Identifying Data 2016/17
Subject (*) Ambientación sonora e musical Code 616G01028
Study programme
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatoria 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Humanidades
Coordinador
E-mail
Lecturers
Piñeiro Otero, Maria Teresa
E-mail
teresa.pineiro@udc.es
Web
General description Ambientación Sonora y Musical constitúe unha materia de interese para a formación d@s futur@s titulad@s en Comunicación Audiovisual debido á relevancia que adquiere o son tanto no audiovisual convencional como no eido dixital e multimedia.
Esta materia pretende dotar ao alumnado dos coñecementos precisos para analizar os compoñentes do son e as súas posibilidades expresivas; para manexar os códigos sonoros e da música no audiovisual e -máis concretamente- nos diversos xéneros e formatos, así como para abordar o deseño sonoro dunha peza audiovisual.



Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Comunicar mensaxes audiovisuais.
A2 Crear productos audiovisuais.
A3 Xestionar proxetos audiovisuais.
A4 Investigar e analizala comunicación audiovisual.
A7 Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual.
A8 Coñecela tecnoloxía audiovisual.
A9 Coñecelos modelos de xestión.
A10 Coñecelo marco legal e deontolóxico.
A11 Coñecelas metodoloxías de investigación e análise.
A12 Coñecelos principais códigos da mensaxe audiovisual.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro do seu área de estudo)
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe precisas para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma
B7 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro
B8 Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
B9 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C1 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C2 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C3 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C4 Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Comunicar mensaxes audiovisuais A1
A2
A3
A7
A8
A12
B2
C3
C4
Crear productos sonoros A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
B8
C1
Investigar e analizar o componente sonoro da comunicación audiovisual A1
A4
A11
B6
B7
Coñecelos principais códigos sonoros da mensaxe audiovisual A12
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. A11
B3
B4
B5
B8
B9
C2
Traballar de forma colaborativa. B2
B4
B9
C2
Mellorar a capacidade de análise no que se refire aos diferentes compoñentes da linguaxe sonora A7
A11
A12
B8
C2
Mellorar a expresión oral. B6
B7
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. A2
A3
A8
C2

Contents
Topic Sub-topic
1. O son na narración audiovisual.
a. O son e a imaxe no relato audiovisual.
b. Conceptos introductorios.
c. Profesións sonoras.
d. O deseño sonoro.
e. As dimensións do son na narración audiovisual.
f. O sistema de sons.
g. Clasificación do son no audiovisual.
2. A música. a. O discurso musical.
b. Principais compositores e tendencias compositivas.
c. Tipoloxías de música no audiovisual.
d. Funcións da música na narración audiovisual.


3. A voz. a. O código verbal; voz e linguaxe escrita.
b. Tipoloxías de voces.
c. Funcións da voz e a palabra no audiovisual.
4. Os efectos sonoros. a. A construción da paisaxe sonora.
b. Tipoloxía de efectos sonoros.
c. Funcións dos efectos sonoros.
5. O silencio. a. O silencio na narración audiovisual.
b. Capacidades expresivas do silencio.
c. Tipoloxías de silencio.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Workshop A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 16 32 48
Research (Research project) A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 2 16 18
Supervised projects A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 4 24 28
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 24 24 48
 
Personalized attention 8 0 8
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Workshop Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico (en grupo) cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora.
Research (Research project) Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora.
Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) en soporte CD.
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
Supervised projects Creación dun relato (grupo) únicamente a partir de recursos sonoros (Traballo A)
Deseño sonoro en grupo dun fragmento audiovisual (Traballo B)
Guest lecture / keynote speech Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia. Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse as sesións maxistrais para a posta en común destas tarefas e a súa corrección colaborativa.

Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Research (Research project)
Workshop
Supervised projects
Description
O desenvolvemento de cada unha destas actividades contará con atención personalizada tanto na aula como fóra dela, co obxecto de apoiar ou reconducir a planificación ou execución de cada un destes traballos e solventar as dúbidas oportunas.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 No marco das sesións maxistrais desenvolveranse actividades e exercicios prácticos orientados á consolidación dos contidos teóricos.
Estas prácticas teñen un valor global de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e a calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.

