Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Identidade, alteridade e interseccionalidade Código 615525006
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Francés
Galego
Inglés
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
cathryn.teasley1@udc.es
Profesorado
Golías Pérez, Montserrat
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
montserrat.golias@udc.es
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://Plataforma Moodle UDC
Descrición xeral Nun mundo cada vez máis interconectado, a identidade convértese, como explica Zygmunt Bauman (2005), nunha especie de moeda de troco contestada: por unha banda, a identidade pode potenicar, capacitar, reforzar e empoderar, pero por outro, pode dividir, excluír e oprimir; iso si, depende de como se conciba, interprete, represente e utilice. E esta realidade só se complica ao considerarmos a situación das persoas e grupos que sofren diversas formas de inxustiza a raíz dun ou máis aspectos da súa identidade persoal ou colectiva. A miúdo son varias as formas de discriminación (ou, ao contrario, de privilexio) que converxen nunha soa persoa debido á súa procedencia nacional ou étnica, o seu xénero, a súa "raza", ou os seus medios económicos (entre outros factores). Aquí é onde entra en xogo a análise interseccional: Cales son as implicacións deste cruzamento de formas de discriminación? Pode que a persoa en cuestión nin sequera se identifique a si mesma/o tal e como lle identifican outras moitas persoas alleas á súa realidade. Que factores pesan máis nestas dinámicas inxustas? Como responder a todo iso desde as políticas sociais? Estas preguntas conforman a esencia desta asignatura.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B4 CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora.
B5 CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B8 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B9 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B11 CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B17 CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C1 CT1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo.
C2 CT2 – Desenvolver a actividade profesional con comodidade en contextos internacionais e de diversidade cultural.
C3 CT3 - Asumir o reto da interdisciplinariedade no desenvolvemento do traballo investigador e profesional.
C4 CT4 - Comprometerse cun exercicio profesional e unha perspectiva investigadora que incorporen a dimensión participativa.
C5 CT5 - Aplicar un razoamento crítico na reflexión teórica e no desenvolvemento práctico do traballo profesional e investigador.
C6 CT6 - Expresarse correctamente, de forma oral e escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
C7 CT7 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación necesarias para o exercicio profesional e para a aprendizaxe continuada e autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Ao finalizar a asignatura, o alumnado será capaz de: Demonstrar a súa compresión de perspectivas espistemolóxicas, culturais, políticas e económicas sobre a construción social da identidade. AM2
AM8
BM1
BM3
BM14
BM18
BM20
BM21
CM3
CM5
Pescudar a influencia das dimensións espazo-temporais e simbólicas na formación das identidades, e dos usos sociais da súa clasificación. AM3
BM2
BM19
CM1
Identificar e explicar os impactos asincrónicos que xurdan da intersección das formas dominantes de discriminación e opresión en función da alteridade identitaria (análise de casos: realidades, experiencias, prácitcas e percepcións). AM1
AM5
BM4
BM5
BM7
BM8
BM22
CM2
CM6
CM7
Fundamentar e propoñer liñas metodolóxicas de intervención social anti-discriminación e de auto-empoderamento colectivo como resposta á subordinación e exclusión de determinados grupos identitarios (dentro dos tres ámbitos xerais do máster: migracións, xénero, e envellecemento e transformacións familiares). AM7
BM7
BM9
BM11
BM13
BM15
BM17
CM4

Contidos
Temas Subtemas
1. Perspectivas epistemolóxicas sobre a identidade e a interseccionalidade nun mundo globalizado. 1a) Alén dos tres grandes "intereses" modernos –intereses técnicos, prácticos e críticos– que, segundo Habermas (1982), moldean a construción do saber (sobre a identidade, por exemplo).
1b) Perspectivas que matizan ou superan as categorías de Habermas: posturas feministas; queer; decoloniales, postcoloniales e antirracistas; inclusivas e interculturalistas; neomarxistas; comunitario-particularistas; ou postmodernas.
1c) En que consiste entón a identidade? Dimensións.
1d) En que consiste a interseccionalidad?
1e) A relación entre identidade e interseccionalidad.
2. Alteridade e normatividade: construción social das identidades hexemónicas, subalternas e periféricas. 2a) O papel da clasificación social das mesmas.
2b) Os diferentes efectos das clasificacións e categorías.
2c) Representación e recoñecemento: filtros.
2d) Imaxinarios potenciadores, imaxinarios destrutivos.
2e) Maniqueísmos e polarizacións artificiais.
3. Impacto interseccional das diversas formas de discriminación e opresión produto da construción prexuiciosa do "outro” ou dos "outros" fronte ao “eu” ou ao "nós". 3a) Racismo, etnocentrismo, clasismo, sexismo patriarcal, heterosexismo/homofobia, capacismo, idadismo, etc.
3b) Efectos asincrónicos da intersección das diferentes formas de opresión.
4. Identidades entre fronteiras espazo-temporais e cultural-simbólicas. 4a) Migracións e diásporas; xéneros; xeracións e familias.
4b) Adaptabilidade e mutación das identidades.
4c) O lugar e a interpretación / representación da identidade propia.
4d) Marxinación, segregación, asimilación, inclusión, integración, cohesión.
4e) Identidades estábeis, identidades "líquidas".
4f) A distinción cultural, social, económica e territorial.
5. Políticas sociais e respostas socioculturais de base ante as inxustizas ligadas á alteridade identitaria. 5a) En perspectiva diacrónica, sincróncia e transnacional.
5b) Desde os tres grandes sectores de organización social: o público, o privado e o terceiro sector.
5c) Respostas informadas desde a intersección das diferentes posturas espistemolóxicas abordadas no primeiro tema.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 B13 0 35 35
Sesión maxistral A1 B1 B13 10 0 10
Discusión dirixida B1 B5 B14 10 0 10
Análise de fontes documentais A5 B3 B4 B18 10 10 20
Aprendizaxe colaborativa B11 C4 C1 3 10 13
Estudo de casos A2 A5 A7 B8 C3 2 9 11
Presentación oral B9 B19 C2 C6 6 15 21
Foro virtual B5 B1 C7 C2 0 1 1
Simulación A3 A8 B21 B22 2 0 2
Traballos tutelados B1 B2 B5 B7 B15 B17 B20 B21 C5 1 25 26
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O conxunto de textos e documentación escrita que se presenta como fonte de profundización obrigatoria e/ou opcional dos contidos traballados.
Sesión maxistral Modalidade presencial: Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase magistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección magistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un/ha profesor/a en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado on-line, esta metodoloxía canalizarase a través do Foro virtual, o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes digitales dispoñíbeis.
Discusión dirixida Modalidade presencial: Presentación e comentario en clase dos textos asignados a cada estudante ou a cada grupo de estudantes. Á discusión –coordinada polas profesoras– sumaranse voluntariamente as/os estudantes.

Modalidade virtual: No caso das persoas que cursan a modalidade on-line, a participación a distancia queda habilitada a través de comentarios introducidos na plataforma Moodle (ver Foro virtual). A participación a distancia en directo nos debates que se xerarán na aula dependerá da dispoñibilidade de recursos técnicos de gravación e retransmisión en directo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou filmes, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia, con actividades específicamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos/das outros/as integrantes do grupo.
Estudo de casos Metodoloxía no que o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Presentación oral Modalidade presencial: Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expoñendo temas, conceptos, principios, traballos, experiencias e feitos; propoñendo cuestións varias; comentando textos; e realizando aclaraciones de forma dinámica.

Modalidade virtual: No caso do alumnado matriculado on-line, esta metodoloxía canalizarase a través do Foro virtual, o cal permitirá que este alumnado participe aproveitando dos soportes dixitais dispoñíbeis.
Foro virtual [Só para o alumnado matriculado na modalidade on-line]

Espazo de discusión formal e informal destinado ás/aos estudantes en cuestión para o tratamento dun ou máis temas ou problemas. Desenvólvese a través dunha contorna virtual de aprendizaxe (Moodle e/ou email) mediante ferramentas de comunicación asíncrona.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou innocua que si se levase a cabo sobre o fenómeno orixinal ou na realidade. O suxeito asume unhas condicións hipotéticas nas cales próbase o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, xa que logo, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do/da profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do alumnado e o seguimento desa aprendizaxe polo profesorado.

Para o traballo final, cada estudante elixirá un dos dous tipos de traballo seguintes:

1) Unha análise de documentos (lecturas e/ou gravacións) na que se ofrece unha radiografía explicativa e sintética dun tema, problema ou caso real relacionado coa identidade, a alteridade e a interseccionalidade. Nesta análise propoñeranse posibles vías de abordaxe, resolución, mediación ou intervención. Así mesmo, o traballo debe incluír algúns dos conceptos chave e orientacións epistemolóxicas, ideolóxicas, metodolóxicas e/ou prácticas presentadas en clase. O traballo debe estar debidamente fundamentado. --> Polo menos un 50% dos documentos empregados nesta análise deben proceder do conxunto de documentos presentados en clase ou en Moodle (ou, ademais, no Foro virtual para o alumnado on-line). Para máis detalles véxase a plataforma Moodle.

2) A produción dun documento audiovisual que, hipotéticamente, se fará público. Nel, presentarase de forma creativa e dinámica un problema ou caso relacionado coa identidade, a alteridade e a interseccionalidade, así como posibles vías de abordaxe, resolución, mediación ou intervención. A gravación irá acompañada dun texto descritivo e analítico, no que se afondará de xeito explicativo e sintético nalgúns dos conceptos chave e das orientacións epistemolóxicas, ideolóxicas, metodolóxicas e/ou prácticas presentadas en clase. O texto debe estar debidamente fundamentado. --> Polo menos un 50% dos documentos empregados neste texto deben proceder do conxunto de documentos presentados en clase ou en Moodle (ou, ademais, no Foro virtual para o alumnado on-line). Para máis detalles véxase a plataforma Moodle.

Modalidade virtual: No caso das persoas que cursen o máster on-line, realizaranse titorías virtuais nas que se consultarán e se revisarán distintos aspectos do traballo. Este proceso servirá, así mesmo, para coñecer á/ao estudante en cuestión e para garantir a súa identidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a esta metodoloxía concíbese como momentos de traballo presencial ou virtual co profesorado que implican unha participación obrigatoria por parte do alumando, tanto presencial como a distancia.

A forma e o momento en que se desenvolverán indicaranse en relación a cada actividade ao longo do curso, segundo o plan de traballo da asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B5 B7 B15 B17 B20 B21 C5 Descrición recollida en "Metodoloxías". 70
Presentación oral B9 B19 C2 C6 Participación nas actividades comunicativas propostas ao longo da asignatura (a maioría con compoñentes orais).

[Modalidade on-line: Esta presentación oral canalizarase a través do Foro virtual. Véxase o apartado de "Metodoloxías".]
30
 
Observacións avaliación

Os requisitos e os criterios de avaliación das dúas modalidades para o seguimiento da asignatura (presencial ou virtual) serán iguais.

