Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Durante e (especialmente) ao final do curso, espérase que os/as estudantes saiban:
-Achegarse ao mundo das variedades lingüísticas e culturais da lingua inglesa desde un punto de vista ético e poscolonial
-Analizar os aspectos socioculturales, políticos, económicos e militares que rodean a expansión da lingua inglesa e as súas consecuencias (por exemplo, o capitalismo, o colonialismo, a globalización, a emigración, etc.)
-Localizar as rexións xeográficas e/ou países de devanditas variedades de inglés en todo o mundo
-Coñecer as principais características culturais das rexións e/ou países mencionados (a historia, a literatura, a relixión, os costumes, etc.)
-Identificar o fonológico, morfológico, léxico e as características dos acentos e dialectos do inglés
-Recoñecer variedades de inglés en torno xénero, clase, idade, orixe étnica, profesión, etc.
-Falar elocuentemente e escoitar con respecto dentro e fóra de clase
-Ler e escribir de forma crítica e creativa
|
A1 A2 A6 A9 A11
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8
|
C2 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución
2. Conceptos básicos: acento, argot, bilingüismo, crioulo, dialecto, diglosia, idiolecto, xerga, pidgin, rexistro, etc.
3. O inglés da raíña, o inglés da BBC, etc. Pode unha persoa ou unha corporación posuír unha lingua? O inglés británico estándar como dialecto
4. O inglés en Gran Bretaña e Irlanda (variedades de Londres; inglés de Escocia; Wenglish; Norte, Sur e área central de Inglaterra)
5. O inglés na América (General American; inglés afro-americano; Canadá; inglés Chicano; crioulo de Louisiana; o Caribe)
6. O inglés en África (Nixeria, Gana, Liberia, Camerún, Sudáfrica)
7. O inglés en Asia e Oceanía (India; Australia; Nova Zelandia; o inglés do pobo Maorí; pidgin de Illas Solomon)
8. Outras variedades segundo clase, xénero, idade, etnia, profesión (e.g. o inglés académico)
9. Conclusións e feedback
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A2 A10 A17 A19 A20 B8 C6 C7 |
16 |
27 |
43 |
Obradoiro |
A6 A9 A11 A15 |
16 |
16 |
32 |
Traballos tutelados |
A14 B1 B2 B3 B6 B7 B9 C5 |
2.5 |
24 |
26.5 |
Presentación oral |
B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 |
0.5 |
10 |
10.5 |
|
Atención personalizada |
|
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Estamos a disposición dos estudantes no nosos despachos nas horas de titoría, como tamén a través do teléfono e o correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 |
Haberá dúas presentacións orais: unha presentación INDIVIDUAL durante a CLASE PRÁCTICA (5%) e un VÍDEO-PROXECTO en GRUPO (10%). A presentación individual segue o formato estándar e consiste en facer unha análise práctica da variedade inglesa que queirades--por exemplo, sobre as características fonéticas e/ou gramaticais dunha canción en inglés non estándar; o formato do vídeo-proxecto en grupo (3-9 estudantes) é máis libre, sempre e cando os estudantes imiten RESPECTUOSAMENTE un acento inglés non estándar durante a presentación. Non se poden repetir variedades nin nas presentacións nin no traballo escrito—e dicir que, en total, traballaredes polo menos sobre 4 variedades diferentes. O resto dos detalles serán explicados en clase. |
15 |
Obradoiro |
A6 A9 A11 A15 |
Os talleres ou clases prácticas terán lugar no aulanet. Teredes que ler, escoitar e analizar textos en diferentes variedades do inglés. Moitos destes textos serán audiovisuales. Crearei un FORO en MOODLE e os/as estudantes terán que aportar as súas análises e comentarios aí; as vosas notas nesta sección dependerán da información que poñades no foro durante mentres estades en clase.
Os/as alumnos/as que non aproben a avaliación continua das prácticas poderán facer un exame práctico en xaneiro. |
20 |
Lecturas |
A1 A2 A10 A17 A19 A20 B8 C6 C7 |
Nos grupos grandes, á parte de explicar a TEORÍA, fareivos preguntas sobre a/s LECTURA/S da semana; ao comezo do cuadrimestre, deixarei unha COLECCIÓN de lecturas en reprografía. Aínda que as lecturas son maiormente sobre lingua e literatura, provereivos de información sobre historia, cultura, xeografía e outros detalles correspondentes aos lugares en que se fala cada variedade do inglés.
IMPORTANTE: só terase en conta a participación daqueles e aquelas estudantes que demostren REALMENTE ter feito unha lectura concienciuda dos textos.
