AVALIACIÓN:
A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes mecanismos:
1. Traballos tutelados ou prácticas de traballo en grupo (30% da nota
final). Á hora de avaliar estas prácticas teranse en conta dous aspectos
distintos. Por unha banda, e grazas a unha supervisión constante do traballo
realizado polos alumnos, levará a cabo unha avaliación continua de cada alumno.
Para esta avaliación continua, cun peso do 20% na nota final, terase en
conta os seguintes aspectos: asistencia, participación e aplicación dos
coñecementos adquiridos na materia. Doutra banda, e cun peso do 10% na nota
final, valorarase a calidade do traballo presentado.
2. Estudo de casos ou prácticas de traballo autónomo (10% da nota final). Nestas prácticas os alumnos terán que resolver, de xeito autónomo, o traballo proposto polo profesor. Posteriormente, terán que defendelo no horario establecido polo profesor.
3. Proba mixta ou exame final (60% da nota final). O exame final componse de dúas partes: unha teórica, cun peso do 50% sobre a nota final, e outra práctica, cun peso do 10%. É importante remarcar que en ambas as dúas partes poderá preguntarse calquera aspecto visto na materia.
ALUMNOS DE MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL:
Dado o caracter de avaliación contínua do traballo en grupo, recoméndase que estes alumnos falen co profesor ao longo da primeira semana de clase con obxecto de tratar de buscar o mellor horario posible para a súa realización.
En canto ao resto de actividades, e a pesar de non ser actividades de presenza obrigatoria, trataráselles de dar as máximas facilidades para que poidan asistencia ás mesmas.
REQUISITOS:
Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes requisitos:
1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10 entre todas as probas segundo a ponderación establecida.
2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final; é dicir, 3 puntos sobre os 6 asignados a esta parte. No caso de que non se cumprise este requisito, a nota final da materia será a do
exame final puntuada sobre 10.
RECUPERACIÓN:
Os alumnos que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais da materia mediante a realización dun novo exame final (teórico e práctico).
Téñase en conta que, dado o carácter de avaliación continua do traballo en grupo, esta parte non poderá recuperarse.