Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Lingua e Cultura Clásica Código 613G02006
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Profesorado
Ferraces Rodriguez, Arsenio
Correo electrónico
a.ferraces@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da lingua latina e de outros aspectos da cultura latina da Antigüidade, con especial atención á comprensión, explicación e tradución de textos.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A13 Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina.
A14 Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
A29 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria aolicables ao campo da Filoloxía Latina, así cmo a terminoloxía propia desta disciplina A1
A29
B1
C3
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos A2
B7
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa perviviencia na civilización occidental A13
B8
C4
Sintetizar e valorar críticamente información especializada relativa ao campo dos estudos latinos A11
B7
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de procura de información, adquirindo capacidade de autoformación no campo dos estudos latinos A11
B1
B3
C3
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas, principalmente a gramática histórica e a historia da literatura galega A14
B5
C4
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva B6
Apreciar a diversidade B8

Contidos
Temas Subtemas
1 Instrumentos para o estudo da civilización latina e o seu legado 1.1 Principais recursos bibliográficos para o estudo da cultura clásica e da lingua latina
1.2 Outros recursos dispoñíbeis na web

2 Morfoloxía nominal da lingua latina I 2.1 Concepto de caso e de declinación
2.1 A flexión dos substantivos
2.2 A flexión dos adxectivos
3 Morfoloxía nominal da lingua latina II 3.1 A flexión dos pronomes personais
3.2 A flexión dos pronomes demostrativos
3.3 A flexión dos pronomes fóricos
3.4 A flexión do pronome relativo
4. Morfoloxía verbal da lingua latina 4.1 As formas do tema de presente
4.2 As formas do tema de pasado
4.3 As formas da voz pasiva
4.4 Infinitivos, xerundios e participios
5 Sintaxe da lingua latina I: a oración simple e a oración de relativo 5.1 Funcións e usos dos casos
5.2 Sintagmas preposicionais
5.3 As oracións de relativo
6 Sintaxe da lingua latina II: a subordinación substantiva 6.1 As oracións de infinitivo (AcI)
6.2 As oración subordinadas substantivas sindéticas (conxuncións quod, ut, ne)
7 Sintaxe da lingua latina III: A subordinación adverbial 7.1 Oracións causais
7.2 Oracións temporais
7.3 Oracións finais
7.4 Oracións consecutivas
7.5 Oracións condicionais
7.6 Oracións concesivas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A29 B1 B6 2 16 18
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 22 44 66
Sesión maxistral A1 A13 A14 B3 22 22 44
Lecturas A13 B8 C4 0 20 20
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Unha vez rematado o período de clases, os estudantes farán un exercicio sobre as cuestións desenvolvidas na totalidade do temario. A proba terá fundamentalmente carácter práctico e estará orientada a comprobar o grado de coñecemento e de dominio da materia polo alumno.
Análise de fontes documentais Exercicios de lectura, comprensión, análise e comentario lingüístico e de contido de textos latinos, poñéndoos en relación, cando sexa oportuno, coas linguas modernas, así como coa cultura e a civilización actuales.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital.
Lecturas Lectura por conta do estudante de material específico relativo á cultura clásica e á súa pervivencia seguindo as instrucións proporcionadas polo profesor. O alumno terá que explicar na aula, en exposición pública, algún aspecto do texto ou do tema que lle fose asignado previamente polo profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Descrición
O estudante poderá asistir a tutorías individuais coa finalidade de resolver dúbidas e planificar estratexias de resolución de problemas. Para evitar esperas innecesarias, recoméndase, ainda que non é obrigatorio, concertar unha cita co profesor. De ser necesario, a cita non terá por qué limitarse ó horario de tutoría establecido oficialmente. O profesor intentará acomodarse ás necesidades do alumno, sempre que non llo impidan as súas restantes obrigas docentes e investigadoras.
Salvo excepcións xustificadas ou casos de urxencia maior, as tutorías terán lugar de maneira individual e presencial, non a través do correo electrónico. A eventual entrega de traballos ó profesor deberá facerse tamén persoalmente. Calqueira entrega non feita por esta vía, por exemplo deixando material en conserxería ou no casilleiro do profesor, non será tida en conta no proceso de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Para obter a puntuación deste apartado o alumno non poderá acumular mais dun trinta por cento de faltas de asistencia a clase, que serán controladas mediante sinatura diaria. A nota deste apartado obterase pola participación activa na aula así como por eventuales controles periódicos de contidos. 40
Lecturas A13 B8 C4 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor. 10
Proba obxectiva A29 B1 B6 Proba escrita individual de carácter práctico que se efectuará unha vez rematado o período de clases. Constará de dúas partes: a primeira conterá exercicios sobre cuestións básicas de morfoloxía e de sintaxe latinas e dará lugar ó corenta por cento da nota deste apartado; a segunda parte, que aportará o sesenta por cento restante, consistirá na explicación da lingua e do contido dun ou de varios textos latinos propostos polo profesor. Este especificará se o alumno debe ou non efectuar a tradución do texto ó galego ou ó castelán. En ningún caso recibirá puntuación unha resposta que non se ateña estrictamente á pregunta realizada. Non será posible superar a materia se na parte relativa a morfoloxía e sintaxe latina non se acada un mínimo de cinco puntos sobre dez. Unha vez acadada esta puntuación sumarase a puntuación que lle corresponde á explicación dos textos latinos, así como a do apartado de lecturas e de análise de fontes documentais. 50
 
