Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e aplicar as técnicas de análise literaria. |
A1 A2 A15
|
B7
|
C1
|
Realizar por escrito documentos científicos (recensións, comentarios, etc.) |
A2 A9 A11 A15
|
B1 B6 B7
|
C6
|
Coñecer as principais etapas da literatura galega, da Idade Media á contemporaneidade. |
A7 A11 A14
|
B3 B8
|
C6
|
Saber avaliar, analizar e sintetizar criticamente información relativa á literatura galega. |
A11 A14
|
B1 B3 B7
|
C6
|
Ser capaz de aplicar os coñecementos literarios á práctica. |
A7 A11 A14 A15
|
B9 B10
|
C1 C6
|
Coñecer e manexar os principais recursos web e bibliográficos sobre a literatura galega nas súas diferentes etapas. |
A11
|
B1 B3
|
C6
|
Ser capaz de pór en relación os coñecementos adquiridos nesta materia cos de outras de características similares. |
A11 A14 A15
|
B3 B5
|
C6
|
Ser capaz de realizar unha presentación oral sobre os contidos da materia. |
A4 A9 A15
|
B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega |
1.1 Definición, caracterización, periodización. Cuestións metodolóxicas. |
2. Literatura medieval galego-portuguesa. |
2.1 Lírica profana. Cantiga de amor. Cantiga de amigo. Cantiga de escarnho e maldizer.
2.2 Lírica relixiosa. Cantigas de Santa María
2.3 A prosa medieval. |
3. A literatura nos séculos XVI-XVIII. |
3.1 O concepto "Séculos Escuros". Unha ilustración galega? |
4. O século XIX. O Rexurdimento. |
4.1 Prerrexurdimento, rexurdimento, rexionalismo.
4.2 A poesía. Rosalía de Castro: Cantares Gallegos.
4.3 A poesía. Eduardo Pondal. Manuel Curros Enríquez.
4.4 A prosa e o teatro. Período Intersecular. |
5. O século XX. |
5.1 As Irmandades da Fala. A renovación do sistema.
5.1.1 Grupo Nós. Vicente Risco. Ramón Otero Pedrayo. Afonso Daniel R. Castelao.
5.1.2 As Vangardas. Manuel Antonio.
5.2 A guerra civil. A literatura do exilio
5.2.1 Luís Seoane.
5.3 A recuperación da actividade literaria na posguerra.
5.3.1 A narrativa. Eduardo Blanco-Amor.
5.3.2 A poesía. Movementos e autores. Álvaro Cunqueiro.
5.4. De 1975 á actualidade. Diversificación xenérica.
5.4.1 A narrativa. Xosé Luís Méndez Ferrín.
5.4.2. A poesía.
5.4.3. O teatro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
B5 C6 |
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
A1 A9 A11 A15 |
11 |
11 |
22 |
Lecturas |
A4 A7 B3 B6 B7 |
0 |
40 |
40 |
Prácticas a través de TIC |
B1 B3 B4 |
1 |
1 |
2 |
Sesión maxistral |
B8 B9 |
30 |
21 |
51 |
Presentación oral |
A2 A4 A9 C1 |
10 |
10 |
20 |
Seminario |
A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 |
12 |
10 |
22 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
2 |
2 |
4 |
Traballos tutelados |
A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 |
2 |
20 |
22 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 |
4 |
35 |
39 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis. |
Análise de fontes documentais |
Lectura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...). |
Lecturas |
Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía. |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. |
Presentación oral |
Exposición na aula, necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Seminario |
Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado. |
Proba mixta |
Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Seminario |
Análise de fontes documentais |
|
Descrición |
Durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 |
Valorarase o traballo realizado segundo as indicacións e o acompañamento do profesorado, e a súa presentación oral na aula. |
25 |
Seminario |
A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 |
Nas sesións en forma de seminario, cada estudante deberá realizar unha presentación oral de acordo coas instrucións do profesorado. Valorarase tamén a participación efectiva de cada estudante no conxunto destas sesións. |
10 |
Análise de fontes documentais |
A1 A9 A11 A15 |
Lectura e, no seu caso, análise e comentario na aula dos textos indicados polo profesorado e colocados na plataforma moodle.
