Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A13 |
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A16 |
Coñecer a crítica textual e a edición de textos. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A20 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
A21 |
Dominar a gramática da lingua galega. |
A22 |
Dominar a gramática da lingua portuguesa. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A24 |
Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística. |
A25 |
Coñecer a variación lingüística da lingua galega. |
A26 |
Coñecer a variación lingüística da lingua portuguesa. |
A27 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. |
A28 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar e comentar textos de diverso tipo (antigos e modernos, escritos e orais, literarios e non literarios etc.) |
A1 A2 A9 A11 A16
|
B5 B8
|
|
Ter un dominio avanzado oral e escrito da lingua galega e portuguesa. |
A4 A9 A21 A22
|
|
|
Ser capaz de identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e aplicar os coñecementos lingüísticos á análise diacrónica |
A11 A14 A15
|
|
|
Coñecer a historia e a cultura de Galiza e dos países de expresión portuguesa e mais a súa situación sociolingüística |
A19 A20 A23 A24
|
|
|
Coñecer a variación lingüística nos territorios galegófonos e lusófono, e apreciar a diversidade lingüística, social, cultural etc. |
A25 A26
|
B8 B10
|
|
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega e portuguesa, desde a Gallaecia e Lusitania (latín) á actualidade. |
A13 A27 A28
|
|
|
Utilizar recursos bibliográficos de tipoloxía variada e ferramentas tecnolóxicas acaídas para a investigación lingüística e a autoformación. |
A14
|
B1 B2 B3 B6
|
C3 C6
|
Integrar e relacionar os coñecementos con outras áreas e disciplinas máis ou menos afíns |
|
B3 B4 B5 B7 B8
|
C1 C2 C6
|
Exercer o pensamento crítico, con capacidade de análise e de síntese, orientado a comprender a importancia do coñecemento como motor do avance social e garantía dunha sociedade libre |
|
B7 B9 B10
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución á historia da lingua e á diacronía lingüística. |
1.1. Historia e constitución como disciplina científica. Métodos de análise.
1.2. A mudanza das linguas.
1.3. A importancia da diacronía nos estudos lingüísticos.
|
2. O nacemento da lingua galego-portuguesa. |
2.1. Contexto histórico. O latín galaico, os substratos e os superestratos.
2.2. Do latín ao galego-portugués.
|
3. O galego-portugués medieval. |
3.1. Contexto histórico, social e cultural.
3.2. Características lingüísticas e evolutivas desde o latín.
|
4. A diversificación do sistema lingüístico. |
4.1. O galego: evolución sociohistórica e transformacións lingüísticas.
4.2. O portugués continental: contexto sociohistórico, periodización e mudanzas lingüísticas.
4.3. O portugués do Brasil: contexto e evolución lingüística.
4.4. Outras variedades do portugués.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A11 A13 A19 A20 A25 A26 A27 A28 B5 |
20 |
30 |
50 |
Obradoiro |
A4 A9 A14 A16 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C4 |
15 |
30 |
45 |
Lecturas |
A2 A4 A9 A11 A14 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C6 C7 |
1 |
30 |
31 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A9 A11 A14 A15 A24 B1 B2 B3 B5 B6 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 |
1 |
10 |
11 |
Presentación oral |
A4 A9 A11 A21 A22 B3 B4 C1 C7 |
1 |
6 |
7 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A19 A20 A23 A25 A26 A27 A28 B4 B5 |
1 |
4 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos antigos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
|
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor, coa correspondente entrega, por parte do alumnado, de resumos e/ou recensións. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
|
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A4 A9 A11 A21 A22 B3 B4 C1 C7 |
Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. |
10 |
Obradoiro |
A4 A9 A14 A16 B4 B6 B7 B8 B10 C1 C4 |
Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). |
20 |
Lecturas |
A2 A4 A9 A11 A14 A21 A22 B1 B2 B3 B6 B7 C1 C2 C6 C7 |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor: será avaliada a través das correspondentes recensións e/u comentarios críticos entregados. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, así como a calidade lingüística. |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A4 A19 A20 A23 A25 A26 A27 A28 B4 B5 |
Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. |
40 |
Traballos tutelados |
A2 A4 A9 A11 A14 A15 A24 B1 B2 B3 B5 B6 B9 C1 C2 C3 C5 C7 C8 |
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
15 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións etc.). No caso de se produciren deficiencias deste tipo, estas serán penalizadas na cualificación. As persoas matriculadas a tempo parcial e que obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto co profesor para fixar os traballos que deberán entregar. Tamén deberán pórse en contacto co profesor aquelas persoas cuxo horario laboral for incompatíbel co seguimento da materia, mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica; após as pertinentes comprobacións, poderá ter condicións de avaliación equivalentes aos da dispensa académica. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%. As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos solicitados polo profesorado (fichas das obras de lectura obrigada [25%] e traballo tutelado [25%]) e superar a proba mixta [50%]. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Nogueira, Camilo (2008 [2001]). A memoria da nación: o reino da Gallaecia. Vigo: Xerais
Castro, Ivo (1991). Curso de História da Língua Portuguesa. Lisboa: Universidade Aberta
Cunha, Antônio Geraldo da (1997). Dicionário Etimológico Nova Fronteira da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira
Rivas Quintas, Eligio (2015). Dicionario Etimolóxico da Lingua Galega. Santiago: Tórculo
Ferreiro, Manuel (1999). Gramática histórica galega. Vol. I. Fonética e morfosintaxe. Santiago: Laiovento
Ferreiro, Manuel (2001). Gramática histórica galega. Vol. II. Lexicoloxía. Santiago: Laiovento
Mariño Paz, Ramón (1998). Historia da lingua galega. Santiago: Sotelo Blanco
Spina, Segismundo (coord.) (2011). História da Língua Portuguesa. São Paulo: Ateliê Editorial
Teyssier, Paul (1995). História da Língua Portuguesa. Lisboa: Sá da Costa
Maia, Clarinda de Azevedo (1997). História do Galego-Português. Estado Linguístico da Galiza e do Noroeste de Portugal desde o Século XIII ao Século XVI . Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian / JNICT
Câmara Jr., José Mattoso (1991). História e Estrutura da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Padrão-Livraria Editora Ltda.
Monteagudo, Henrique (1999). História social da lingua galega. Vigo: Galaxia
Castro, Ivo (2006). Introdução à História do Português. Lisboa: Colibri
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago: Laiovento
Labow, William (2006). Principio del cambio lingüístico, 2 vols.. Madrid: Gredos
Brocardo, Maria Teresa (2014). Tópicos de Histórica da Língua Portuguesa. Lisboa: Colibri |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|