Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Proxectos 2 Código 630G02006
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Coordinación
Lopez Bahut, Maria Emma
Correo electrónico
emma.lopez.bahut@udc.es
Profesorado
Casabella López, Juan José
Di Felice Vázquez, Mario Francisco
Iglesia Perez, Manuel de la
Lopez Bahut, Maria Emma
Santos Zas, Gabriel Arturo
Vazquez Diaz, Sonia
Correo electrónico
juan.casabella.lopez@udc.es
m.difelice@udc.es
m.iglesia1@udc.es
emma.lopez.bahut@udc.es
gabriel.santos.zas@udc.es
sonia.vazquez.diaz@udc.es
Web
Descrición xeral En Proxectos 2 se elixe un ámbito xeográfico do territorio galego para o emprazamento e desenvolvemento dos exercicios, en función do interese paisaxístico, cultural e patrimonial do lugar e da pertinencia e adecuación do mesmo cos obxetivosdocentes da materia.

Os traballos do cuadrimestre, emprazados nun mesmo ámbito xeográfico, se ordenan por fases sucesivas e relacionadas entre si.

Un obxetivo primordial da materia é ensinar ó alumno a proxectar a partir do medio físico natural/rural, para o cual terá que desenvolver habilidades e e estratexias específicas.

A metodoloxía se basa en "aprender facendo" nun lugar concreto. Os temas dos dous exercicios cuadrimestrais serán de dificultade crecente. Se trata de fomentar unha progresión na aprendizaxe, coa que o propio alumno se senta estimulado.

O concepto do espazo arquitectónico, a súa expresión formal e a relación co medio físico deben conformar unha parte esencial dos coñecementos adquiridos.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A34 Capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozos e anteproxectos. (T)
A37 Capacidade para elaborar programas funcionais de edificios e espazos urbanos. (T)
A39 Aptitude para suprimir barreiras arquitectónicas. (T)
A50 Coñecemento axeitado dos métodos de estudo dos procesos de simbolización, as funcións prácticas e a ergonomía.
A53 Coñecemento axeitado das tradicións arquitectónicas, urbanísticas e paisaxísticas da cultura occidental, así como dos seus fundamentos técnicos, climáticos, económicos, sociais e ideolóxicos.
A55 Coñecemento axeitado da relación entre os patróns culturais e as responsabilidades sociais do arquitecto.
A56 Coñecemento axeitado das bases da arquitectura vernácula.
A57 Coñecemento axeitado da socioloxía, teoría, economía e historia urbanas.
A63 Elaboración, presentación e defensa ante un Tribunal Universitario dun traballo académico orixinal realizado individualmente relacionado con calquera das disciplinas cursadas.
B1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B6 Coñecer a historia e as teorías da arquitectura, así coma as artes, tecnoloxías e ciencias humanas relacionadas con esta
B10 Coñecer os problemas físicos, as distintas tecnoloxías e a función dos edificios de xeito que se dote a estes de condicións internas de comodidade e protección dos factores climáticos, no marco do desenvolvemento sostible
B12 Comprender as relacións entre as persoas e os edificios e entre estes e o seu entorno, así como a necesidade de relacionar os edificios e os espazos situados entre eles en función das necesidades e da escala humana
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para o aprendizaxe ao longo da súa vida
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O resultado da aprendizaxe da materia é o coñecemento esencial e específico do título de Grado: a capacidade para a concepción, a práctica e desenvolvemento de proxectos básicos e de execución, esbozo e anteproxectos A34
A37
A39
A50
A53
A55
A56
A57
A63
B1
B2
B3
B6
B10
B12
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1_COMPRENDER/COÑECER UN LUGAR DE GALICIA
Entende-lo territorio contextualmente como un soporte complexo de realidades naturais e antropolóxicas.
1.1. Coñecemento presencial do lugar designado.
-Identidade do lugar.

1.2. Análise do espazo dende diferentes perspectivas: xeográfica, paisaxística, cultural e histórica.
-Recursos e métodos

1.3. Síntese persoal do lugar.
2_APREHENDER UN LUGAR.
Relacións entre o lugar e a arquitectura.
Ámbito natural Medio natural/unidade de paisaxe,
Medio natural/ medio artificial do núcleo rural
2.1. As preexistencias.

