Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A27 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A3 A4 A10 A11 A15
|
B3 B7
|
C1 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A1 A7 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B5 B8 B9 B10
|
C1
|
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos
|
A1 A2 A4 A10 A11 A14 A15 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9
|
C1
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués |
A4 A7 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B2 B5 B8 B10
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega no século XIX. |
Caracterización xeral.
Periodización.
Cuestións metodolóxicas. |
2. O Prerrexurdimento. Prosa, poesía, teatro. |
Caracterización xeral. A poesía. O teatro.
A Gaita Gallega: singularidade xenérica, reivindicación e iniciación lingüística e denuncia social.
|
3. O Rexurdimento. Caracterización xeral. |
Reivindicación lingüística, renacemento cultural e construción da identidade nacional.
A cultura e a literatura popular.
A recuperación da historia propia.
A situación social da lingua. A procura dun modelo de lingua literaria.
Os Xogos Florais da Coruña.
Produción e difusión cultural: a prensa.
|
4. O Rexurdimento. Xéneros e autores. |
A poesía como xénero predominante.
Rosalía de Castro.
Manuel Curros Enríquez.
Eduardo Pondal.
A narrativa.
O teatro.
|
5. O rexionalismo e a transición ao século XX. |
Elementos definidores. As iniciativas editoriais: prensa e coleccións editoriais.
A consolidación institucional dol rexionalismo no século XX: a fundación da Academia Galega.
Prosa e narrativa.
O teatro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A2 A4 A11 A14 A15 B1 B4 C1 |
6 |
6 |
12 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 |
1 |
40 |
41 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A7 A14 A17 A19 A23 A27 B1 B5 B7 B10 C1 C6 |
21 |
25 |
46 |
Presentación oral |
A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 |
2 |
20 |
22 |
Proba mixta |
A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
2 |
0 |
2 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 A19 B3 B5 B8 |
0 |
2 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 |
10 |
12 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Debate na aula moderado pola profesora sobre temas previamente sinalados e convidos co alumnado. Requerirá unha preparación previa que os e as estudantes deberán realizar, de acordo coas indicacións que recibirán. |
Lecturas |
Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da información.
Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co apoio de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Terá como obxecto, principalmente, proporcionar unha visión panorámica dos temas que serán logo desenvolvidos en sesións complementares posteriores en grupos de menor tamaño. |
Presentación oral |
Consistirá na exposición dun tema do programa, previamente acordado coa profesora |
Proba mixta |
Consistirá na realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e lecturas do programa. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia a algún dos eventos científicos e divulgativos indicados pola profesora. |
Análise de fontes documentais |
Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Proba mixta |
Sesión maxistral |
Lecturas |
Análise de fontes documentais |
Discusión dirixida |
|
Descrición |
A profesora orientará aos e ás estudantes na selección do tema do traballo, da metodoloxía e das fontes de información precisas e máis axeitadas para a súa elaboración.
A orientación farase de forma individualizada, persoalmente, e tamén se facilitarán indicacións escritas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A1 A2 A4 A11 A15 B3 B4 B5 B7 C1 |
Exposición nas aulas dun asunto do programa, previamente acordado coa profesora. Deberá facerse seguindo un esquema, que logo será entregado á profesora. |
20 |
Proba mixta |
A1 A4 A7 A11 A15 A17 A19 B1 B3 B4 B5 B6 C1 |
Realización dunha proba escrita e/ou oral relativa aos contidos e ás lecturas da materia. |
40 |
Lecturas |
A1 A2 A4 A7 A17 B3 B6 B7 C6 |
Valorarase a realización das lecturas definidas para a materia.
A profesora asignará a cada estudante unha lectura sobre a que deberá realizar un ensaio orixinal dun máximo de 1.500 palabras. |
20 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A19 B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 |
Valorarase a implicación da/o estudante nas lecturas e comentarios de textos críticos, historiográficos, xornalísticos, literarios etc. que serán realizados nas aulas. |
10 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 A19 B3 B5 B8 |
Valorarase a asistencia aos eventos científicos e/ou divulgativos indicados pola profesora. A avaliación farase tendo en conta a ficha que deberá cubrir o alumnado. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo establecido nas aulas. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación. 1. OPORTUNIDADE DE XULLO Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta. 2. NON PRESENTADO Será considerado NON PRESENTADO/A o/a estudante quen non se presente á proba escrita. 3. DISPENSA ACADÉMICA Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 1. Proba mixta (50%). 2. Lecturas (25 %). 3. Presentación oral (25%). Para fixar os asuntos específicos das actividades 2 e 3, o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.gal) antes do día 30 de febreiro. 4. ALUMNADO REPETIDOR O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica. 5. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS O alumnado que tiver horario laboral incompatíbel co seguimento da materia mais que non cumpra as condicións para obter a dispensa académica deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.gal antes do día 15 de febreiro. Unha vez realizadas as oportunas comprobacións, poderá ter as condicións de avaliación recollidas no punto 3. 6. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO Consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba oral (50% da cualificación) que versará sobre as lecturas propias da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Vilavedra, Dolores (1999). Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia
VV. AA. (1996). Historia da Literatura Galega (vols. 1 e 2). Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo: Galaxia
Pena, Xosé Ramón (2014). Historia da literatura galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento . Vigo: Xerais
Tato Fontaíña, Laura (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez, Francisco (1990). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación. Vilaboa: Edicións do Cumio |
Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es Cronoloxía da literatura galega (1801-1900): http://croliga.udc.es Galiciana. Biblioteca de Galicia: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/presentacion Hemeroteca Virtual da Real Academia Galega: http://academia.gal/hemeroteca-virtual Monografías do século XIX (Real Academia Galega): http://academia.gal/biblioteca-virtual-monografias#inicio.do?current_page=7 As referencias anteriores son de materiais ou obras de consulta de carácter xeral. Na aula proporcionarase bibliografía específica para cada tema. Obras de lectura: A casamenteira de Antonio B. Fandiño. Selección de textos d'A gaita gallega de J. M. Pintos. "Conto gallego" de Rosalía de Castro. Follas novas de Rosalía de Castro. O divino sainete de Manuel Curros Enríquez. Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal. O catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal. O castelo de Pambre de Antonio López Ferreiro. Esta selección completarase con outras lecturas indicadas pola profesora. |
Bibliografía complementaria
|
|
Beramendi, Justo, De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Xerais, Vigo, 2007. Davies, Catherine, Rosalía de Castro no seu tempo, Galaxia, Vigo, 1987. Forcadela, Manuel, A poesía de Eduardo Pondal, O Cumio, Vigo, 1995. Freire Lestón, Xosé V., A actividade editorial en Galicia (1850–1936). Apuntamentos para unha historia do libro galego, O Cumio, Vigo, 1997. Hermida, C., Os precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992. Pociña, Andrés e López, Aurora, Rosalía de Castro. Estudios sobre a vida e a obra, Laiovento, Santiago de Compostela, 2000. Rodríguez, Francisco, Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, AS-PG, A Coruña, 2011. Esta selección bibliográfica completarase con bibliografía específica que a profesora proporcionará na aula. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Literatura Galega Contemporánea 2/613G02036 |
|
Observacións |
Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.gal. |
|