Os/as estudiantes que non aproben a avaliación continua das lecturas poderán facer un exame sobre as mesmas na convocatoria de xaneiro.
|
50 |
Traballos tutelados |
A14 B1 B2 B3 B6 B7 B9 C5 |
Teredes que escribir un ensaio comparativo sobre dous ou máis variedades do inglés non estándar. Non se pode escribir sobre calquera variedade que sexa tratada na exposición oral individual ou no project. Os traballos estarán escritos en estilo MLA--unha variedade de escritura académica que se explicará en clase, xunto co resto dos requisitos.
Corrixirei os vosos traballos e mandaréivolos por e-mail. A continuación, teredes que reescribilos seguindo as miñas indicacións e volver enviarmos. A nota obtida só será efectiva tras dita reescritura.
|
15 |
|
Observacións avaliación |
-Para aprobar o curso, os e as estudantes terán que sacar (polo menos) un 5
en todas as partes avaliables e (polo menos) un 5 na nota final. -O meu método docente baséase na AVALIACIÓN CONTINUA, que ten en conta: a
participación nas clases teóricas para demostrar a vosa comprensión das
lecturas, os exercicios audiovisuais das clases prácticas, un ensaio e dúas
presentacións orais. Se aprobades todas estas tarefas e a vosa cualificación
final é 5 ou máis, teredes aprobado o curso--dareivos esta información cara a
finais de decembro. -XANEIRO: Os e as estudantes que non aproben as partes de
LECTURA e CLASES PRÁCTICAS poderán recuperalas en xaneiro. Polo
tanto, no día oficial de exame, terán que completar dúas tarefas: 1) EXAME coa
coordinadora en torno ás lecturas do curso; 2) EXERCICIOS AUDIOVISUAIS baseados
nos materiais das clases prácticas. -XULLO: Os e as estudantes que non aproben os apartados de ENSAIO
e PRESENTACIÓN ORAL terán que (re)hacerlos na data oficial da oportunidade
de xullo. Dado que non haberá clases, AMBAS as dúas presentacións terán QUE SER
GRAVADAS; por esta mesma razón, poderedes facer o proxecto de grupo de forma
INDIVIDUAL. As partes de lecturas, obradoiro e ensaio serán examinadas
como en xaneiro. -En caso
de folga de profesores/as, se fose necesario, a profesora proverá aos/ás
estudantes con material didáctico a través de Moodle.
En caso de folga de estudantes, a profesora podería pedir aos estudantes que
realicen unha tarefa equivalente ao traballo de clase. -Os/as
estudantes deben entregar as tarefas nas datas convidas. Só aceptaranse traballos entregados con atraso se son acompañados dun xustificante oficial (por exemplo, debido a un problema médico). -Un
ensaio que mostre signos de plaxio será cualificado cun 0. -Tanto en xaneiro coma en xullo, os/as
estudantes que non cumpran co 50% dos requisitos serán cualificados/as como Non presentados/as.
- Quen teña concedida a
dispensa académica, e como
establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os
criterios aplicables á oportunidade de xullo.
- Os/As estudiantes que se
presentan á convocatoria adiantada de
decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade
de xullo.
Seoane, Elena, and Cristina Suarez-Gomez, eds. World
Englishes: New Theoretical and Methodological Considerations. Amsterdam:
John Benjamins, 2016. Print.
Filmografía
básica The Adventures of
Priscilla, Queen of the Desert.
Dir. Stephan Elliot. Perf. Terence Stamp, Hugo Weaving, Guy Pierce, etc.
Gramercy Pictures, 1994. Film. Bend It like
Beckham. Dir. Gurinder
Chadha. Perf. Parminder Nagra, Keira Knightley, etc. 20th Century
Fox, 2002. Film. Keeping Up
Appearances. Dir. Harold
Snoad. Perf. Patricia Routledge, Clive Swift, etc. BBC, 1990-1995. Film. My Fair Lady. Dir. George Cuckor. Perf. Audrey Hepburn,
Rex Harrison, etc. Warner Bros, 1964. Film. Monsoon Wedding. Dir. Mira Nair. Perf. Vasundhara
Das, Vijay Raaz,
etc. Mirabai Films, 2001. Film. Real Women Have
Curves. Dir. Patricia
Cardoso. Perf. America Ferrera, Lupe Ontiveros, etc. HBO,
2002. Film. Webs
básicas English Online. Eva L. Easton. 1997. Web. 1 July 2014. The Routes of
English. BBC Radio
4. n.d. Web. 1 July 2014. Worldwide Accents
of English. Gabrielle
Azzaro. 2000. Web. 1 July 2014. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|