2.2. A escala como recurso
-Noción de escala do medio natural.

2.3. Espazo comunitario e espazo privado
Categorías espaciais.
3_ PROXECTAR O LUGAR
A ocupación e vivencia dun espazo de carácter natural-rural
3.1. Obxectivos
-Desenrolo de elementos propios del ámbito natural-rural
-Condicionantes de relación: preexistencias naturais/artificiais, paisaxe, estruturas do lugar (topografía, clima, escala, materialidade-tectónica, viarios, etc.)

3.2. Espazo arquitectónico exterior-interior
- Tramas, texturas, límites, proporcións, ritmos, formas, escala, percepción háptica, luz

3.3.Cometidos
-O espazo como medio social
-O espazo como medio funcional
4_ PROCESOS
Desenrolo dun sistema de ferramentas para o proxecto arquitectónico.
4.1. Elaboración do proxecto a través de bosquexos, esquemas, planos, maquetas.
-Ideación como articulación.
-Formalización como concreción.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A34 A37 A53 A55 A56 A57 B3 B12 C4 1 0 1
Sesión maxistral A34 A37 A39 A50 A55 A56 A57 B6 B10 B12 C8 10 0 10
Proba obxectiva A34 A37 C1 C3 4 0 4
Discusión dirixida A34 A37 C1 C6 1 0 1
Saídas de campo A34 A37 A55 A56 A57 B12 C4 C8 4 0 4
Proba de resposta múltiple A34 A37 B6 1 0 1
Obradoiro A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 38 79 117
Análise de fontes documentais A34 A37 A53 A55 A56 A57 B6 0 5 5
Lecturas A34 A37 B1 B2 B3 B6 0 5 5
Esquemas A34 A37 A53 A55 A56 B6 0 2 2
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos e metodoloxías da materia. Introdución sobre o lugar no que se vai traballar, expoñendo os proxectos que se desenvolverán nel ao longo do cuadrimestre.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos teóricos da materia, co obxectivo de facilitar ao alumno o desenvolvemento do traballo específico do Obradoiro
Proba obxectiva Desenrolo, en segunda oportunidade, na aula, dunha práctica que demostre de forma sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno arredor dos temas e lugares tratados no desenrolo dos exercicios do curso.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por el profesor.
Saídas de campo Visita ao lugar onde se desenvolverán os traballos do cuadrimestre. O obxectivo é a observación directa e sistemática do lugar, recollendo información, toma de datos, bosquexos, análise, etc.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva sobre os temas tratados nas Clases Maxistrais.
Obradoiro O Obradoiro é a modalidade formativa básica da asignatura Proxectos 2. Está orientado á aplicación de aprendizaxes nos que se poden combinar diversas metodoloxías (prácticas individuais e/o en grupo, exposición dos traballos e prácticas realizadas, debates y comentarios, así como docencia individualizada). A través do Obradoiro, o alumno desenrolará os proxectos propostos, co apoio e supervisión do profesorado. O Obradoiro vaise desenvolver en pequenos grupos de alumnos.
Realizaranse exposicións orais complementarias para introducir os temas teóricos correspondentes a cada fase do exercicio en curso, que permitirán ao alumno enfrontarse coa materia y desenrolar os traballos e prácticas do Obradoiro.
Análise de fontes documentais Constituirán parte do Portafolio do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos.
Lecturas Constituirán parte do Portafolio do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos.
Esquemas Constituirán parte do Portafolio do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno vai elaborando a partir das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntes vinculados aos lugares de traballo e ao desenrolo de a cada un dos exercicios propostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Análise de fontes documentais
Esquemas
Lecturas
Descrición
O profesor responsable do Obradoiro simultaneará o seguimento colectivo do grupo co de cada alumno, garantizando a evolución do proceso proxectual individual.
Esta atención personalizada estenderase á docencia parcialmente compartida que en Proxectos 2 se levará a cabo cos profesores de Análise Arquitectónico 1, que se sumarán á tutela do grupo tanto de forma colectiva como individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A34 A37 C1 C3
Para superar a materia en primeira oportunidade é necesario cumprir o seguintes tres requisitos:

1_Asistencia do 80 % das clases das materias.