Observacións avaliación
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo o exercicio de lecturas e a proba obxectiva coas mesmas condicións e porcentaxes ca na oportunidade de xuño. Para o corenta por cento restante da nota -é decir, para a parte de 'análise de fontes documentais'- disporán dun apartado específico relacionado coa materia explicada na aula. Para esta parte o profesor propoñerá preferentemente exercicios prácticos do mesmo tipo e de similar dificultade ca os realizados na actividade docente diaria. Os exercicios de análise sintáctica, no seu caso, deben consistir nunha explicación razonada, e ben redactada, por parte do alumno. Non estará permitido o emprego de abreviaturas nin de suliñados debaixo do texto latino analizado. O mesmo principio é válido para aqueles casos en que sexa necesario efectuar a traducción dun texto latino ó galego ou ó castelán.
De non realizar a proba obxectiva prevista o estudante será cualificado como Non Presentado.

Fontes de información
Bibliografía básica George Hacquard (2008). Guía de la Roma antigua. Atenea
J. Molina Yévenes (1993). Iniciación a la fonética, fonología y morfología latinas. Barcelona
Tomás González Rolán e Lisardo Rubio (1985). Nueva gramática latina. Madrid
Lisardo Rubio (1995). Nueva sintaxis latina simplificada. Madrid. Ediciones Clásicas
J.M. Baños Baños (2009). Sintaxis del latín clásico. Madrid. Liceus

The Classics Page

http://www.thelatinlibrary.com/classics.html

Recursos para la literatura clásica (USAL)

http://clasicas.usal.es/portal_recursos/index.php?option=com_content&view=category&id=12&Itemid=16

Interclassica (Univ. de Murcia)

http://interclassica.um.es/

Analecta Malacitana(Univ. Málaga)

http://www.anmal.uma.es/anmal/recursos0.htm

Ludus litterarius

http://www.luduslitterarius.net/

Resumos de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/lagrama.htm

Exercicios de gramática latina

http://www.aplicaciones.info/latin/latin.htm

Traducións castelás daEneida

http://es.wikisource.org/wiki/Eneida_(Ochoa)(Traducción de Eugenio de Ochoa)

http://es.wikisource.org/wiki/Eneida(traductor desconocido)

Traducións inglesas da Eneida

http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=722084 (Dryden)

http://www.bibliomania.com/0/2/173/1106/frameset.html

A Eneida na Wikipedia

http://en.wikipedia.org/wiki/Aeneid

http://es.wikipedia.org/wiki/Eneida

http://gl.wikipedia.org/wiki/Eneida

http://pt.wikipedia.org/wiki/Eneida

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
É imprescindible que os estudantes teñan coñecementos asentados sobre o morfoloxía e a sintaxe da linguas en xeral, e en particular do galego e do castelán, así como unhas nocións básicas acerca do funcionamento do sistema morfolóxico da lingua latina.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías