Identifying Data 2016/17
Subject (*) Software Process Code 614G01019
Study programme
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Obligatoria 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinador
Ares Casal, Juan Manuel
E-mail
juan.ares@udc.es
Lecturers
Ares Casal, Juan Manuel
Garcia Vazquez, Rafael Carlos
Rodriguez Yañez, Santiago
E-mail
juan.ares@udc.es
rafael.garcia@udc.es
santiago.rodriguez@udc.es
Web
General description Esta materia destaca a importancia de seguir un proceso de desenvolvemento software de calidade, diferenciando o proceso de desenvolvemento artesán do enxeñeiro. Concretamente, a materia centrase nas tarefas incluídas nas distintas etapas do ciclo de vida do proceso software: planificación, análise, deseño, codificación, verificación e validación. Finalmente, preséntase ao alumno os conceptos básicos da calidade do software.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A7 Capacidade para deseñar, desenvolver, seleccionar e avaliar aplicacións e sistemas informáticos que aseguren a súa fiabilidade, seguranza e calidade, conforme a principios éticos e á lexislación e normativa vixente.
A14 Capacidade para analizar, deseñar, construír e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, elixindo o paradigma e as linguaxes de programación máis adecuados.
A22 Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñaría do sóftware.
B1 Capacidade de resolución de problemas
B2 Traballo en equipo
B3 Capacidade de análise e síntese
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Capacidade para comprender a importancia do Proceso Software A7
A14
A22
B3
C7
Capacidade para comprender a necesidade de xestionar e controlar o Proceso Software C7
Capacidade para traballar en equipo B1
B2
B3
Capacidade para adaptarse a novas situacións e contextos B1

Contents
Topic Sub-topic
Introducción a Enxeñería do Software Antecedentes históricos
Definicións e importancia da Enxeñería do Software
Ciclos de Vida Definicións
Ciclo de Vida Vs Ciclo de Desenvolvemento
Características dos principais Ciclos de Vida
Desenvolvemento Software (núcleo da materia) Requisitos
Análise
Deseño
Codificación e Probas
Introducción á planificación de proxetos Definicions
Calendarización do proxeto
Introducción as metodoloxías de desenvolvemento Definicións e importancia
Características desexables
Principais metodoloxías de desenvolvemento
Introducción á calidade do software Calidade do Software
Control de calidade
Aseguramento da calidade

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A7 A14 A22 C7 30 30 60
Laboratory practice A14 B1 B3 10 0 10
Supervised projects A7 A14 B1 B2 B3 19.75 20 39.75
Case study A14 B1 B2 B3 0 10 10
Mixed objective/subjective test A7 A14 A22 B1 B3 C7 2 28 30
 
Personalized attention 0.25 0 0.25
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Clases nas que se presentan os conceptos básicos da asignatura e nas que se mostran exemplos da súa aplicación.
Laboratory practice Clases prácticas nas que o alumno resolve os diferentes problemas plantexados polo profesor baixo a su tutela.
Supervised projects Traballos nos que se aplican os coñecementos adquiridos ao longo do curso a casos prácticos.
Case study Resolución, por parte dos alumnos, dun caso plantexado polo profesor.
Mixed objective/subjective test Exame escrito para valorar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos durante o curso.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Un aspecto importante da materia é saber aplicar os conceptos teóricos presentados nesta. Para iso realizaranse un conxunto de prácticas ao longo do curso. Dentro destas prácticas destacan as supervisadas, formuladas coa intención de detectar posibles desviacións dentro do proceso de aprendizaxe e, deste modo, aplicar as medidas correctivas necesarias para emendalas.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A7 A14 A22 B1 B3 C7 Exame escrito individual sobre os coñecementos teóricos e prácticos da materia. Do peso asignado a esta proba (60% da cualificación final), o 50% correspóndese coa parte teórica e o 10% coa parte práctica. 60
Supervised projects A7 A14 B1 B2 B3 Os alumnos, en grupo, deberán resolver o análise dun sistema plantexado polo profesor. 30
Case study A14 B1 B2 B3 Os alumnos, en grupo, deberán resolver de forma autónoma o caso de estudo plantexado polo profesor. 10
 