Tal e como se indica no apartado de metodoloxías, os/as estudantes que cursen a modalidade virtual deste Mestrado terán titorías coas profesoras ben vía correo electrónico, ben mediante o Foro virtual, ou –de ser posíbel– a través dun medio que permita conversar cara a cara durante unha das titorías. Así mesmo, garantiranse mecanismos que permitan que este alumnado se identifíque ante o profesorado e que realice a súa "presentación oral" (participación nas actividades tanto orais como escritas de aprendizaxe) aproveitando os soportes dixitais dispoñíbeis.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.


Fontes de información
Bibliografía básica
NOTA IMPORTANTE: Só algúns dos seguintes títulos serán seleccionados para a súa lectura obrigatoria. Esta listaxe pode sufrir modificacións antes de comezar as clases.

Acker, Joan (2000). Rewriting class, race and gender: Problems in feminist thinking. En M. Marx Ferree; J. Lorber y  B. B. Hess (Eds.), Revisioning gender (pp. 44-69). Oxford: Altamira Press.

Adichie, Chimamando Ngozi (2014). We should all be feminists. New York: Fourth Estate. [ESPAÑOL: (2015). Todos deberíamos ser feministas. Madrid: Literatura Random House.]

Aixerlà, Yolanda (2008). La construcción de la imagen de las mujeres marroquíes en Europa”. En M. D. López Enamorado (Ed.), España y Marruecos: Mujeres en el espacio público (pp. 45-54). Sevilla: Alfar-Ixbilia.

Ajaya Kumar Sahoo, Brij Maharaj (Ed.) (2007). Sociology of diaspora: A reader. Jaipur: Rawat Publications.

Alemán, Jorge; Cherif, Mustapha; Díez de Velasco, Francisco; Duque, Félix; Lanceros, Patxi; Lucas, Javier José de; Martínez, Francisco; Pérez De Tudela, Jorge e Zizek, Slavoj (2009). Los otros entre nosotros: alteridad e inmigración. Madrid: Círculo de Bellas Artes.

Álvarez Cáccamo, C. (2003). Contra a normalización: Reconhecimento cultural e redistribuição económica sob a dominação linguística. Agália, 73/74, 9-24.

Andreotti, Vanessa de Oliveira; Stein, Sharon; Ahenakew, Cash e Hunt, Dallas (2015). Mapping interpretations of decolonization in the context of higher education. Decolonization: Indigeneity, Education & Society, Vol. 4, No. 1, pp. 21-40.

Anzaldúa, Gloria (1986). Borderlands/La frontera: The new mestiza. San Francisco: Aunt Lute Books. [ESPAÑOL:  (2016). Borderlands/La frontera: La nueva mestiza (trad. Carmen Valle). Madrid: Capitán Swing.]

Appadurai, Arjun (1996). Modernity at large: Cultural dimensions of globalization. Minneapolis: University of Minnesota Press.

Appadurai, Arjun (2009). ¿Podemos viver sem o outro? As possibilidades e os límites da interculturalidade. Lisboa: Tinta da China.

Appiah, K. Anthony (2005). The ethics of identity. Princeton: Princeton University Press. [ESPAÑOL: (2007). La ética de la identidad. Buenos Aires: Katz.*

Autor Brah, Avtar (2011). Cartografías de la diáspora: Identidades en cuestión. Madrid: Traficantes de Sueños.

Baffoe, Michael (Ed.) (2012). Strangers in new homelands: The social deconstruction and reconstruction of "home" among immigrants in the diaspora [Recurso electrónico]. Newcastle upon Tyne: Cambridge Scholars Publishing.

Balibar, Étienne (1990). Race, nation, classe: Les identités ambiguës. Editions La Déscouverte. [ENGLISH: (1991). Race, nation, class: Ambiguous identities. London: Verso. / ESPAÑOL: (1991). Raza, nación y clase. Madrid: Lapala.]

Balibar, Étienne (2005). Violencias, identidades y civilidad para una cultura política global. Barcelona: Gedisa.

Balibar, Étienne (2013a). Identity and difference: John Locke and the invention of consciousness. Brooklyn, NY: Verso Books.

Balibar, Étienne (2013b). Ciudadanía. Buenos Aires: Adriana Hidalgo.

Barreiro Barreiro, Xosé Lois (Ed.) (1992). O Pensamento Galego na historia (aproximación crítica). Universidade de Santiago de Compostela.

Bauman, Zygmunt (2004). Identity. Conversaciones con Benedetto Vecchi. New York: The Polity Press. [ESPAÑOL: (2005). Identidad. Conversaciones con Benedetto Vecchi. Madrid: Losada.]

Beiras, Xosé Manuel (2016). O proxecto común dunha nación galega. Brión (A Coruña): Laiovento.

Bello Reguera, Gabriel (2007). Postcolonialismo, emigración y alteridad. Granada: Comares.

Benhabib, Seyla (2002). The claims of culture: Equality and diversity in the global era. Princeton: Princeton University Press. [ESPAÑOL: (2006a). Las reivindicaciones de la cultura: Igualdad y diversidad en la era global. Buenos Aires: Katz Editores.]

Benhabib, Seyla (2005). Los derechos de los otros: Extranjeros, residentes y ciudadanos. Barcelona: Gedisa.

Benhabib, Seyla (2006b). El ser y el otro en la ética contemporánea: Feminismo, comunitarismo y posmodernismo. Barcelona: Gedisa.

