É necesario para aprobar a materia:
- Obter unha cualificación global igual ou superior ó 50%.
- Obter unha cualificación no traballo tutelado igual ou superior a 2.5/10.
- Completar a presentación oral.
- Asistir de forma activa ás presentacións orais dos compañeiros.
En caso de obter
unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumplir con
algunha das condicións necesarias a cualificación será un Suspenso (4.5).
Na segunda oportunidade se permitirá recuperar o 80% da
calificación: traballo tutelado, presentación oral e proba obxectiva. Únicamente a cualificación de prácticas de laboratorio non se poderá recuperar. A cualificación das prácticas de laboratorio obtida na primeira oportunidade mantense de cara á segunda oportunidade.
Un alumno que non se presente á proba obxectiva será considerado "non presentado", aínda que complete as prácticas de laboratorio, o traballo tutelado e/ou a presentación oral.
A cualificación dos alumnos con matrícula a tempo parcial seguirá as mesmas pautas ca os de matrícula ordinaria. Estes alumnos tamén están obrigados a asistir á presentación oral dos compañeiros para poder aprobar a materia. A asistencia ás clases maxistrais e ás prácticas de laboratorio non é obrigatoria para ningún alumno.