Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social. |
A2 |
CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión. |
A3 |
CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social. |
A4 |
CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social. |
B1 |
CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social. |
B2 |
CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional. |
B3 |
CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados. |
B4 |
CB4 - Identificar os dilemas éticos e a responsabilidade social tras os retos formulados na práctica profesional e investigadora. |
B5 |
CB5 - Comunicar con claridade os coñecementos e problemas científicos sobre os que se traballa tanto a un público non experto como de especialistas. |
B6 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B7 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B9 |
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B11 |
CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos. |
B12 |
CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma. |
B13 |
CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos. |
B14 |
CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa. |
B15 |
CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social. |
B16 |
CX4 - Dirixir e coordinar equipos de investigación e profesionais de carácter multidisciplinar que traballen nos principais ámbitos da exclusión social. |
B17 |
CX5 - Elaborar e defender informes, proxectos e memorias no campo das ciencias sociais. |
B18 |
CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais. |
B19 |
CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social. |
B20 |
CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas. |
B21 |
CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión. |
B22 |
CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social. |
C1 |
CT1 - Reflexionar, chegar a conclusións e propoñer solucións a través do traballo en equipo. |
C2 |
CT2 – Desenvolver a actividade profesional con comodidade en contextos internacionais e de diversidade cultural. |
C3 |
CT3 - Asumir o reto da interdisciplinariedade no desenvolvemento do traballo investigador e profesional. |
C4 |
CT4 - Comprometerse cun exercicio profesional e unha perspectiva investigadora que incorporen a dimensión participativa. |
C5 |
CT5 - Aplicar un razoamento crítico na reflexión teórica e no desenvolvemento práctico do traballo profesional e investigador. |
C6 |
CT6 - Expresarse correctamente, de forma oral e escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. |
C7 |
CT7 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e a comunicación necesarias para o exercicio profesional e para a aprendizaxe continuada e autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as diversas estratexias de deseño de investigación cualitativa para seleccionar a máis adecuada e pertinente |
AM3
|
BM3 BM7 BM13 BM15 BM18
|
CM1 CM2 CM3 CM5
|
Deseñar unha investigación cualitativa aplicada á investigación e á intervención social |
AM2 AM4
|
BM1 BM2 BM3 BM4 BM7 BM15 BM18
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6
|
Pór en práctica as principais técnicas de investigación cualitativa (entrevista en profundidade, grupos de discusión, historias de vida e observación) |
AM3 AM4
|
BM2 BM7 BM15 BM18
|
CM1 CM5 CM6
|
Analizar e interpretar os resultados dunha investigación cualitativa nas súas diferentes vertentes e convertelos en información útil para a toma de decisións no campo da intervención social. |
AM1 AM2 AM4
|
BM1 BM6 BM7 BM12 BM14 BM15 BM16 BM19 BM20 BM21 BM22
|
CM5 CM7
|
Coñecer o uso das novas tecnoloxías na análise cualitativa |
|
BM6 BM11 BM19
|
CM5 CM7
|
Preparar documentos e informes |
AM3 AM4
|
BM4 BM5 BM7 BM9 BM11 BM15 BM17
|
CM1 CM5 CM6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. INTRODUCIÓN SOBRE METODOLOXÍA E TÉCNICAS CUALITATIVAS NAS CCSS. |
- Historia, xénese e desenvolvemento da investigación nas Ciencias Sociais.
- Paradigmas e perspectivas na investigación Cuantitativa vs. Cualitativa.
- A metodoloxía cualitativa aplicada á intervención social.
|
TEMA 2. CARACTERÍSTICAS E ELEMENTOS DO DESEÑO CUALITATIVO. |
- O debate en torno ao deseño cualitativo.
- A flexibilidade do deseño cualitativo.
- Os elementos do deseño cualitativo: ámbitos temporais, espaciais e tamaño da unidade de análise.
- As decisións do deseño: delimitación das unidades, selección e características das unidades de análise.
|
TEMA 3. TÉCNICAS E ESTRATEXIAS DE INVESTIGACIÓN CUALITATIVA. |
As diferentes técnicas de investigación cualitativa, a súa elección, deseño e aplicación:
- Entrevistas en profundidade.
- Historias de vida.
- Relatos biográficos.
- Grupos de discusión.