Bereményi, Balint-Ábel e Mirga, Anna (2013). ¿Reconocer, participar, empoderar? Dilemas y lecciones del Plan Integral del Pueblo Gitano en Cataluña. O Tchatchipen, pp. 4-13. Recuperado el 27 de septiembre de 2014 de: https://www.academia.edu/4598105/Beremenyi_and_Mirga_2013_Reconocer_participar_empoderar_Dilemas_y_lecciones_del_Plan_Integral_del_Pueblo_Gitano_en_Cataluna._En_O_Tchatchipen_n.83_julio-septiembre_p.4-13

Bermejo, Diego (Ed.) (2011). La identidad en sociedades plurales. Barcelona: Anthropos.

Bessis, Sophie (2001). L'Occident et les autres: Histoire d'une supprématie.Paris: Découverte. [ESPAÑOL: (2002). Occidente y los otros: Historia de una supremacía. Madrid: Alianza.]

Bessis, Sophie (2005). Las emergencias del mundo: Economía, poder, alteridad. Oviedo: Nobel.

Bonilla-Silva, Eduardo (2006). Racism without racists: Color-blind racism and the persistence of racial inequality in the United States. Lanham, Maryland: Rowman & Littlefield.

Bouteldja, Houria (2013, 16 de agosto). Raza, clase y género: La interseccionalidad, entre la realidad social y los límites políticos. Parti des Indigènes de la République. Consultado 20/08/2014 en: http://indigenes-republique.fr/raza-clase-y-genero-la-interseccionalidad-entre-la-realidad-social-y-los-limites-politicos/

Bustelo, María (2009). Intersectionality faces the strong gender norm. International Feminist Journal of Politics, 11(4), 530-546.

Bourdieu, Pierre (1979). La distinction: critique sociale du jugement. Paris: Éd. de Minuit. [ENGLISH: (1984). Distinction: A social critique of the judgement of taste. Cambridge, Mass.: Harvard University Press. / ESPAÑOL: Bourdieu, P. (1991). La distinción: Criterio y bases sociales del gusto. Madrid: Taurus.]

Bourdieu, Pierre (1989). Language and symbolic power. Cambridge: Polity Press. [FRANÇAIS: (2001). Langage et pouvoir symbolique. Paris: Points Seuil. / ESPAÑOL: (1985). ¿Qué significa hablar? Madrid: Akal. (Cap. II: Lenguaje y poder simbólico).]

Braziel, Jana Evans e Mannur, Anita (Eds.) (2003). Theorizing diaspora: A reader. Oxford: Blackwell.    

Brill, Stephanie and Pepper, Rachel (2008). The transgender child: A Handbook for families and professionals. Berkeley: Cleis Press.

Burke, Peter (2010). Hibridismo cultural. Madrid: Akal.

Butler, Judith (1990). Gender trouble: Feminism and the subversion of identity. New York: Routledge.(1979). [ESPAÑOL: (2001). El género en disputa: el feminismo y la subversión de la identidad. México, D. F.: Paidós.]

Butler, Judith (2008). Lenguaje, poder e identidad. Madrid: Síntesis.

Butler, Judith (2013). Dar cuenta de si mismo: Violencia ética y responsabilidad. Buenos Aires: Amorrortu.

Butler, Judith e Spivak, Goyatri Chakravorty (2009). ¿Quién le canta al estado-nación? Lenguaje, política, pertenencia. Buenos Aires: Paidós.

Camiñas, Tasio (2008). Mitos globales y alteridad: Una mirada crítica sobre el poder mediático y el conflicto intercultural. Barcelona: Los Libros de la Frontera.

Comaroff, John L. e Comaroff, Jean (2011). Etnicidad S.A. Madrid: Katz.

Carrasco Pons, Silvia (2005, julio). La condición de minoría en la escuela multicultural: supuestos, retóricas y aportanciones de la literatura de investigación, con especial referencia al alumnado gitano. Boletín del Centro de Documentación de la Asociación de Enseñantes con Gitanos, Nº 25, 12-21. Recuperado el 25 de noviembre de 2005 del URL: http://aecgit.pangea.org/

Castells, Manuel (1994). Flujos, redes e identidades: Una teoría crítica de la sociedad informacional. En M. Castells, R. Flecha, P. Freire, H. Giroux, D. Macedo e P. Willis (Eds.), Nuevas perspectivas críticas en educación (pp. 13-54). Barcelona: Paidós Educador.

Castells, Manuel e Serra, Narcís (Eds.) (2004). Europa en construcción: Integración, identidades y seguridad. Barcelona: Fundació CIDOB.

Castro-Gómez, Santiago e Grosfoguel, Ramón (Ed.) (2007). El giro decolonial: Reflexiones para una diversidad epistémica más allá del capitalismo. Bogotá: Siglo del Hombre Editores; Universidad Central, Instituto de Estudios Sociales Contemporáneos y Pontificia Universidad Javeriana, Instituto Pensar.

Césaire, Aimé (1955). Discours sur le colonialisme. París: Presence Africaine. [ENGLISH: (2001). Discourse on colonialism. New York: Monthly Review Press. / ESPAÑOL: (2006). Discurso sobre el colonialismo. Madrid: Akal.]

Choo, H. Y. e Marx Ferree, M. (2010). Practicing intersectionality in sociological research: A critical analysis of inclusions, interactions, and institutions in the study of inequalities. Sociological Theory, 28, 129–149. Recuperado de: http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1467-9558.2010.01370.x/abstract?userIsAuthenticated=false&deniedAccessCustomisedMessage=

Coll-Planas, Gerard e Cruells, Marta (2013). La puesta en práctica de la interseccionalidad política: El caso de las políticas LGTB en Cataluña. Revista Española de Ciencia Política, Nº. 31, (Marzo), 153-172.

Collins, Patricia Hill (1990). Black feminist thought: Knowledge, consciousness, and the politics of empowerment. New York: Routledge.

