Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecementos básicos sobre o uso e a programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación na enxeñaría. |
A5 |
Coñecemento da estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos, os fundamentos da súa programación e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os aspectos básicos dos sistemas operativos. |
A4
|
B3
|
|
Comprensión do funcionamento básico dun computador, e de cómo representa a información internamente. |
A4 A5
|
B3
|
|
Capacidade para instalar e manexar a nivel de usuario avanzado un sistema operativo tipo Linux |
A4 A5
|
|
C2
|
Capadidade para manipular bases de datos relacionais a nivel de usuario avanzado |
A4 A5
|
B3
|
|
Coñecer os aspectos básicos dos diferentes paradigmas de programación |
A4
|
|
|
Coñecer os fundamentos das redes de comunicacións |
A4 A5
|
B3
|
C2 C3
|
Coñecer os aspectos máis relevantes da profesión de enxeñeiro/a en informática. |
|
|
C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Principios da arquitectura de computadores |
Historia do hardware computacional
Representación da información
Arquitectura dun computador |
Principios dos sistemas operativos |
Introdución
Estrutura do Sistema Operativo
Servizos.
|
Principios de Sistemas de Xestión de Bases de Datos |
Introdución aos Sistemas de Xestión de Bases de Datos
Introdución ao modelo relacional
Introdución ao SQL |
Principios de Redes de Comunicacións |
Redes: Introdución ás Redes de Comunicacións. Cableado e Topoloxías. O modelo OSI. Conceptos básicos de Ethernet. Conceptos básicos de TCP/IP. Configuración de dispositivos finais. Funcionalidade básica de dispositivos de red: Switches e Routers.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A5 B3 C7 |
30 |
30 |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A4 C2 C3 |
30 |
48 |
78 |
Proba mixta |
A4 A5 B3 C7 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases teóricas de aula. Nelas exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen. |
Prácticas de laboratorio |
Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as competencias procedimentais. |
Proba mixta |
Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Nos seminarios os alumnos/as poderán presentar cuestións, dúbidas, etc. O profesor/a, atendendo a estas solicitudes, repasará conceptos, resolverá novos problemas ou utilizará calquera actividade que considere axeitada para resolver as cuestións plantexadas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A4 A5 B3 C7 |
O exame da materia avaliará os seguintes aspectos: Conceptos da materia: Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. Asimilación práctica de materia: Asimilación e comprensión dos coñecementos teóricos e operativos da materia. |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A4 C2 C3 |
Os alumnos/as deberán entregar ao longo do curso varias prácticas. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A materia consta de catro bloques. Os/as alumnos/as deberán obter como mínimo o 20% da nota máxima de cada un dos bloques na proba mixta. Primeira oportunidade: Os/as alumnos/as que, ao longo do primeiro cuadrimestre, non realicen
algunha das probas avaliables correspondentes ás "prácticas de
laboratorio" (por exemplo, os/as que non asistan a clase o día da proba), recibirán un "cero" na proba correspondente, pero poderanse presentar igualmente á proba mixta e superar a asignatura na primeira oportunidade. Segunda oportunidade: Durante a segunda
oportunidade será posible recuperar o 100% da nota tanto das prácticas de laboratorio como da proba mixta. Atención a estudantes con matrícula a tempo parcial:
De darse o caso de que ao longo do primeiro cuadrimestre no puidesen
asistir, no horario que lle corresponda ao seu grupo, a algunha das
probas avaliables como "prácticas de laboratorio", e sempre que o comuniquen coa suficiente antelación para integralos nalgún dos outros grupos existentes, tratarase de facilitarlles o cambio de data da proba.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Wendell Odom (2013). CCENT/CCNA ICND1 100-101 Official Cert Guide. Cisco Press
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2011). Database System Concepts (6th ed). McGraw-Hill
Vicente Trigo Aranda (2010). Del ábaco a Internet. Creaciones Copyright
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2006). Fundamentos de Bases de Datos. Mc Graw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos. Addison-Wesley
Andrew S. Tanenbaum (2009). Modern Operating Systems (3rd ed). Pearson-Prentice Hall
Miles J. Murdocca; Vincent P. Heuring (2002). Principios de arquitectura de computadoras. Prentice-Hall
Allen B. Tucker, Robert E. Noonan (2001). Programming Languages: Principles and Paradigms. Mc Graw Hill
Ernesto Ariganello (2009). Reces Cisco. Guía de Estudio para la Certificación CCNA Routing y Switching. RA-MA
Andrew S. Tanenbaum (2009). Sistemas Operativos Modernos (3ª ed). Prentice-Hall
Carretero et al. (2007). Sistemas Operativos, una visión aplicada (2ª ed). Mc Graw Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
W. Stallings (2004). Comunicaciones y Redes de Computadores. Pearson - Prentice Hall
Silberschatz, A.; Galvin, P.B.; Gagne, G. (2005). Fundamentos de los Sistemas Operativos (7ª ed). Mc Graw Hill
M. Meyers (2009). Redes. Administración y mantenimiento. Anaya |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Fundamentos dos Computadores/614G01007 | Estrutura de Computadores/614G01012 | Bases de Datos/614G01013 | Sistemas Operativos/614G01016 | Redes/614G01017 |
|
|