas que se explican os contidos principais da materia, como ás
clases interactivas nas que se traballa na aplicación dos contidos teóricos, e
tamén ás clases de grupos reducidos nas que, mediante obradoiros, se practicará a
composición de textos, aspecto moi importante na materia e no proceso formativo
dos alumnos. |
|