Identifying Data 2016/17
Subject (*) Pedagoxía da actividade física e do deporte Code 620G01001
Study programme
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
First FB 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Educación Física e Deportiva
Coordinador
Gonzalez Valeiro, Miguel Angel
E-mail
miguel.gonzalez.valeiro@udc.es
Lecturers
Gonzalez Valeiro, Miguel Angel
Toja Reboredo, Maria Belen
E-mail
miguel.gonzalez.valeiro@udc.es
belen.toja@udc.es
Web
General description Bases conceptuais pedagóxicas. A educación como proceso de comunicación. Introdución aos principais elementos didácticos. Teorías críticas da educación. Introdución ao sistema educativo. Exercicio profesional como servizo e vocación educativa. Fundamentos curriculares para a programación da educación física escolar. O centro escolar, a educación física e a actividade deportiva e recreativa como lugar de educación de valores.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A4 Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas.
A6 Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns.
A7 Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades.
A8 Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.).
A9 Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro.
A10 Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas.
A11 Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física.
A13 Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental.
B3 Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo.
B7 Xestionar a información.
B11 Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma.
B14 Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde.
B15 Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…).
B17 Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte.
B18 Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Analizar criticamente todas as circunstancias e feitos que rodean á educación A7
A8
B3
B4
B7
B11
B15
B18
C1
C3
C4
C7
Abordar reflexivamente as reformas educativas e as súas implicacións no ámbito das actividades físico-deportivas. A6
A8
A10
B14
C1
C3
C4
C7
Comprender as bases da educación e os principios da educación física e o deporte para a formación integral das persoas A4
A6
B15
B18
C1
C3
C4
C7
Coñecer e comprender os fundamentos curriculares da educación física formal A6
A8
A9
A10
A11
B3
B14
B15
B17
C1
C3
C4
C7
Comprender e aplicar os principios conductuales no contexto educativo, recreativo, da actividade física e a saúde e do adestramento deportivo A7
A8
A13
B3
B11
B15
C1
C3
C4
C7
Desenvolver actitudes favorables cara á colaboración interdisciplinar e o traballo en equipo. A4
B3
B4
B18
C1
C3
C4
C7

Contents
Topic Sub-topic
Tema 1. Conceptos básicos da Pedagoxía da actividade física e do deporte -A educación
-A Pedagoxía e as Ciencias da Educación
-A Pedagoxía da actividade física e do deporte
-- O centro educativpo e o profesorado como eixo do fomento de estilos de vida activos no alumnado
Tema 2. Teorías críticas da educación e a súa incidencia na escola actua e no contexto da EF e o deporte.
- Ideoloxías, curriculum oculto e a súa implicación na EF e no deporte.
- A teoría da reproducción
- As teorías da producción: corrente comunicvativa
Tema 3. Atención á diversidade e educación en valores na Educación Física e no deporte en idade escolar

- Principios de intervención educativos
-Atención á diversidade individual e social na Educación Física
- Aprendizaxe cooperativo
- Educación en valores
-Valores abordables desde a EF e o deporte en idade escolar
-Experiencias de educación en valores

Tema 4. A Educación física na escola na lexislación actual.

-Introdución aos elementos didácticos
-Lexislación educativa
-Proceso de concreción curricular: desde a lei á aula
Tema 5.- Condicionantes do proceso de ensino-aprendizaxe
- Os estilos de comunicación e os estilos de ensino
- Eficacia no proceso de ensino-aprendizaxe no ámbito da educación formal e non formal
- O profesor de EF
- O alumno ben educado fisicamente

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A4 A9 A10 A13 B7 C1 C3 0 8 8
Online forum A4 A13 B15 B17 C1 C4 C7 0 10 10
Student portfolio A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B3 B4 B7 B11 B14 B15 B18 C1 C3 C4 18 26 44
Guest lecture / keynote speech A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B4 B7 B11 B14 B15 B17 B18 C4 20 20 40
Long answer / essay questions A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 5 20 25
Collaborative learning A7 A8 A9 B4 B7 C3 C1 8 12 20
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Online forum Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dunha contorna virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
Student portfolio É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como Cconferencia o método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Long answer / essay questions Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos outros membros do grupo.

