Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer o panorama histórico, teórico e metodolóxico da Sociolingüística |
A1 A2 A3 A4 A5 A9 A11 A20 A21 A22
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9
|
C1
|
Coñecer diversas situacións de contacto de linguas |
A1 A2 A4 A5 A9 A20 A21
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8
|
C1
|
Coñecer a relación entre a diversidade lingüística e distintos factores sociais |
A1 A2 A4 A5 A9 A20 A21
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8
|
C1
|
Coñecer como afectan diversos factores sociais ás actitudes e ás ideoloxías lingüísticas |
A1 A2 A4 A5 A9 A14 A15 A20 A21
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8
|
C1
|
Organizar e expor contidos propios do campo sociolingüístico de forma adecuada e eficiente, adoptando unha perspectiva interdisciplinar ampla e crítica, en constante revisión. |
A4 A5 A8 A9 A11 A23
|
B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10
|
C1 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Algúns conceptos básicos. |
Lingua, dialecto, sociolecto, rexistro, comunidade de fala, repertorio lingüístico, competencia comunicativa, etc. |
Delimitación teórica e histórica da Sociolingüística. |
Ámbito da Sociolingüística. Diversidade de enfoques. Orixes. |
Distribución espacial e social da diversidade lingüística e diversas configuracións que adopta. |
Solucións comunicativas nos espazos tradicionalmente multilingües.
A estandarización das linguas como técnica e como ideoloxía.
As linguas internacionais.
A constitución dun sistema lingüístico e comunicativo mundial.
As situaciones de diglosia.
As peculiaridades dos pidgins e crioulos, etc.
|
Estudo específico do bilingüismo nas súas dimensións individual e social. |
Dimensións do bilingüismo. A conduta bilingüe. |
Factores que inflúen no mantemento e na substitución das linguas. |
Revisión crítica dos factores que hipoteticamente inciden no mantemento e substitución das linguas. Análise crítica do discurso sobre este tema. |
A morte das linguas: revisión dos prognósticos efectuados para este século e análise dalgúns casos de revitalización. |
Análise crítica do discurso sobre a "morte" das linguas. Estudo dalgúns casos de revitalización. |
Usos lingüísticos na comunidade plurilingüe. |
Interferencias, alternancia de códigos, interlingua, fala estranxeira, etc. |
Actitudes e ideoloxías lingüísticas. |
Que son, como se manifestan, como inflúen e como se investigan. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A11 A14 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C6 C7 |
14 |
9.5 |
23.5 |
Lecturas |
A1 A2 A3 A11 A14 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C6 C7 |
0 |
28 |
28 |
Recensión bilbiográfica |
A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 |
1 |
18 |
19 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C7 |
1 |
14 |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A23 B4 B5 B6 B7 C1 C6 |
1 |
0 |
1 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C6 |
14 |
8 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia, e resolverá as dúbidas que os estudantes teñan sobre os contidos das lecturas encomendadas. |
Lecturas |
As lecturas proporcionarán ao estudante a maior parte dos contidos do curso. O primeiro día de clase entregarase a relación de lecturas obrigatorias. As lecturas poden estar en diversos idiomas, fundamentalmente galego, castelán e inglés (bastantes lecturas estarán en inglés.) O estudante deberá plantexar na aula as dúbidas que lle xurdiran: o profesor tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración. Ademais, o profesor poderá entregarlles aos alumnos (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos. |
Recensión bilbiográfica |
O estudante deberá realizar varios informes de lectura (recensións bibliográficas). Deberán axustarse ao formato que se especifique e entregarse nas datas establecidas. |
Traballos tutelados |
O estudante deberá realizar un traballo académico individual. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento do traballo. |
Proba mixta |
É unha proba de tipo teórico e aplicado que se realizará ao final de curso. Só a poderán facer os estudantes que cursen a materia por segunda o máis veces, ou que conten con dispensa académica; non a farán todos os estudantes. Véxase o apartado de "Observacións" á avaliación. |
Obradoiro |
Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos...: todo isto de forma secuencial e combinada, perseguindo un propósito único de adquisición de determinados contidos e desenvolvemento de certas competencias. Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación"; ademais, algunhas das tarefas (individuais e colectivas) avaliaranse especificamente no apartado de "Actividades realizadas." |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Recensión bilbiográfica |
Obradoiro |
Traballos tutelados |
Proba mixta |
|
Descrición |
O profesor fará un seguimento personalizado do/a estudante, observando fundamentalmente a súa participación, desempeño e integración no traballo colaborativo do grupo.