Para a avaliación destas actividades e exercicios o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas lectivas da materia (Clases teórico-expositivas e prácticas grupos medianos).
10
Research (Research project) A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio.
Ten unha valoración máxima de 3 puntos.
No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.

ENTREGA: VENRES 17 DE FEBREIRO DE 2017

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos.

Para a avaliación do traballo de investigación o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas lectivas da materia (Clases teórico-expositivas e prácticas grupos medianos).
30
Workshop A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 As prácticas grupales teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.

Para a avaliación das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas lectivas da materia (Clases teórico-expositivas e prácticas grupos medianos).
10
Supervised projects A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 De realización grupal e entrega en soporte CD.
Conta cunha valoración máxima de 4 puntos (1,5+3,5) distribuídos da seguinte maneira:
· até 1,5 punto pola construción dun relato exclusivamente con sons (traballo A)
ENTREGA: 24 DE FEBREIRO 2017.

· até 3,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B)
ENTREGA.INDICARASE EN CADA UN DOS GRUPOS.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.

Para a avaliación dos traballos tutelados o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas lectivas da materia (Clases teórico-expositivas e prácticas grupos medianos) .

50
 
Assessment comments
Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XUÑO o/a estudante deberá:
· Asistir como mínimo ao 80% das horas lectivas da materia (permitiríase un máximo de dúas faltas). Estas horas inclúen a asistencia ás clases teórico-expositivas así como ás prácticas correspondentes en función do grupo mediano asignado.
· Obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo, ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte ou na súa totalidade será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá aprobar o exame na data oficial(cun mínimo de 5 puntos). Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro de Chion, M.(1993). "LA AUDIOVISION: INTRODUCCION A UN ANALISIS CONJUNTO DE LA IMAGEN Y EL SONIDO" Barcelona: Paidós Ibérica.

Este examen constituirá o 100% da nota final.

Para aprobar a materia aqueles/as estudantes que na avaliación continua superen o número de faltas permitido (2 faltas) ou que na nota final queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán presentarse e aprobar a proba teórica na convocatoria oficial de xullo. En calquera caso dito exame constituirá o 100% da nota final.

Sources of information
Basic Labrada, Jerónimo (2009). El sentido del sonido: la expresión sonora en el medio audiovisual. Barcelona: Alba
Beltrán Moner, Rafael (2006). La ambientación musical selección, montaje y sonorización. Madrid:Instituto Oficial de Radio y Televisión
Chion, Michel (1993). La audiovisión. Introducción a un análisis conjunto de la imagen y el sonido. Barcelona: Paidós
Baca, Jesús Ángel (2005). La comunicación sonora. Singularidad y caracterización de los procesos auditivos.. Madrid: Biblioteca Nueva
Rodríguez Bravo, Ángel (1998). La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Barcelona: Paidós
Chion, Michel (1985). La música en el cine. Barcelona: Paidós
Gustems, Josep (coord.) (2013). Música y sonido en los audiovisuales. Comunicación Activa: Universitat de Barcelona
Weis, Elithabeth y Belton, John (1985). The Theory and Practice of Film Sound. Nueva York: Columbia University Press

Ademais destas fontes de referencia a través de Moodle facilitaranse artigos e outro tipo de recursos que faciliten a comprensión da materia, traten en concreto algún exemplo ilustrativo ou permitan afondar nalgún tema de interese.

Complementary Guijarro, T. y Muela, C. (2003). La música, la voz, los efectos y el silencio en la publicidad : la creatividad en la producción de sonido. Madrid: CIE
Fraile Prieto, Teresa (2010). Música de cine en España: señas de identidad en la banda sonora contemporánea. Badajoz: Diputación
Altmant, Rick (2004). Silent film sound. Nueva York: Columbia University Press


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Audio/616G01016
Teoría e práctica da edición e a montaxe/616G01023

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.