- Observación.
|
TEMA 4. METODOLOXÍA DE ANÁLISE CUALITATIVA. ANÁLISE CRÏTICA DO DISCURSO. |
- Introducción á Análise Crítica do Discurso.
- Características da Análise Crítica do Discurso.
- Técnicas, deseño e interpretación do discurso.
- Diferentes tipos de discursos. |
TEMA 5. A ANÁLISE CUALITATIVA DE DISCURSOS. |
- A teoría da argumentación como método de análise.
- O discurso persuasivo como obxecto de estudo.
- A análise do discurso mediático.
- A análise do discurso político. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A2 A4 B3 B4 B6 B16 B20 B21 C1 C6 |
12 |
16 |
28 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 B1 B2 B3 B5 B7 B9 B13 B14 B15 B17 B18 B19 C4 C5 C6 C7 |
5 |
45 |
50 |
Lecturas |
A1 A2 A3 A4 B1 B4 B6 B11 B12 B17 B18 C1 C2 |
1 |
30 |
31 |
Presentación oral |
A1 A3 B1 B2 B3 B5 B9 B13 B14 B15 B17 B22 C1 C6 C7 |
3 |
5 |
8 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 B3 B4 B11 B12 B16 C1 C2 C3 |
22 |
9 |
31 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Levarase a cabo en clase unha discusión dirixida sobre a base das lecturas recomendadas polas profesoras.
Para o alumnado en modalidade online ou con recoñocemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención da asistencia, se porán a disposición as lecturas a través de Moodle.
|
Traballos tutelados |
Realizarase un traballo tutelado que consistirá no deseño dalgunha técnica de investigación cualitativa, así como a súa posta en práctica e a interpretación dos resultados do material empírico recompilado. O traballo será explicado na aula e subiranse as instrucións concretas sobre a realización do mesmo en Moodle.
No caso de alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e asistencia. As titorías poderán levarse a cabo de maneira virtual (Skype ou correo electrónico).
|
Lecturas |
As profesoras entregarán unha selección de lecturas que o alumnado deberá revisar e comentar/debatir posteriormente na aula.
Para o alumnado en modalidade online ou con recoñocemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención da asistencia, se porán a disposición as lecturas a través de Moodle.
|
Presentación oral |
O traballo tutelado (deseño, posta en práctica e interpretación de resultados) será presentado oralmente e discutido en clase.
Para os estudantes en modalidade online, será presentado vía Skype |
Sesión maxistral |
As profesoras introducirán os diferentes contidos da materia nas clases maxistrais que serán participativas e motivarán o debate.
Los contenidos impartidos polas profesoras estará a disposición a través de Moodle. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
1. Levarase a cabo un seguimento personalizado dos traballos tutelados a realizar polo alumnado, tanto nas sesións de traballo que se desenvolvan na aula, como no horario oficial de titorías.
2. No caso de alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación e asistencia. As titorías poderán levarse a cabo de maneira virtual (Skype ou correo electrónico). O material de traballo facilitado na clase incorporarase a plataforma virtual da materia (Moodle) |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 B1 B2 B3 B5 B7 B9 B13 B14 B15 B17 B18 B19 C4 C5 C6 C7 |
Consistirán no deseño dunha técnica de investigación cualitativa, a súa posta en práctica e a análise e interpretación dos resultados do material empírico obtido. |
80 |
Presentación oral |
A1 A3 B1 B2 B3 B5 B9 B13 B14 B15 B17 B22 C1 C6 C7 |
Presentación oral e discusión do traballo tutelado de investigación na aula. |
20 |
|
Observacións avaliación |
- A avaliación do alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será igual que a do alumnado con dedicación completa. A presentación oral do traballo tutelado poderá desenvolverse no horario oficial de titorías de maneira presencial ou virtual.
- Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que os propostos para a 1ª convocatoria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Conde Gutiérrez del Alamo, F. (2009). Análisis sociológico del sistema de discursos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Murillo, S. (2006). Detectives y camaleones: el grupo de discusión. Una propuesta para la investigación cualitativa. Madrid: Talasa.
Gutiérrez, J. (2008). Dinámica del grupo de discusión. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
van Dijk, T.A. (2009). Discurso y poder. Barcelona: Gedisa.
García Ferrando, M., Ibáñez, J., & Alvira Martín, F. (1986). El análisis de la realidad social. Métodos y tecnicas de investigación. Madrid: Alianza.