Collins, Patricia Hill e Bilge, Sirma (2016). Intersectionality. Cambridge, Mass.: Polity Press.

Colombato, Lucía Carolina (2013). Hegemonías y subordinaciones en el campo de los derechos culturales. Patrimonio cultural, etnicidad y género. Revista Perspectivas de las Ciencias Económicas y Jurídicas (Facultad de Ciencias Económicas y Jurídicas, Universidad Nacional de La Pampa), Vol. 3, Nº 1, pp. 89-104. Recuperado de: http://www.eco.unlpam.edu.ar/sitio/objetos/_area.cienciaytecnica/1_revista_-2013.pdf

Connell, Raewyn (2011). Confronting equality: Gender, knowledge and global change. Cambridge, UK: Polity Press.

Connell, Raewyn (2014). Global tides: Market and gender dynamics on a world scale. Social Currents, 1(1), 5-12.

Council of Europe (2013). The intercultural city step by step: Practical guide for applying the urban model of intercultural integration. Strasbourg: Council of Europe Publishing. Retrieved from: https://rm.coe.int/CoERMPublicCommonSearchServices/DisplayDCTMContent?documentId=090000168048da42 [ESPAÑOL: Consejo de Europa (2013). La ciudad intercultural paso a paso. Guía práctica para aplicar el modelo urbano de integración intercultural. Strasbourg: Council of Europe Publishing. https://rm.coe.int/CoERMPublicCommonSearchServices/DisplayDCTMContent?documentId=0900001680301b76.]

Crook, C. J. (1997). Cultural Practices and Socioeconomic Attainment: The Australian Experience. Westport, Connecticut: Greenwood Press.

Cruikshank, Margaret (2008). Aging and identity politics. Journal of Aging Studies, 22(2), 147-151.

de Sánchez, M. G.; de Beuter, M. R. L. e Farías, R. (2008). Los “gallegos” en el imaginario argentino: literatura, sainete, prensa. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Delpit, Lisa (1995). Other people's children: Cultural conflict in the classroom. New York: The New Press.

Devine, Fiona; Savage, Mike; Scott, John e Crompton, Rosemary (Eds.) (2005). Rethinking class: Cultures, identities and lifestyles. New York: Palgrave Macmillan.

Davis, Angela Y. (1983). Women, race and class. New York: Vintage Books.

Estes, Carroll L. (2001). Social policy and aging: A critical perspective. London: Sage.

Fanon, Frantz (1961). Les damnés de la Terre. París: Éditions Maspero. [ENGLISH: (2004/1963). The wretched of the Earth. New York: Grove Press. / ESPAÑOL: (1963). Los condenados de la Tierra. México: Fondo de Cultura Económica.]

Fanon, Frantz (1952). Peau noir, masques blancs. París: Éditions du Seuil. [ENGLISH: (2007/1967). Black skin, white masks. New York: Grove Press. / ESPAÑOL: (2009). Piel negra, máscaras blancas. Tres Cantos (Madrid): Akal.]

Fernández Garcés, Helios; Jiménez González, Nicolás (Coord.) e Motos Pérez, I. (2015). Guía de recursos contra el antigitanismo. Valencia: Federación Autonómica de Asociaciones Gitanas de la Comunidad Valenciana (FAGA). Recuperado o 5 de xuño de 2015 de:
http://gitanizate.com/panel/data/adjuntos/27042015204308.pdf

Fernández Suárez, Belén (2015). La interseccionalidad: Un marco teórico para explicar los discursos políticos sobre integración de inmigrantes en España. Ponencia presentada en el XII Congreso de AECPA en San Sebastián. Recuperado de: http://aecpa.es/congresos/XII-congreso/paper.php?paper=1139

Foley, Douglas E. (1990). Learning capitalist culture: Deep in the heart of Tejas. Philadelphia: University of Pennsylvania Press.

Foucault, Michel (1978). Microfísica del poder. Madrid: La Piqueta.

Foucault, Michel (1992). Genealogía del racismo. Barcelona: La Piqueta.

Foucault, Michel (2013 / 1926-1984). La inquietud por la verdad: escritos sobre la sexualidad y el sujeto. Buenos Aires: Siglo XXI.

García Pastor, B. (2011). "Ser gitano" fuera y dentro de la escuela. Una etnografía sobre la educación de la infancia gitana en la ciudad de Valencia. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Generelo, Jesús (Ed.) (2012). Acoso escolar homofóbico y riesgo de suicidio en adolescentes y jóvenes LGB (informe). Madrid: Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales (FELGTB). Retrieved March 28, 2013 from: http://www.felgtb.org/rs/1741/d112d6ad-54ec-438b-9358-4483f9e98868/48e/fd/1/filename/informe-resultados-riesgosuicidio-lgb.pdf.

Gerpe Pazos, María; Gerpe Pazos, Juana; Carballo Regueira, Beatriz e Busto, Alejandra (2011). Yo, emigrante: testimonios. Buenos Aires: Impresiones Buenos Aires Editorial [ISBN: 978-987-1548-21-7]. [Emigrantes galegas]

Golías Pérez, Montserrat (2014). Los nuevos españoles a través de la Ley de la Memoria Histórica en Cuba y Argentina. ¿Oportunidad o identidad? Tese de doutoramento. Universidade da Coruña.

Gondar Portasany, Marcial (1993). Crítica da razón galega: entre nós-mesmos e nós-outros. Vigo: A Nosa Terra.

Gourdine, Angeletta K. M. (2002). The difference place makes: Gender, sexuality, and diaspora identity. Columbus: Ohio State University Press.

Grabham, Emily et al. (Eds.) (2009). Intersectionality and beyond: Law, power and the politics of location. Abingdon, Oxon, New York: Routledge-Cavendish.

Grimson, Alejandro; Merenson, Silvina e Noel, Gabriel (Eds.) (2011). Antropología ahora: Debates sobre la alteridad. Buenos Aires: Siglo Veintiuno.

Grossberg, Lawrence (2013). Stuart Hall sobre raza y racismo: Estudios Culturales y la práctica del contextualismo. En R. Soto Sulca (Ed.), Discurso y poder en Stuart Hall (pp. 259-284). El Tambo, Perú: Huancayo.

Grzanka, Patrick (2014). Intersectionality: A foundations and frontiers reader. Jackson, Tennessee: The Perseus Books Group.

Guerra Palmero, María José e Hernández Piñero, Aránzazu (Eds.) (2015). Éticas y políticas de la alteridad: En torno al pensamiento de Gabriel Bello Reguera. Pozuelo de Alarcón: Plaza y Valdés.

Gutmann, Amy (2008). La identidad en democracia. Buenos Aires: Katz.

Habermas, Jürgen (1982). Conocimiento e interés. Madrid: Taurus.

Hall, Stuart (1992). The West and the rest: Discourse and power. In S. Hall & B. Geiben (Eds.), Formations of modernity. New York: Polity Press. [ESPAÑOL: (2013). Occidente y el resto: Discurso y poder. En R. Soto Sulca (Ed.), Discurso y poder en Stuart Hall (pp. 49-112). El Tambo, Perú: Huancayo.]

Hall, S. (1996). Gramsci's Relevance for the Study of Race and Ethnicity. En D. Morley e K.-H. Chen (Eds.), Stuart Hall: Critical dialogues in Cultural Studies (pp. 411-440). New York: Routledge.

Hall, Stuart e Du Gay, Paul (2011). Cuestiones de identidad cultural. Buenos Aires: Amorrortu.

Hankivsky, Olena (2014). Intersectionality 101. Vancouver: The Institute for Intersectionality Research & Policy, Simon Fraser University.

Hicks, Emily (1981). Cultural Marxism: Nonsynchrony and feminist practice. En L. Sargent (Ed.), Women and revolution: A discussion of the unhappy marriage of Marxism and feminism (pp. 219-238). Boston: South End Press.

hooks, bell (1987). Ain’t I a woman? Black women and feminism. New York: Pluto Press.

Ibáñez, J. (1994). El regreso del sujeto. La investigación social de segundo orden. Madrid: S. XXI.

Ibrahim, Awad e Steinberg, Shirley R. (Eds.). Critical Youth Studies reader. New York: Peter Lang Publishing.

Irazutza Ignacio e Martínez María (Eds.) (2014). De la identidad a la vulnerabilidad: Alteridad e integración en el País Vasco contemporáneo. Barcelona: Bellaterra.

Izquierdo Escribano, Antonio e Golías Pérez, Montserrat (Eds.) (2014). Mareas de Pluralismo. Minorías religiosas en Galicia. Barcelona: Icaria.

Keown, Michelle; Murphy, David e Procter, James (Eds.) (2009). Comparing postcolonial diaspora. London: Macmillan.

Kymlicka, Will (1995). Multicultural citizenship: A liberal theory of minority rights. Oxford: Clarendon Press.

Lakoff, George (2002). Moral politics: How liberals and conservatives think (2nd ed.). Chicago: University of Chicago Press.

Lakoff, George (2008). Don't think of an elephant. White River Junction, Vermont: Chelsea Green Publishing [ESPAÑOL: (2007). No pienses en un elefante: Lenguaje y debate político. Madrid: Editorial Complutense.]

Lara, M. P. (1990). La identidad social en Habermas: entre el consenso y la alteridad. Doxa: Cuadernos de Filosofía del Derecho, Nº 7, 257-272.

Leyva Solano, Xóchitl (Ed.), Escobar, Arturo et al. (2015). Prácticas otras de conocimiento(s): Entre crisis, entre guerras. Chiapas, México: Cooperativa Editorial Retos.

López Enamorado, M. D. (Ed.). España y Marruecos: Mujeres en el espacio público. Sevilla: Alfar-Ixbilia.

Lorde, Audre (1984). Sister outsider. Essays and speeches. Berkeley: Crossing Press.

Márquez Reiter, Rosina e Martín Rojo, Luisa (Eds.) (2015). A sociolinguistics of diaspora: Latino practices, identities, and ideologies. New York: Routledge.

Manuel, Tiffany (2006). Envisioning the possibilities for a good life: Exploring the public policy implications of intersectionality theory. Journal of Women, Politics & Policy, 28:3-4, 173-203.

May, Stephen (1999). Critical multiculturalism and cultural difference: Avoiding essentialism. In S. May (Ed.), Critical multiculturalism: Rethinking multicultural and antiracist education (pp. 11-41). London: Falmer Press.

McBean, Shanice (2013, 13 de agosto). What is intersectionality? Retrieved 17/08/2013 from: http://es.scribd.com/doc/160095307/Shanice-McBean-What-isintersectionality.

McCarthy, Cameron (1990). Race and curriculum: Social inequality and the theories and politics of difference in contemporary research on schooling. London: The Falmer Press. [ESPAÑOL: (1994). Racismo y curriculum: La desigualdad social y las teorías y políticas de las diferencias en la investigación contemporánea sobre la enseñanza. Madrid/Coruña: Morata/Fundación Paideia.]

