Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A18 |
Dominar a gramática da lingua inglesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dominar a gramática da lingua inglesa. |
A1 A11 A18
|
B3
|
|
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
|
B1 B2 B7
|
|
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
|
B4
|
|
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
|
|
B5
|
|
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
|
B6
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
B10
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
1.1. Obxectivos do curso
1.2. Aproximacións teóricas ao estudo da lingua inglesa |
2. Conceptos básicos |
2.1. Morfoloxía vs. sintaxe
2.2. A diferenza entre categoría e función
2.3. A xerarquía de unidades gramaticais
|
3. Descrición das unidades gramaticais |
3.1 A frase verbal: tipos, estrutura, tempo, aspecto, modo e tipos de verbos.
3.2 A frase nominal: estrutura e elementos. O caso xenitivo. Pronomes.
3.3. Frases adxectivales e adverbiais: características, diferenzas, estrutura e funcións.
3.4. Preposicións e conxuncións. |
4. A cláusula |
4.1. Tipos de cláusula
4.2. Cláusulas canónicas e non canónicas
4.3. Organización da información na cláusula
|
5. Procesos de formación de palabras |
5.1 Derivación
5.2 Composición
5.3 Conversión o derivación cero
5.4 Outros procesos |
6. Introdución á lingüística de corpus |
6.1. Principios básicos
6.2. Creación dun corpus |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A18 B5 |
19 |
19 |
38 |
Lecturas |
B1 B3 B6 |
0 |
8 |
8 |
Obradoiro |
A11 A18 B4 B6 C3 |
20 |
20 |
40 |
Traballos tutelados |
A18 B1 B5 B6 B7 B10 C3 C8 |
0 |
20 |
20 |
Presentación oral |
A18 B2 B4 B5 B6 C3 |
3 |
8 |
11 |
Proba mixta |
A1 A11 A18 B1 B5 B6 |
3 |
20 |
23 |
Aprendizaxe colaborativa |
B1 B4 B6 B10 C3 |
1 |
0 |
1 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Docencia expositiva por parte do profesor requerindo, en ocasións, a participación do alumnado para desenvolver certos temas. |
Lecturas |
Conxunto de referencias bibliográficas concretas (seccións de manuais, capítulos de libros, artigos, etc) seleccionados pola profesora para a preparación dos distintos contados da materia |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Traballos tutelados |
O alumnado terá que presentar por escrito e expoñer oralmente un traballo individual ou en grupo pequeno na data que se acorde. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados na aula ao comezo do curso. |
Presentación oral |
Consistirá na exposición oral do traballo tutelado ou de parte del. Se o traballo se fai en grupo o alumnado poderá desenvolver a capacidade de traballar de xeito colaborativo |
Proba mixta |
Probas que integran preguntas abertas e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. Poderanse facer ao longo do curso ou nunha única proba final na data oficial proposta pola Facultade (esto último será obrigatorio no caso de que non se superen as probas mixtas feitas durante o curso). |
Aprendizaxe colaborativa |
Realización de tarefas prácticas en grupo ou do traballo tutelado baixo a titorización e supervisión do profesor. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Para a realización do traballo tutelado e a presentación oral é fundamental que o estudantado informe á profesora ao longo do cuadrimestre dos avances que vai facendo.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A18 B1 B5 B6 B7 B10 C3 C8 |
Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. |
15 |
Presentación oral |
A18 B2 B4 B5 B6 C3 |
Levarase a cabo unha presentación oral sobre un tema de gramática a elección do alumnado na que ademáis dos contidos e a orixinalidade, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. |
15 |
Proba mixta |
A1 A11 A18 B1 B5 B6 |
Probas parcias ao longo do curso OU proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio facer a proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. |
50 |
Obradoiro |
A11 A18 B4 B6 C3 |
Ao longo do curso recolleranse ou avaliaranse na aula exercicios, pequenas actividades ou probas relacionadas co exposto nas sesións maxistrais e traballado nos obradoiros ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderanse facer en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso. A participación activa nas aulas de DI ou TGR terase en conta tamén na avaliación final deste bloque (5%). |
20 |
|
Observacións avaliación |
IMPORTANTE: Para superar a
materia, a suma da proba mixta, o traballo tutelado, a presentación oral
e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima
de cada unha das partes (actividades do obradoiro/ traballo tutelado e
exposición oral do mesmo/proba mixta) deberá ser de 4 puntos sobre 10. Aplicarase unha penalización sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0. A participación dinámica extraordinaria nas diferentes
tarefas da clase, así como todo o material de "extra-credit" que o
alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na
nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou
calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado
e aceptada polo profesorado. Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso. OPORTUNIDADE DE XULLO: Os/as estudantes que non presenten o traballo tutelado, ou que
non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á
oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter
acadadas as competencias da materia mediante a entrega dun traballo
escrito (corpus) (15%), unha exposición oral (30%), a presentación de actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do
curso (20%) e, finalmente, mediante unha proba mixta sobre os contidos do curso (50%). Quen teña concedida a dispensa académica, e como
establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os
criterios aplicables á oportunidade de xullo. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Atención á
diversidade: Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da
discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para
acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI
en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na
dirección de email adi@udc.es.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Greenbaum, S. & Quirk, R (1990). A Student's Grammar of the English Language. Longman
Huddleston, R. & G.K. Pullum. (2005). A Student’s Introduction to English Grammar.. Cambridge University Press
Downing, A. & P. Locke (1992). A University Course in English Grammar.. Prentice Hall.
Hewings, M. (1999). Advanced Grammar in use.. Cambridge University Press
Halliday, M.A.K. (1985). An Introduction to Functional Grammar. Edward Arnold
Carter, R. & M. McCarthy. (2006). Cambridge Grammar of English.. Cambridge University Press
Bauer, L. (1991). English word-formation. Cambridge University Press
Huddleston, R. (1984). Introduction to the Grammar of English. . Cambridge University Press
Biber, D. et al (1999). Longman Grammar of the English Language.. Longman
Heynen, Bastian. (2010). Recent Trends in English Word Formation.. Grin Verlag.
Plag, I. (2003). Word-Formation in English. . Cambridge University Press |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingüística Xeral/613G03004 | Lingua Inglesa e os seus Usos 1/613G03020 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Cuestións de Lingua Inglesa/613G03031 |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Inglesa e os seus Usos 2/613G03037 |
|
Observacións |
A good command of English (C1 level) is compulsory to pass this course. |
|