Haberá que entregar unha actividade escrita relacionada con estas lecturas. |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro, en data que se acordará nas aulas; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade. |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas que se entregarán ao profesorado. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes recollidas no cadro anterior. Caso da suma das cualificacións do conxunto superar o 5 mais sen obter o mínimo de 4 na proba escrita, farase constar como cualificación final 4,9. Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes recollidas no cadro anterior. 1. OPORTUNIDADE DE XULLO Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 2. NON PRESENTADO Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita. 3. DISPENSA ACADÉMICA Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 1. Proba mixta (50%). 2. Análise de fontes (15 %). 3. Traballo titorizado (25 %), que incluirá a presentación oral. 4. Presentación oral (10 %). Para fixar as condicións e, no seu caso, as datas de entrega/realización de actividades o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 30 de setembro.
4. ALUMNADO REPETIDOR O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de setembro. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica. 5. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS O alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, poderá ter as condicións de avaliación recollidas no punto 3. 6. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Obras de lectura: Selección de textos medievais. Rosalía de Castro, Cantares gallegos. Afonso Daniel R. Castelao, Cousas. Ramón Otero Pedrayo, Contos do camiño e da rúa. Rafael Dieste, A fiestra valdeira. Luís Seoane, A soldadeira. Eduardo Blanco-Amor, A esmorga. Álvaro Cunqueiro, Herba aquí e acolá. Xosé Luís Méndez Ferrín, Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe. Selección de textos da Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000)preparada por Arturo Casas. Teresa Moure, Herba moura. Cando for preciso, o profesorado indicará cales son as edicións recomendadas para a lectura. |
Bibliografía complementaria
|
|
O profesorado da materia proporcionará unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través da plataforma virtual moodle. Como obras de consulta de carácter xeral, indícanse agora as seguintes: Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981. Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997. Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña. Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999. Vilavedra, Dolores (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000. Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999. VV. AA., Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra, Vigo, 1996, 5 vols.
E os recursos en liña: Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura: http://www.poesiagalega.org/ Asociación de escritores en lingua galega, cun
centro de recursos virtuais: http://www.aelg.org Biblioteca virtual de prensa histórica: http://prensahistorica.mcu.es/es/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion Biblioteca virtual galega da Universidade da
Coruña: http://bvg.udc.es/index.jsp Centro Ramón Piñeiro: dicionario de termos
literarios, base de datos da lírica profana galego-portuguesa, informes de
literatura: http://www.cirp.es Fundación Curros Enríquez: http://www.currosenriquez.es/ Fundación Rosalía: http://www.rosaliadecastro.org Galiciana. Biblioteca de Galicia: http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion http://www.culturagalega.org/lg3 (portal da
lingua do Consello da Cultura Galega) Mediateca do Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.org/mediateca/index.php Plataforma open access de revistas científicas
electrónicas españolas e latinoamericanas: http://www.erevistas.csic.es/directorio.php?idClas=6
Portal da Cantigas Medievais Galego-Portuguesas,
Projeto Littera da Universidade de Lisboa: http://cantigas.fcsh.unl.pt Real Academia Galega, hemeroteca e biblioteca
virtual: http://academia.gal Repositorio institucional da Universidade da
Coruña: http://ruc.udc.es/dspace/
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
O/a estudante que precise falar co profesorado fóra do horario de atención establecido oficialmente, poderá concertar unha cita a través do correo electrónico, nos enderezos que figuran nesta guía. Para as comunicacións relativas á materia, o profesorado utilizará como canais preferentes, ademais da comunicación oral nas aulas, a plataforma moodle e o enderezo de correo electrónico institucional do alumnado. |
|