McCarthy, Cameron; Crichlow, Warren; Dimitriadis, Greg e Dolby, Nadine (Eds.) (2005). Race, identity and representation in education. New York: Routledge.

McRuer, Robert (2006). Crip Theory: Cultural signs of queerness and disability. New York: New York University Press.

Melamed, Jodi (2011). Represent and destroy: Rationalizing violence in the new racial captialism. London: Palgrave.

Memmi, Albert (1957/1974). Retrato del colonizado, precedido por el retrato del colonizador. Madrid: Cuadernos para el Diálogo.

Miguélez-Carballeira, Helena (2014). Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego. Santiago de Compostela: Através Editora.

Mohanty, Chandra Talpade (1984). Under Western eyes: Feminist scholarship and colonial discourses. Boundary 2, 12(3), 333-358.

Mora, David (Ed.) (2009). Interculturalidad crítica y descolonización: Fundamentos para el debate. La Paz, Bolivia: III-CAB.

Morley, David y Robin, Kvein (1995). Spaces of identity: Global media, electronic landscapes and cultural boundaries. London: Routledge.

Morton, Donald (Ed.) (1996). The material queer: A lesbigay cultural studies reader. Boulder, CO: Westview Press.

Moustaui Sghir, Adil (2015). Resistiendo el régimen sociolingüístico institucional: Nuevas prácticas lingüísticas como estrategias de comunicación en el seno del Movimiento 20 de Febrero en Marruecos. EDISO Working Papers, 1, pp. 1-18.

Morduchowicz, Roxana (2012). Los adolescentes y las redes sociales: La construcción de la identidad juvenil en Internet. Buenos Aires: Fondo de Cultural Económica.

Nash Mary e Torres Gemma (Eds.) (2009). Los límites de la diferencia: Alteridad cultural, género y prácticas sociales. Barcelona: Icaria.

Nedich, Jorge Emilio (2010). El pueblo rebelde. Buenos Aires: Javier Vergara Editor.

Nussbaum, Martha C. (1996). For love of country? Debating the limits of patriotism. New York: The Beacon Press. [ESPAÑOL: (1999). Patriotismo y cosmopolitismo. En M. C. Nussbaum y J. Cohen (Eds.), Los límites del patriotismo: identidad, pertenencia y ciudadanía mundial (13-29). Barcelona: Paidós.]

Nussbaum, Martha (2013). The new religious intolerance: Overcoming the politics of fear in an anxious age. Cambridge: The Belknap Press, Harvard University. [ESPAÑOL: (2013). La nueva intolerancia religiosa: cómo superar la política del miedo en una época de inseguridad. Barcelona: Paidós.]

ODIHR (2011). Guidelines for educators on countering intolerance and discrimination against Muslims: Addressing Islamophobia through education. Warsaw, Poland: ODIHR/OSCE. Retrieved from: http://unesdoc.unesco.org/images/0021/002152/215299e.pdf. [ESPAÑOL: OIDDH (2012). Directrices para educadores sobre la manera de combatir la intolerancia y la discriminación contra los musulmanes: Afrontar la islamofobia mediante la educación. Varsovia, Polonia: Oficina de Instituciones Democráticas y Derechos Humanos (OIDDH) da Organization for Security and Co-operation in Europe (OSCE). Recuperado de: http://www.osce.org/es/odihr/91301?download=true.]

Ogbu, John U. (Ed.) (2008). Minority status, oppositional culture and schooling. New York: Routledge.

Ogbu, John U. y Simons, H. D. (1998). Voluntary and involuntary minorities: A cultural-ecological theory of school performance with some implications for education. Anthropology & Education Quarterly, 29(2), 155-188.

Oliva, Juan Ignacio (2001). Historia, clase, género y raza en la literatura angloindia en la diáspora. Barcelona: Kadle.

Parella, S. (2005). Intereses e identidad. Praxis Sociológica, 9, 9-22.

Parent, Mike C.; DeBlaere, Cirleen e Moradi, Bonnie (2013, junio). Approaches to research on intersectionality: Perspectives on gender, LGBT, and racial/ethnic identities. Sex Roles, 68(11), 639–645.

Pascale, Celine-Marie (Ed.) (2013). Social inequality and the politics of representation: A global landscape. Los Angeles: Sage.

Pérez Orozco, Amaia (2014). Subversión feminista de la economía. Aportes para un debate sobre el conflicto capital-vida. Madrid: Traficantes de Sueños.

Platero, Raquel (Lucas) (Ed.) (2012). Intersecciones: Cuerpos y sexualidades en la encrucijada: temas contemporáneos. Barcelona: Bellaterra.

Pöllmann, Andrés (2013). Intercultural capital: Toward the conceptualization, operationalization, and empirical investigation of a rising marker of sociocultural distinction. Sage Open, 1-7 (April-June). [ESPAÑOL: (2014) Capital intercultural: Hacia la conceptualización, operacionalización e investigación empírica de un marcador de distinción sociocultural en ascenso. Cultura y Representaciones Sociales: Un Espacio para el Diálogo Transdisciplinario, 9(17), 54-73.]

Powell, Jason e Gilbert, Tony (2009). Aging identity: A dialogue with postmodernism. Hauppauge, New York: Nova Science Publishers.

Ramírez, Ángeles (Ed.) (2014). La alteridad imaginada: El pánico moral y la construcción de lo musulmán en España y Francia. Barcelona: Bellaterra.

Regan, Melissa (2001). No dumb questions (documental). Estados Unidos: Epiphany Productions. [Menores ante a adultez transxénero]

Reimóndez, María e Piñeiro, Ania (2015). Manual de Grupos de Axuda Mutua. Santiago de Compostela: Implicadas no Desenvolvemento. Recuperado de: http://implicadas.net/wp-content/uploads/2014/09/Manual-GAM.pdf

Rodríguez, Sergio (2010). Gitanidad: Otra manera de ver el mundo. Barcelona: Kairós.

Rolón-Dow, Rosalie e Irizarry, Jason G. (Eds.) (2014). Diaspora studies in education: Toward a framework for understanding the experiences of transnational communities. New York: Peter Lang.

Said, Edward (1978). Orientalism. New York: Vintage Books. [ESPAÑOL: (1990) Orientalismo. Madrid: Prodhufi.]

Said, Edward (1993). Culture and imperialism. New York: Alfred Knopf. [ESPAÑOL: (1996). Cultura e imperialismo. Barcelona: Anagrama.]

Santos, Boaventura de Sousa e Meneses, María Paula (Eds.) (2014). Epistemologías del sur. Madrid: Akal.

Sen, Amartya (2007). Identidad y violencia: La ilusión del destino. Buenos Aires: Katz.

Smith, Bonnie G. y Hutchison, Beth (2004). Gendering disability. London: Rutgers University Press.

Smith, Linda Tuhiwei (1999). Decolonizing methodologies. London: Zed Books. [ESPAÑOL: (2016). A descolonizar las metodologías. Madrid: Traficantes de Sueños.]

Snyder, Sharon L. e Mitchell, David T. (2006). Cultural locations of disability. Chicago: University of Chicago Press.

Soto Sulca, Ricardo (Ed.) (2013). Discurso y poder en Stuart Hall. El Tambo, Perú: Huancayo.

Spivak, Gayatri Chakravorty (1987). In other worlds: Essays in cultural politics. New York: Psychology Press. [ESPAÑOL: (2013). En otras palabras, en otros mundos: ensayo sobre política cultural. Buenos Aires: Paidós.]

Spivak, Gayarti Chakravorty (1999). A critique of postcolonial reason: Toward a history of the vanishing present [Chapter 3 includes the renowned essay: “Can the subaltern speak?”]. Cambridge, Mass.: Harvard University Press. [ESPAÑOL: (2010). Crítica de la razón poscolonial: Hacia una crítica del presente evanescente. Madrid: Akal. / ESPAÑOL: (2011). ¿Puede hablar el subalterno? Bueno Aires: El Cuenco de Plata.]

Sullivan, Alice (2002). How useful is Bourdieu’s theory for researchers? The Netherlands’ Journal of Social Sciences, 38(2), 144-166.

Taguieff, Pierre-André (1994). Le force du préjugé: essai sur le racisme et ses doble. Paris: Ed. La Découverte.

Taha, Maisa C. (2010). The hijab north of Gibraltar: Moroccan women as objects of civic and social transformation. The Journal of North African Studies, 15(4), pp. 465-480.

Taylor, Charles (1989). Sources of the self. Cambrigde, Mass.: Harvard University Press.

Taylor, Charles (1996). Identidad y reconocimiento. Revista Internacional de Filosofía Política, 7, 10-19.

Teasley, Cathryn (2007). Cyberculture and (trans)national Romani identity: Implications for a truly public education. En C. McCarthy, A. S. Durham, L. C. Engel, A. A. Filmer, M. D. Giardina e M. A. Malagreca (Eds.), Globalizing Cultural Studies: Ethnographic interventions in theory, method, and policy (pp. 359-384). New York: Peter Lang.

Teasley, Cathryn (2014). Cross-cultural reflections on gender diversity in the earliest stages of youth identity formation. En Awad Ibrahim e Shirley R. Steinberg (Eds.), Critical Youth Studies reader (pp. 152-160). New York: Peter Lang Publishing.

Todorov, T. (2000). Los abusos de la memoria. Barcelona: Paidós.

Valcárcel, Mayra Soledad e Sánchez, Nazareth (2014). Católicas y Musulmanas: Negociando identidades y desafiando hegemonías desde los márgenes del feminismo. Periódico do Núcleo de Estudos e Pesquisas sobre Gênero e Direito, Nº 2 (2º semestre), 120-147.

van Dijk, Teun A. (2003). Racismo y discurso de las élites. Barcelona: Gedisa.

van Dijk, Teun A. (2009). Discurso y poder: contribuciones a los estudios críticos del discurso. Barcelona: Gedisa.

Vila Merino, Eduardo Salvador (Ed.) (2007). Pedagogía de la alteridad: Interculturalidad, género y educación. Madrid: Editorial Popular.

Williams, Eric (1994/1944). Capitalism and slavery. Chapel Hill: North Carolina Press. [ESPAÑOL: (2011). Capitalismo y esclavitud. Madrid: Traficantes de Sueños.]

Young, Iris Marion (1996). Communication and the other: Beyond deliberative democracy. En Benhabib, Seyla (Coord.), Democracy and difference: contesting the boundaries of the political. Princeton, New Jersery: Princeton University Press, pp. 120-135. [ESPAÑOL: (2000). La democracia y "el otro": Más allá de la democracia deliberativa. Revista Jurídica de la Universidad de Palmero, 5(1), pp. 41-56.]

Yuval-Davis, Nira (2011). The politics of belonging: Intersectional contestations. London: Sage.

Zapata-Barrero, Ricard e Teun A. van Dijk (Eds.) (2007). Discursos sobre la inmigración en España: los medios de comunicación, los parlamentos y las administraciones. Barcelona: Fundació Didob.

Zapata Farías, Hernán (2001). Adulto mayor: Participación e identidad. Revista de Psicología, Vol. X, Nº 1, 189-197.