Atenderá personalizadamente ao estudante nas titorías, sobre todo para a realización do traballo tutelado, as recensións bibliográficas e a proba mixta. Tanto o/a estudante como o profesor poderán propor unha titoría individualizada cando o consideren necesario. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Recensión bilbiográfica |
A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 |
O estudante deberá realizar varios informes de lectura (recensións bibliográficas). Deberán axustarse ao formato que se especifique e entregarse nas datas establecidas. |
40 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A20 A21 A22 A23 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C6 |
Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates, textos complementarios, actividades prácticas en grupo, análise contrastiva de propostas de diferentes autores, escolas ou momentos históricos, solución de problemas, estudo de casos... Todo este traballo do alumno avaliarase no apartado de "Asistencia e participación" (10%); ademais, algunhas das tarefas (individuais e colectivas) avaliaranse especificamente no apartado de "Actividades realizadas" (25%). |
34 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A5 A8 A9 A11 A14 A15 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B9 C1 C6 C7 |
O estudante deberá realizar un traballo académico individual. O tema será determinado polo profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. |
25 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A8 A9 A11 A15 A23 B4 B5 B6 B7 C1 C6 |
Só realizarán esta proba os estudantes que conten cunha dispensa académica oficial ou cursen a materia por segunda ou máis veces. Nestes dous casos, a cualificación da proba mixta substitúe a do apartado "Actividades realizadas" (25%) e a de "Asistencia e participación" (10%). De consideralo conveniente o profesor, tamén substitúe a do apartado "Traballo tutelado" (25%). Terá un valor, polo tanto, do 35-60%. |
1 |
|
Observacións avaliación |
1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xuño 2017) responderá á seguinte distribución porcentual: 1.1. Un 30% responderá ás recensións bibliográficas encargadas. 1.2. Outro 30% responderá a algunhas das actividades realizadas dentro e fóra da aula, grupais e/ou individuais, no marco dos obradoiros. Os apartados 1.1 e 1.2 comprenderán 4 tarefas como moito, que entregarán no lugar, data e co formato que se indiquen. 1.3. Un 30% responderá ao traballo tutelado que o estudante realizará sobre un tema determinado polo profesor. 1.4. Un 10% responderá á asistencia e participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, tanto nas aulas presenciais como no traballo fóra delas. 1.5. Quen teña unha dispensa académica oficial ou curse a materia por segunda ou máis veces, realizará unha proba mixta na data e hora oficiais establecidas polo centro ao final do segundo cuadrimestre. Esta cualificación substituirá a dos apartados 1.2 e 1.4 e, de consideralo conveniente o profesor, tamén o 1.3 (representará entre o 40 e o 70% da cualificación final.) 1.6. Recibirá a cualificación final de Non Presentado quen entregue menos do 50% das tarefas dos apartados 1.1 e 1.2 (ou, de ser o caso, non realizara a proba mixta); ademais, deberá non ter realizado o traballo tutelado (ou, de ser o caso, a proba mixta). 1.7. Os traballos, actividades ou recensións nos que se detecte copia total
ou parcial serán cualificados
con cero puntos. Os entregados fóra de prazo sufrirán unha redución
considerable na cualificación ou mesmo serán computados na 2.ª oportunidade
de xullo. 1.8. Superará a materia quen obteña unha cualificación mínima global de 5.00, sempre que realizara o traballo tutelado (ou a proba mixta) e entregara polo menos a metade das recensións e das actividades (ou a proba mixta.) 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2017).
2.1. O
reparto porcentual será idéntico ao da 1.ª oportunidade, e conservaranse as cualificacións de aprobado obtidas nela. Os
estudantes deberán realizar as actividades, recensións e traballos
encargados (ou os que os substitúan) que non realizaran ou superaran no seu momento. 2.2. Quen debera realizar a proba mixta e non a superara, deberá facelo na data de xullo establecida polo centro. 2.3. Quen recibira unha cualificación inferior a 5.00 no apartado de "Asistencia e participación", recibirá un 40% polo traballo titorizado. 3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2016). 3.1. Poden presentarse a esta oportunidade só estudantes cuns
poucos créditos pendentes para rematar a titulación. Consúltese a
documentación pertinente na web da UDC. 3.2. Realizarase a
avaliación exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter
teórico-práctico, pola que se outorgará o 100% da cualificación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Swann, Joan et al. (2004). A dictionary of Sociolinguistics.. Tuscaloosa: University of Alabama Press.
Appel, René y Peter Muysken (1996[1987]). Bilingüismo y contacto de lenguas.. Madrid: Ariel.
Romaine, Suzanne (1996[1994]). El lenguaje en la sociedad: Una introducción a la sociolingüística.. Madrid: Ariel.
Wardhaugh, Ronald (1992[1986]). Introducción á sociolingüística.. Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións.
Del Valle, José (ed.) (2007). La lengua ¿patria común? Ideas e ideologías del español.. Frankfurt / Madrid: Iberoamericana / Vervuert.
Fasold, Ralph (1996[1984]). La sociolingüística de la sociedad.. Madrid: Visor.
Halliday, M.A.K. (2009). Language and society.. Londres: Continuum.
