Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A8 |
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura galega. |
A18 |
Ter un coñecemento avanzado da literatura portuguesa. |
A19 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades galegofalantes. |
A20 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades lusófonas. |
A23 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. |
A27 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua galega. |
A28 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua portuguesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Aplicar a análise e o comentário críticos a textos e discursos literarios e non literários, utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A2 A11
|
B3 B7
|
C2
|
Aplicar na práctica o dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. |
A8
|
|
C2
|
Aplicar o coñecemento avanzado da literatura galega e das literaturas portuguesas. |
A1 A3 A4 A7 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A23 A27 A28
|
B1 B4 B6 B8 B9 B10
|
C2 C4
|
Aplicar os coñecementos adquiridos sobre historia e cultura das comunidades lusófonas e das comunidades galegas no exterior. |
A7 A8 A19 A20 A27 A28
|
B5 B8
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A narrativa na literatura brasileira moderna da segunda metade do século XX. |
1.1. Contextualização, questões gerais e problemas metodológicos.
1.2. Caracterização geral das tendências da narrativa brasileira moderna na segunda metade do século XX: autores, temáticas, géneros e estilos.
1.3. Análise de textos representativos dos/as autores/as mais relevantes das diferentes tendências. |
2. A narrativa na literatura brasileira contemporánea do século XXI. |
2.1. Contextualização, questões gerais e problemas metodológicos.
2.2. Caracterização geral das tendências da narrativa brasileira contemporânea no século XXI: autores, temáticas, géneros e estilos.
2.3. Análise de textos representativos dos/as autores/as mais relevantes das diferentes tendências. |
3. A (anti)tradição e a plural singularidade da ficção brasileira do século XXI. |
3.1. A renovada ficção social: da classe A à classe E (P. H. Britto; J. P. Cuenca; A. P. Maia; F. Torres; E. Vigna).
3.2. Ficção híbrida e intelectualismo exigente: hibridismo, reflexividade, ensaísmo (L. Erber;E. A. Ferreira; J. G. Pessanha; N. Ramos).
3.3. Ficção e deslocamento: viagens, reconhecimentos e estranhamentos (B. Carvalho; R. Lísias; L. Ruffato; T. Salem-Levy). |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A2 A18 A20 B5 B8 C4 |
11 |
22 |
33 |
Obradoiro |
A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 |
11 |
17 |
28 |
Lecturas |
A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 |
4 |
15 |
19 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 |
3 |
0 |
3 |
Presentación oral |
A11 A15 B7 C2 |
4 |
6 |
10 |
Recensión bilbiográfica |
A11 A15 B5 |
1.5 |
6 |
7.5 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 |
2 |
8 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que o profesorado explica todos os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das competencias, destrezas e estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos de diverso tipo, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Lecturas |
Cada alumno/a deberá realizar, ao longo do curso, a leitura analítica dos libros relacionados no Paso 8 deste Guía como "Libros de leitura obrigatoria", así como dos textos breves de diversa tipoloxía (artigos, capítulos de libro, gráficas, audiovisuais, ...) fornecidos ou indicados polo(s) profesor(es) no inicio das sesións.
Uma das leituras de un dos textos breves analisados será obxecto de apresentación oral. |
Traballos tutelados |
Cada aluno/a realizará un traballo tutelado elaborado utilizandando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa". Fai parte do trabalho tutelado a correspondente Presentación Oral de procedementos e resultados.
Este traballo consiste nunha actividade individual ou, de preferencia, en grupo reducido (dúas ou tres persoas, en función do volume de matrícula) na cal deberá ser realizado un estudo cualitativo e/ou relacional de materiais de diferente tipoloxía vinculados cos obxectivos da materia de acordo cos parámetros e os modelos fornecidos polo profesorado na sala de aulas.
