PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para aprobar a materia é obligatorio:
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) na suma de traballos tutelados e prácticas a través das TIC.
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) na proba mixta.
De non obter a nota mínima nos casos anteriores, a nota global da materia non será superior a un 4,5.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Os mínimos das notas son os mesmos que na primeira oportunidade.
Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.
DISPENSA ACADÉMICA
Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e realizar entregas de traballos para avaliar o traballo tutelado e as prácticas. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.