Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A27 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. |
A1 A2 A3 A4 A10 A11
|
B1 B2 B5 B7
|
C1 C2 C4
|
Coñecer e aplicar diferentes métodos e técnicas de análise á produción literaria e cultural galega do século XX. |
A1 A2 A3 A4 A7 A11 A14 A15 A17 A23
|
B1 B3 B7
|
C1 C4 C6
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma |
A1 A4 A7 A10 A11 A14 A17 A19 A23 A27
|
B3 B5 B8 B10
|
C1 C4 C7
|
Aplicar as técnicas de análise cultural, considerando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A15 A17
|
B4 B5 B7 B9
|
C1 C7
|
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e interpretar os mecanismos da creación literaria. |
A1 A2 A4 A10 A11 A15 A17
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C1 C6 C8
|
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. |
A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27
|
B1 B3 B4 B5 B8 B10
|
C1 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1.- Introdución xeral á literatura galega do S. XX.
|
1.1.- Cuestións metodolóxicas.
1.2.- Caracterización xeral. Periodización.
|
2.- A literatura de preguerra (I)
|
2.1.- As liñas de actuación cultural das Irmandades: ampliación e consolidación do sistema literario
2.2.- Da "Xeración do 16" ao grupo Nós: caracterización e problemas. Principais autores.
2.2.1. Ramón Cabanillas
2.2.2. Vicente Risco
2.2.3. Alfonso D. R. Castelao
2.2.4. Ramón Otero Pedrayo |
3.- A literatura de preguerra (II) |
3.1. Á procura da renovación temática e formal. As vangardas e a súa influencia.
3.1.1. Manuel Antonio
3.1.2. Álvaro Cunqueiro
3.2. Outros autores: Luis Amado Carballo. Rafael Dieste, Fermín Bouza Brey, Eduardo Blanco Amor |
4.- A literatura de posguerra e o exilio ás dúas beiras do Atlántico: continuidade e ruptura. |
4.1 Guerra civil e posguerra na Galiza.
4.2. A literatura e cultura galegas na emigración e no exilio.
4.2.1. Alfonso D. R. Castelao
4.2.2 Luís Seoane
4.2.3. Eduardo Blanco Amor
|
5.- A recuperación literaria no interior a partir de 1950. |
5.1. A reconstrución do sistema literario: axentes editoriais e actividade cultural. Grupos, movementos e autores/as.
5.1.1. Manuel María
5.1.2 Celso Emilio Ferreiro
5.1.3 Uxío Novoneyra
5.1.4 Álvaro Cunqueiro
5.1.5 Xohana Torres
5.1.6 X. L. Méndez Ferrin
|
6.- Da década de oitenta á actualidade |
6.1 Diversificación xenérica. Grupos, movementos e autores/as.
6.2 A irrupción das autoras e a apertura a novos discursos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 |
20 |
10 |
30 |
Lecturas |
A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 |
0 |
35 |
35 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 |
2 |
32 |
34 |
Presentación oral |
A2 A4 A7 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 |
1 |
8 |
9 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
2 |
2 |
4 |
Sesión maxistral |
A27 A23 A19 A17 A15 A14 A11 A10 A7 A3 A1 B1 B2 B5 B7 B9 B10 C4 C6 C7 C8 |
20 |
10 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
8 |
0 |
8 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
A profesora iniciará a análise e o comentario das obras literarias incluídas na programación e solicitará do alumnado a realización de comentarios individualizados segundo as pautas estabelecidas.
|
Lecturas |
O alumnado deberá realizar a lectura das obras literarias obrigatorias pois, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberá ter lído os textos correspondentes.
As lecturas representan, xunto ás prácticas de comentario, unha das actividades principais do curso e, como tal, serán avaliadas.
|
Proba mixta |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas. |
Presentación oral |
Presentación oral individual (15-25 minutos) dunha obra incluída nos contidos da materia, seleccionada entre a profesora e cada estudante no inicio do curso.