King, G., Verba, S., & Keohane, R. O. (2000). El diseño de la investigación social. La inferencia científica en los estudios cualitativos. Madrid: Alianza.
Krueger, R. (1991). El grupo de discusión. Guía práctica para la investigación aplicada. Madrid: Pirámide.
Lozares, C, Martín, A. López, P. (1998). El tratamiento multiestratégico en la investigación sociológica. Papers, 55, 27-43.
Alonso, L.R. (1988). Entre el pragmatismo y el pansemiologismo. Notas sobre los usos (y abusos) del enfoque cualitativo en Sociología. REIS, 45, 157-173.
Borrás, V. López, P. y Lozares, C. (1999). La articulación entre lo cuantitativo y lo cualitativo: de las grandes encuentas a la recogida de datos intensiva. QÜESTIIÓ, Quaderns d’Estadística i Investigació Operativa, 23 (3), Segona època, 525-541.
Kvale, S. (2011). Las entrevistas en investigación cualitativa. Madrid: Morata.
Ibáñez, J. (1992). Más allá de la sociología: El grupo de discusión: Teoría y crítica (3ª ed.). Madrid: Siglo XXI.
Sarabia, B (1997). Metodología cualitativa en España. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
Corbetta, P., & Fraile Maldonado, M. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill.
Delgado, J.M y Gutiérrez, J (coord) (1994). Métodos y técnicas cualitativas de investigación en Ciencias Sociales. Madrid: Síntesis.
Jorge Sierra, E. (2003). Nuevos elementos para la reflexión metodológica en sociología. Del debate cuantitativo/cualitativo al dato complejo. Papers, 70, 57-81.
Alonso, L.R. (1994). Sujeto y discurso: el lugar de la entrevista abierta en las prácticas de sociología cualitativa (pp. 225-240). En J.M. Delgado y J. Gutiérrez (coord). Métodos y técnicas cualititativas de investigación en CC.SS.
Valles Martínez, M. (1997 (2003 reimp.)). Técnicas cualitativas de investigación social: reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis.
Trinidad., A. Carrero,V y Soriano, R (2006). Teoría fundamentada "grounded theory" : la construcción de la teoría a través del análisis interpretacional. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
William, E. (2007). The case study handbook: how to read, discuss, and write persuasively about cases. Boston, Mass.: Harvard Business School Press.
Denzin, N. K., & Lincoln, Y. S. (2011). The Sage handbook of qualitative research (4th ed.).. Thousand Oaks: Sage. |
NOTA:
Esta bibliografía é susceptíbel a modificacións a medida que
avanza o curso académico. Realizarase unha selección de títulos da
listaxe final que será de
lectura obrigatoria. |
Bibliografía complementaria
|
Krueger, R. A. (1997). Analyzing & reporting focus group results. London: Sage.
Strauss, A. y Corbin, J. (1990). Basics of Qualitative Research. London: Sage.
Morse, J. (ed) (1994). Critical issues in qualitative research methods. London: Sage.
Coppedge, M. (2012). Democratization and research methods. New York: Cambridge University Press.
Krueger, R. A. (1997). Developing questions for focus groups. London: Sage.
Nagy Hesse-Biber, Patricia Leavy (eds) (2006). Emergent methods in social research. Thousand Oaks, California: Sage
Wertz, F. J. (2011). Five ways of doing qualitative analysis: Phenomenological psychology, grounded theory, discourse analysis, narrative research, and intuitive inquiry. New York: Guilford Press.
Locke, K.D. (2001). Grounded theory in management research. London: Sage.
Goulding, Ch. (2002). Grounded theory: a practical guide for management, business and market researchers. London: Sage.
Silverman, D. (1993). Interpreting qualitative data: methods for analysing talk, text and interaction. London: Sage.
Morgan, D.L. (1997). Planning focus groups. London: Sage.
Creswell, John W (1994). Research design: qualitative and quantitative approaches. Thousand Oaks: Sage.
Morgan, D.L. (1998). The focus group guidebook. London: SAGE. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Deseño de proxectos e traballos de investigación/615525029 | Traballo Final de Mestrado (TFM)/615525031 |
|
Observacións |
Ao ser unha materia de carácter obrigatorio será cursada por todo o alumnado matriculado no mestrado. Os requisitos de acceso son os xerais de admisión no mestrado. |
|