Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir e analizar a relación entre lingua e sociedade e interpretar a complexidade dos fenómenos sociolingüísticos.
|
A1 A2 A3 A4 A9 A11 A14 A15
|
B1 B3 B4 B5 B7 B8
|
C1
|
Desenvolver estratexias e técnicas que permitan comprender os procesos comunicativos. |
A2 A4 A10 A11 A14 A15
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1
|
Realizar análises segundo os principios e os métodos propios das correntes teóricas máis relacionadas cos contidos da materia.
|
A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 A14 A15
|
B3 B4 B5 B7 B8 B9
|
C1 C8
|
Desenvolver un pensamento crítico sobre a situación sociolingüística no espazo cultural galego.
|
A4 A10 A11 A14 A15
|
B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10
|
C1 C4 C6 C8
|
Acreditar o coñecemento e manexo dos principais recursos bibliográficos, bases de datos e repositorios dixitais sobre lingua e sociolingüística no ámbito cultural galego. |
A4 A11 A15
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B9
|
C4 C6 C8
|
Ter un dominio avanzado da norma gramatical galega, así como coñecer o proceso de estandarización e a variación lingüística do galego. |
A4 A9 A10 A15
|
B4 B7
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Lingua, estándar e variación |
1.1. O proceso de estandarización da lingua galega.
1.2. A variación lingüística: histórica, xeográfica, social e situacional. |
2. Norma e calidade lingüística |
2.1. Aspectos ortográficos e ortolóxicos
2.2. Aspectos morfosintácticos
2.3. Aspectos léxico-semánticos
2.4. Aspectos pragmático-textuais |
3. Usos lingüísticos e situación sociolingüística galega |
3.1. Usos lingüísticos e ámbitos de uso: familia, amizades, traballo, comercio local, finanzas, escola, administración, saúde, medios de comunicación; oral/escrito; popular/culto; urbano/tradicional
3.2. A lingua galega na actualidade |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A3 A10 A11 A14 B4 B5 B8 B9 B10 C4 C6 C8 |
12 |
18 |
30 |
Obradoiro |
A1 A2 A4 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 |
15 |
21 |
36 |
Lecturas |
A1 A3 A11 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B9 C1 C6 |
0 |
3.5 |
3.5 |
Solución de problemas |
A1 A2 A4 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
0 |
30 |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 |
0 |
10 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
|
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Solución de problemas |
Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar ao profesor nas datas marcadas. |
Proba mixta |
Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Obradoiro |
Lecturas |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Para alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización das prácticas presenciais e non presenciais. Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A1 A2 A4 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 |
Actividades prácticas presenciais e lecturas derivadas das sesións maxistrais.
Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a clareza e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo. |
20 |
Solución de problemas |
A1 A2 A4 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C6 |
Actividades prácticas non presenciais.
Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, para alén da corrección na análise e na expresión escrita.
Entregaranse en papel nos prazos marcados. |
30 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 |
Proba escrita con elementos teórico-prácticos.
Serán valoradas nesta proba cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. |
50 |
|
Observacións avaliación |
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN
1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías avaliábeis: "Obradoiro", "Solución de problemas" e "Proba mixta". En caso contrario, poderá recuperar parcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade, segundo as normas que se detallan na epígrafe 2 destas "Observacións avaliación". 1.2. As actividades prácticas entregaranse exclusivamente nos días fixados polo profesorado da materia. Aquelas actividades que foren entregadas fóra de prazo non serán obxecto de avaliación. 1.3. Todas as probas e actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poden ser penalizadas na cualificación. 2. AVALIACIÓN DA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo) 2.1. Na 2.ª oportunidade, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, excepto o "Obradoiro", cuxa cualificación -ao ser presencial- se integrará en "Solución de problemas" (que, deste xeito, equivalerá o restante 50 % da cualificación final). De igual modo que na 1.ª oportunidade, para superar a materia nesta oportunidade o estudantado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha das metodoloxías. 2.2. O alumnado que suspender as actividades avaliábeis terá que realizar outras substitutivas que lle foren encomendadas. As especificacións sobre a tipoloxía destas actividades e sobre as datas de entrega serán publicadas en Moodle antes da celebración da "Proba mixta". 3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO 3.1. Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 50 % da cualifiación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultadede Filoloxía, e unha serie de prácticas, puntuábeis nun 50 %. 4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP) 4.1. Será considerado Non Presentado o alumnado que non se presente á "Proba mixta" e, alén diso, cuxo número de actividades avaliadas for inferior ao 50%. 5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA 5.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Moure, T. (2011). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. A Coruña: UDC
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2004). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra
López Viñas, X. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2011). Gramática práctica da lingua galega. A Coruña: Baía
Ninyoles, R. (2005). Idioma e poder social. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2010). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2010). Lingua e futuro. Santiago de Compostela: Laiovento
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
García Negro, M. P. (coord.) (2009). Sobre o racismo lingüístico. Santiago de Compostela: Laiovento |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Entregarase unha bibliografía complementaria e específica por temas. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|