Previamente o/a alumno/a terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. Esta poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Sesión maxistral |
Sesións teóricas presenciais en que se presentarán os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. O coñecemento dos contidos desenvolvidos nestas sesións será esixido para a superación do curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Sesión maxistral |
Análise de fontes documentais |
Proba mixta |
Presentación oral |
|
Descrición |
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B5 B7 B8 C4 C6 C8 |
O control das lecturas poderá realizarse mediante a entrega dos resumos ou fichas, mediante exposición oral ou cunha parte específica dentro da proba mixta. |
15 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A10 A11 A14 A15 A17 A23 A27 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C4 |
Os comentarios de textos que se realicen na aula ou en casa polos alumnos/as poderán ser recollidos e avaliados ao longo do curso ou ben serán incluídos como unha parte específica dentro da proba mixta. |
20 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A10 A11 A15 A17 A19 A23 A27 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 |
Proba escrita en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos e que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes e de control de lecturas.
Para a realización desta proba poderá dividirse a materia en dúas partes.
|
40 |
Presentación oral |
A2 A4 A7 A10 A11 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B9 C1 |
A/o estudante exporá na aula, durante un tempo mínimo de 15 minutos e un máximo de 25, un comentario sobre unha das obras propostas no inicio do curso.
A exposición poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. Previamente terá que ter entregado unha breve ficha de lectura e un esquema da exposición. |
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 |
Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas resumo e/ou comentarios que se entregarán á profesora. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación.
O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade, todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente. A data limite de entrega será a marcada para o exame do mes de xullo.
ALUMNADO A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado que estea matriculado a tempo parcial ou que conte con dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:
1. Proba mixta: 40%
2. Análise de fontes documentais: 30% (presentación dun comentario escrito e doutro oral)
3. Presentación oral (comentario dunha obra definida no inicio do curso): 20%
Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá poñerse en contacto coa profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso.
AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 70 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e unha presentación (oral y escrita) puntuábel até un 30%.
NON PRESENTADO/A
Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita.
ALUMNADO REPETIDOR O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico á profesora (carme@udc.gal) nas dúas primeiras semanas do curso. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Vilavedra, D. (coord.) (1995-2000). Diccionario da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Tarrío, Anxo (coord.) (). Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV) . A Coruña:Hércules de edicións
Vilavedra, D. (1999). Historia da Literatura Galega. Vigo: Galaxia
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ed.)A.VV. (1996). Historia da Literatura Galega 5 vols.. Vigo: A Nosa Terra
Carballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Comtemporánea. Vigo Xerais
Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do Teatro Galego. das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra
Rodríguez Sánchez, F. (1990 ). Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación . Vilaboa: Ed. do Cumio
Bernárdez, C. L. et alii (2001). Literatura galega S. XX. Vigo: A Nosa Terra |
OBRAS DE LECTURA OBRIGADA: Ramón Cabanillas: Da terra asoballada Ramón Otero Pedrayo: Os camiños da vida Alfonso R. Castelao: Un ollo de vidro / Retrincos Manuel Antonio: De catro a catro Álvaro Cunqueiro: O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca Manuel María: Documentos personais Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra Eduardo Blanco Amor: Xente ao lonxe U. Novoneyra: Os Eidos Xohana Torres: Adiós, María Xosé Luis Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias - Unha obra (narrativa ou poesía) publicada despois de 1990 de AUTORÍA FEMININA, elixida por cada alumno/a a partir dunha listaxe fornecida pola profesora no inicio do curso. Sobre esta obra versará o comentario que será desenvolvido na presentación oral. A profesora facilitará, a través da plataforma Moodle, unha selección de textos poéticos e críticos que os/as estudantes tamén deberán ler. |
Bibliografía complementaria
|
|
A profesora facilitará, a través da plataforma Moodle, a bibliografía e os recursos bibliográficos complementarios pertinentes para cada un dos temas e cada unha das obras obxecto de estudo nesta materia. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Galega/613G02012 | Literatura Galega Contemporánea 1/613G02024 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Poesía en Lingua Galega e Portuguesa/613G02043 | Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa/613G02046 | Teatro en Lingua Galega e Portuguesa/613G02047 |
|
Observacións |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal |
|