Personalized attention
Methodologies
Student portfolio
Long answer / essay questions
Description
As actividades reflexadas son aquelas que demandan a asistencia do alumno as titorías. Nesta materia contemplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse a indicación do profesorado para revisar actividades que teñana que ver co contido da materia
- Tutorías individualizadas utilizando a plataforma moodle.
- Tutorías personales/grupales no despacho do profesorado.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Online forum A4 A13 B15 B17 C1 C4 C7 Cualificación do Foro (1 puntos): 0,2 por cada intervención 10
Collaborative learning A7 A8 A9 B4 B7 C3 C1 - As actividades avaliables, terán un valor de 0,25, realizándose 8 actividades de este carácter.
-Elaboración dunha proposta/ proxecto baseada no fomento de estilos de vida activos e saudables no contexto do centro educativo
* Terá un valor final de 2 puntos.
* Se realizará por parellas.
* Incorporará avaliación recíproca e autoevaluación.
40
Long answer / essay questions A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 Cualificación da proba de ensaio:
- Ten un valor final de 5 puntos.
- Constará de 2 partes, debendo superar ambas as para considerala definitivamente superada.
- En caso de aprobar manterase a cualificación ata a oportunidade de xullo de cada curso académico.
50
 
Assessment comments

A avaliación ten fundamentalmente un carácter continuo, aínda que tamén conta con avaliación final. 

O único criterio de avaliación excluínte será a asistencia. Quen non asista ao 70% das clases presenciais non terá dereito a avaliación continua. Deste criterio excluirase ao alumnado que teña matrícula parcial, que deberá falar co profesorado da materia para acordar os criterios de asistencia.

O alumnado disporá dunha avaliación final ou unha avaliación continua:

a. AVALIACIÓN FINAL

- Optarán a ela, o alumnado que así o desexe, polo que non elaborarán o portafolio, nin se presentarán ás probas parciais e aqueles que perdan o dereito á avaliación continua. 

- Deberán realizar a proba final na data marcada no calendario oficial de exames. 

- Para superar a materia deberá obter unha puntuación de 7 sobre 10 puntos.

b. AVALIACIÓN CONTINUA

- Deberán elaborar o portafolio, participar nos foros e superar as dúas probas de ensaio.

- Perderán a posibilidade de avaliarse por esta opción, aqueles que:

* Non entreguen a documentación ou partes da mesma nas datas requiridas.

* Non se presenten ás probas de ensaio parciais.

- Instrumentos para a avaliación da materia:

a. Dúas probas de ensaio

-Teñen un valor de 2,5 puntos cada unha.

- A primeira corresponderase cos temas 1 ao 3 e celebrarase unha vez finalizados devanditos temas, a segunda co 4 e 5, coincidirá coa data establecida para o exame final no calendario oficial de exames.

- Se non se supera a primeira proba poderá presentarse a toda a materia na proba final establecida no calendario oficial de exames (sempre que se presentou e non superado á primeira). A non asistencia á proba de ensaio implicará a perdida da avaliación continua.

- En caso de aprobar manterase cada cualificación ata a oportunidade de xullo (inclusive) de cada curso académico.

- Para aprobar a materia deberán superarse as dúas probas.

b. Un portafolio.

- Non ten valor numérico, a súa entrega será requisito imprescindible para optar á avaliación continua.

- Ao final dos temas 1, 2, 3 e 4, o profesorado requirirá a unha parte do alumnado, elixido o azar, a entrega de toda a documentación do portafolio. Ao finalizar o tema 5, o mesmo día da proba de ensaio final, celebrarase unha tutoría grupal, onde todo o alumnado deberá presentar toda a documentación.