Garrett, Peter (2010). Language attitudes.. Nova Iorque: Cambridge University Press.
Edwards, John (2010). Minority languages and group identity : Cases and categories.. Amsterdam / Filadelfia: John Benjamins.
Aronin, Larissa (2012). Multilingualism.. Amsterdam / Filadelfia: John Benjamins.
Calvet, Louis-Jean (2004[1999]). Por unha ecoloxía das linguas do mundo.. Ames: Laiovento (orixinal en francés, 1999).
Moreno Fernández, Francisco (2005). Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje.. Madrid: Ariel (2ª edición).
Paulston, Christina Bratt y Tucker, G. Richard (2003). Sociolinguistics: The essential readings.. Londres: Blackwell
Coulmas, Florian (2005). Sociolinguistics: The study of speaker's choices.. Cambridge: Cambridge University Press.
Blas Arroyo, José Luis (2005). Sociolingüística del español: desarrollos y perspectivas en el estudio de la lengua española en contexto social.. Madrid: Cátedra.
Li Wei and Melissa G. Moyer (eds.) (2008). The Blackwell guide to research methods in bilingualism and multilingualism.. Malden: Blackwell.
Coupland, Nikolas (ed.) (2010). The handbook of language and globalization.. Malden (MA): Wilder-Blackwell.
Martin-Jones, Marilyn et al. (eds.) (2011). The Routledge handbook of multilingualism.. Nova Iorque: Routledge.
Blommaert, Jan (2010). The sociolinguistics of globalization.. Nova Iorque: Cambridge University Press.
Swaan, Abram de (2001). Words of the world: The global language system.. Cambridge: Polity Press. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Bell,
Allan (2014). The Guidebook to Sociolinguistics. Malden, MA &
Oxford: WileyBlackwell. Chambers,
J.K. (20032). Sociolinguistic Theory: Linguistic Variation and its
Social Significance (= Language in society; 22). Oxford: Blackwell. Holmes,
Janet & Kirk Hazen (eds.) (2014). Research Methods in Sociolinguistics: A
Practical Guide (= Guides to Research Methods in Language and Linguistics;
5). Malden, MA & Oxford: Wiley Blackwell. Holmes,
Janet (20083). An Introduction to Sociolinguistics (=
Learning about Language). Harlow, Essex: Pearson Education - Longman. Krug,
Manfred & Julia Schluter (eds.) (2013). Research Methods in Language Variation
and Change. New York: Cambridge University Press. Mesthrie, Rajend (ed.) (2001). Concise Encyclopedia of Sociolinguistics.
Amsterdam: Elsevier Science Ltd. Mesthrie, Rajend (ed.) (2011). The
Cambridge Handbook of Sociolinguistics (= Cambridge Handbooks in Language and
Linguistics). Cambridge: Cambridge University Press. Mesthrie,
Rajend, Joan Swann, Andrea Deumert & William L. Leap (20092). Introducing Sociolinguistics.
Edinburgh: Edinburgh University Press. Moreno
Fernández, Francisco (20094). Principios de sociolingüística y
sociología del lenguaje (= Ariel Letras). Barcelona: Ariel. Romaine,
Suzanne (1996). El lenguaje en la
sociedad: una introducción a la sociolingüística. Barcelona: Ariel [Orix.
inglés: Language in Society: An
Introduction to Sociolinguistics. Oxfod: Oxford UniversityPress 1994. Hay
2.ª edición en inglés.] Wardhaugh,
Ronald & Janet M. Fuller (20157). An Introduction to
Sociolinguistics (= Blackwell Textbooks in Linguistics; 4). John Wiley &
Sons. [Hai versión en galego da primeira edición.] Wei,
Li & Melissa G. Moyer (eds.) (2008). The
Blackwell Guide to Research Methods in Bilingualism and Multilingualism.
Malden, MA: Blackwell. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndaselle ao estudante que lea atentamente esta guía docente.
Nela atopará resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a
concepción, organización e obxectivos do curso; pode acudir ao
profesor para aclarar calquera cuestión ao respecto. Para que o estudante aproveite mellor esta materia, é importante que: 1. Realice puntualmente as lecturas, recensións e actividades encomendadas; estas deben entregarse no día fixado. 2. Participe activa e criticamente nas aulas expoñendo as súas ideas e
dúbidas, ademais de escoitando e valorando as dos/as outros/as
estudantes. Traballe colaborativamente cos/as seus/súas compañeiros/as. 3. O
plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible. Pode conlevar a
perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o
suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e
ofrecida de forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta
bibliográfica, audiovisual, persoal, a internet ou calquera outra.
Considérase moi grave a copia total ou parcial de traballos elaborados
por outros alumnos. 4. Nas exposicións escritas, débese ter moi en
conta a corrección ortográfica e o estilo. De non ser así, reflectirase
negativamente nas cualificacións. |
|