O procedemento para a realización deste traballo consiste en:
- selección dos materiais para a súa análise de acordo cos parámetros teóricos, procedimentais e metodolóxicos fornecidos polo docente en sala de aulas,
- elaboración dunha memoria da actividade,
- acompañamento periódico por parte do(s) docente(s) dos labores relacionados coa actividade, quer na sala de aulas, quer no atendemento personalizado,
- preparación de materiais para a presentación de resultados,
- exposición na sala de aulas, e
- disponibilización para o conxunto do alumnado a través da plataforma moodle. |
Presentación oral |
Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do Traballo Tutelado realizado e da leitura do texto breve seleccionado co(s) profesor(es) na sala de aulas. Durante esas dúas apresentacións orais, o alumnado deberá utilizar os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o curso. |
Recensión bilbiográfica |
Cada alumno/a realizará a recensión bibliográfica de un dos libros de leitura obrigatoria que figuran como tal no paso 8 deste guía. O libro obxecto de recensión será seleccionado de acordo co(s) profesor(es) da materia. |
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes textuais e documentais de diversa tipoloxía. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a orientación e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada unha das actividades ao longo do curso e segundo a planificación da materia.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Recensión bilbiográfica |
A11 A15 B5 |
Será avaliada a recensión de un dos libros de leitura obrigatoria.
Nesta recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo. |
5 |
Obradoiro |
A1 A2 A8 A14 A18 A20 B1 B3 B4 B7 B8 B10 C2 C4 |
Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. Será avaliada a participación e o traballo en equipo, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. |
20 |
Lecturas |
A2 A4 A7 A8 A10 A11 A15 A18 A19 A20 B1 B6 B9 |
O control das lecturas dos libros de leitura obrigatoria non recensionados polo estudante será realizado en sesións específicas na sala de aulas. O control das leituras breves realizadas será realizado nas sesións correspondentes aos obradoiros.
En ambos os casos será avaliada a capacidade de compreensión e síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia. |
5 |
Traballos tutelados |
A2 A3 A11 A14 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B5 |
Texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado, seguindo un roteiro fornecido polo profesor, analizará algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigatoria, avaliándose a súa precisión e o seu axeitamento aos contidos e ás competencias previamente formulados. |
15 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A14 A15 A17 A18 A19 A20 A23 A27 A28 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C2 C4 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. |
40 |
Presentación oral |
A11 A15 B7 C2 |
Son obxecto de avaliación a apresentación oral do traballo tutelado e da leitura analítica do texto breve seleccionado de acordo co profesorado da materia.
Para alén da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo. |
15 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Perrone-Moisés, Leyla (2012). A literatura exigente. Ilustríssima / Folha de S. Paulo
Martínez Teixeiro, A. / Martínez Pereiro, C.P. (2014). Da escala de cinza da escrita 'negra' brasileira. Abriu, 3 (Universitat de Barcelona)
Dascaltagnè, R. (2005). Entre fronteiras e cercado de armadilhas: problemas da representação na narrativa brasileira contemporânea. Brasilia: Universidade de Brasilia
Pereira, H. Bonito (org.) (2009). Ficção brasileira no século XXI . São Paulo: Mackenzie
Bosi, A. (1997). História concisa da literatura brasileira. São Paulo: Cultrix
Stegagno-Picchio, L. (2004). História da Literatura Brasileira. Rio de Janeiro: Nova Aguilar
Rocha, J. C. de Castro (2015). Literatura Brasileira Hoje. Revista Pessoa (Digital)
Carneiro, F. (2010). No país do presente – Ficção brasileira no início do século XXI . Rio de Janeiro: Rocco
Villarino, C. / Rufatto, L. (2011). O conto brasileiro contemporâneo . Santiago de Compostela: Laiovento
Candido, A. (2004). O direito à literatura e outros ensaios. Coimbra: Ângelus Novus
Chiarelli, S. / Dealtry, G. / Vidal, P. (org.) (2013). O futuro pelo retrovisor: inquietudes da literatura brasileira contemporânea. Rio de Janeiro: Rocco
Resende, B. / Finazzi-Agrò, E. (org.) (2014). Possibilidades da nova escrita literária no Brasil. Rio de Janeiro: Editora Revan /FAPERJ
Martínez Teixeiro, A. (2016). Uma possível topografia da narrativa brasileira contemporânea (A problematização da violência, o questionamento da identidade e a hibridação da escrita). Praga: Karolinum Press |
Obras de lectura obrigatoria: 1) Alguns apontamentos sobre Literatura Brasileira Contemporânea, de Luiz Ruffato. 2) O conto brasileiro contemporâneo, de Carmen Villarino e Luiz Rufato (Orgs.; 2011). 3) Lectura de un romance 'negro' brasileiro (a escoller individualmente). |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Literatura Portuguesa 2/613G02037 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Todas as cuestións non contempladas explicitamente nesta guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesorado no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente. |
|