- A non entrega total ou parcial da documentación requirida implicará a perda da avaliación continua.

c. Participación reflexiva nos foros virtuais

Cada participación no foro terá un valor máximo de 0,2 puntos. Poderase optar como máximo a alcanzar 1 punto.

d. Actividades avaliables realizadas en clase relativas ao contido de cada tema

As actividades terán un valor de 0,25, realizándose 8 actividades deste carácter.

e. Elaboración dunha proposta/ proxecto baseada no fomento de estilos de vida activos e saudables no contexto do centro educativo

- Terá un valor final de 2 puntos.

- Se realizará por parellas.

- Incorporará avaliación recíproca e autoevaluación.

O alumnado repetidor poderá presentarse ás probas de ensaio parciais ou poderá facelo ao exame final, sempre que superasen o portafolio en convocatorias anteriores.  Manteráselle o valor do 2,5 para o portafolio ao que se sumará as cualificacións que obteña no final ou nas probas parciais.

As probas de ensaio entregaranse en castelán. Se algún alumno desexa recibila en galego, deberá comunicarllo ao profesorado 10 días antes da celebración da mesma


Sources of information
Basic MINISTERIO DE EDUCACION ((2006)). (BOE n. 106 DE 4/5/2006)Ley Orgánica de Educación .
VAZQUEZ GOMEZ, B. Y OTROS ((2001)). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Madrid. Síntesis
UREÑA, F. (Coordinador) (2010). La educación física en secundaria basada en competencias.Proyecto curricular y programación.. Barcelona. Inde
MINISTERIO DE EDUCACIÓN (2013). Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa. BOE nº 295, de 10 de diciembre de 2013.
LLEIXA, T.y OTROS ((2002)). Multiculturalismo y Educación Física. Barcelona. Paidotribo.
XUNTA DE GALlCIA ((2007)). Novos Currículos de Educación Secundaria Obligatoria en la Comunidad Autonoma de Galicia. Santiago: Xunta de Galicia
AYUSTE, A., FLECHA, R., y OTROS ( (1994) ). Planteamientos de la pedagogía crítica. Comunicar y transformar. Barcelona. Graó.

Esta bibliografía básica puede verse modificada a principio de curso por la aparición de nuevas fuentes de documentación que se consideren interesantes para la materia

Complementary PRAT, M. y SOLER, S. ( (2003) ). Actitudes, valores y normas en la educación física y el deporte. Barcelona.Inde.
LLEIXA, T. y SOLER,S. ( (2004)). Actividad física y deporte en las sociedades multiculturales. Barcelona. Horsori.
SIEDENTOP, D. ((1998)). Aprender a enseñar. Barcelona. INDE
PUJOLAS, P. ((2001)). Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en educación obligatoria. Málaga. Aljibe
LOPEZ PASTOR, V., MONJAS,R. Y PEREZ,D. ((2003)). Buscando alternativas a la forma de entender y prácticar la educación física.. Barcelona. Inde.
CARRANZA, M. y MORA, J.M. ((2003)). Educación Física y valores: educando en un mundo complejo.. Barcelona. Graó.
TINNING, R. ( (1990)). Ideology and physical education. Geelong. Deakin University.
SICILIA, A. y FERNÁNDEZ-BALBOA (Coordinadores) ((2005)). La otra cara de la enseñanza. La educación Física desde una perspectiva crítica.. Barcelona. INDE
SANTOS GUERRA, M.A. ((2008)). La pedagogía contra Frankenstein. Y otros textos sobre el desaliento educativo. Barcelona. Graó
CONTRERAS, O. y CUEVAS, R. (coords.) (2011). Las competencias básicas en la educación física.. Barcelona. Inde
PIÉRON, M. ((1999) ). Para una enseñanza eficaz de las actividades físico-deportivas. Barcelona. Inde.
ESCARTÍ, A. (coord.) ((2005)). Responsabilidad personal y social a través de la educación física y el deporte. Barcelona. Graó
IMBERNÓN, F.(coord) ((2005)). Vivencias de maestros y maestras. Compartir desde la práctica educativa. Barcelona. Graó


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011
Socioloxía da actividade física e do deporte/620G01015
Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022
Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01035
Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037
Prácticum/620G01040

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.