Assessment comments

AVALIACIÓN:

A avaliación da materia articúlase sobre a base dos seguintes mecanismos:

1. Traballos tutelados ou prácticas de traballo en grupo (30% da nota
final). Á hora de avaliar estas prácticas teranse en conta dous aspectos
distintos. Por unha banda, e grazas a unha supervisión constante do traballo
realizado polos alumnos, levará a cabo unha avaliación continua de cada alumno.
Para esta avaliación continua, cun peso do 20% na nota final, terase en
conta os seguintes aspectos: asistencia, participación e aplicación dos
coñecementos adquiridos na materia. Doutra banda, e cun peso do 10% na nota
final, valorarase a calidade do traballo presentado.

2. Estudo de casos ou prácticas de traballo autónomo (10% da nota final). Nestas prácticas os alumnos terán que resolver, de xeito autónomo, o traballo proposto polo profesor. Posteriormente, terán que defendelo no horario establecido polo profesor.

3. Proba mixta ou exame final (60% da nota final). O exame final componse de dúas partes: unha teórica, cun peso do 50% sobre a nota final, e outra práctica, cun peso do 10%. É importante remarcar que en ambas as dúas partes poderá preguntarse calquera aspecto visto na materia.

ALUMNOS DE MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL:

Dado o caracter de avaliación contínua do traballo en grupo, recoméndase que estes alumnos falen co profesor ao longo da primeira semana de clase con obxecto de tratar de buscar o mellor horario posible para a súa realización.

En canto ao resto de actividades, e a pesar de non ser actividades de presenza obrigatoria, trataráselles de dar as máximas facilidades para que poidan asistencia ás mesmas.

REQUISITOS:

Para aprobar a materia é necesario cumprir cos seguintes requisitos:

1. Obter unha cualificación final mínima de 5 puntos sobre 10 entre todas as probas segundo a ponderación establecida.

2. Obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame final; é dicir, 3 puntos sobre os 6 asignados a esta parte. No caso de que non se cumprise este requisito, a nota final da materia será a do
exame final puntuada sobre 10.

RECUPERACIÓN:

Os alumnos que non superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais da materia mediante a realización dun novo exame final (teórico e práctico).

Téñase en conta que, dado o carácter de avaliación continua do traballo en grupo, esta parte non poderá recuperarse.


Sources of information
Basic

- Pressman, Roger S. Ingeniería del Software. Un Enfoque Práctico. McGraw Hill. 6 Edición. 2005.

- Sommerville, Ian. Software Engineering. Addison-Wesley. 7ª edición. 2005.

Complementary

- "Calidad del producto y proceso software". Coral Calero, Mª Ángeles Moraga, Mario G. Piattini. Ra-Ma.

- "Desarrollo y gestión de proyectos informáticos". Steve McConnell. McGraw-Hill.

- "Writing Effective Use Cases". Alistair Cockburn. Addison-Wesley.

- "Applying UML and Patterns". Craig Larman. Prentice-Hall.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Programming I/614G01001
Computer Science Preliminaries/614G01002
Programming II/614G01006
Programming Paradigms/614G01014
Software Design/614G01015

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Databases/614G01013

Subjects that continue the syllabus
Project Management/614G01021
Quality Assurance/614G01028
Information Systems Analysis and Development/614G01041
Development Methodologies/614G01051
Requirements Engineering/614G01222

Other comments

A materia pretende dar unha visión xeral do Proceso Software, de maneira que o alumno comprenda a importancia da aplicación rigurosa de dito proceso tanto para a satisfación das necesidades do usuario/cliente como do posterior mantemento do producto obtido. Por este motivo, durante o curso introduciranse numerosos conceptos que requerirán un posterior afrondamento en función da especialidade elixida polo alumno.

Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.