2_Ter todos os traballos do curso presentados en data de entrega e cun contido propositivo e completo, acorde o cronograma da materia.

3_ Exame primeira oportunidade. Consistirá nunha práctica que demostre de maneira sintética as habilidades e competencias adquiridas polo alumno ao redor dos temas tratados ao longo dos exercicios do curso.

A valoración final do curso realizarase con arranxo ás seguintes porcentaxes:
-80% corresponde ao traballo desenvolvido durante o cuadrimestre.
-20% corresponde á proba obxectiva.

Non admitiranse ampliacións do traballo entre primeira e segunda oportunidade.

Se non se cumpre un dos tres requisitos antes apuntados, a cualificación será de “Non presentado”. Neste caso, a segunda oportunidade manterá esta cualificación ao non cumprir a condición de avaliación continua.
0
Obradoiro A34 A37 A39 A50 A53 A55 A56 A57 A63 B1 B2 B3 B6 B10 B12 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Proxectos 2 impartiráse no Obradoiro ao longo de aproximadamente 30 encontros, dos cales 15 son de docencia compartida. Calificaráse a través dunha avaliación continua onde o alumno desenrolará un traballo constante, con resultados parciais que mostren unha progresión ascendente. É requisito imprescindible, ademais da calidade e a progresión ascendente do traballo de curso, teren entregados todo los exercicios nos prazos e forma indicados na materia e acreditar unha asistencia mínima, tanto ao obradoiro coma á docencia compartida, do 80% en cada unha delas.

O traballo persoal do alumno calificaráse a través de dous exercicios desenrolados durante o cadrimestre, realizados no Obradoiro.

Terá a condición de non presentado o alumno que se atope nalgunha das seguintes circunstancias:
-non cumprir a asistencia esixida
-entregar traballos carentes de contido propositivo e incompletos.

Non se permitirá completar ou modificar os traballos da materia carentes del desenvolvemento suficiente fora da data de entrega.
85
Análise de fontes documentais A34 A37 A53 A55 A56 A57 B6 Portafolios do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno ten elaborado a partires das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos vencellados a os lugares de traballo e ao desenrolo de cada un dos exercicios propostos.
Esta metodoloxía será de obrigado cumprimento para a valoración do Obradoiro de Proxectos.
5
Esquemas A34 A37 A53 A55 A56 B6 Portafolios do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno ten elaborado a partires das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos vencellados a os lugares de traballo e ao desenrolo de cada un dos exercicios propostos.
Esta metodoloxía será de obrigado cumprimento para a valoración do Obradoiro de Proxectos.
5
Lecturas A34 A37 B1 B2 B3 B6 Portafolios do alumno: Constitúe a recopilación de datos que o alumno ten elaborado a partires das sesións teóricas e as reflexións persoais relativas ao proxecto arquitectónico: datos gráficos, imaxes, debuxos, referencias bibliográficas e apuntamentos vencellados a os lugares de traballo e ao desenrolo de cada un dos exercicios propostos.
Esta metodoloxía será de obrigado cumprimento para a valoración do Obradoiro de Proxectos.
5
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica GAUSA, M., GUALLART, V., MÚLLER, W.M (). (). Diccionario Metapolis de Arquitectura Avanzada. Barcelona, Actar
DE LLANO, P. (). Arquitectura popular en Galicia:Razón e construcción. COAG
MUNTAÑOLA Th., J. (). Arquitectura y contexto. eD UPC
ARNHEIM, R. (). Arte y percepción visual. Gustavo Gili
MONEO, Rafael (). Comentarios sobre los dibujos de 20 arquitectos actuales. ETSAB
DESPLAZES, A. (). Construir la Arquitectura. .
KANDINSKY, Wassily (). Cursos de la Bauhaus. Alianza Forma
McHARG, I. (). Design with nature. Doubleday
ALEXANDER, Ch. (). El lenguaje de patrones. Ed. G. Gili.
NORBERG-SCHULZ, Ch. (). Espacio existencial-espacio arquitectónico. Gustavo Gili
LENAGHAN, P. (). Fotografías de Ruth Matilda anderson en Galicia. Fund. Caixa Galicia
HERTZBERGER, H. (). Lessons for students in architecture. 010 Publishers
PALLASMA, J., (). Los ojos de la piel. La arquitectura y los sentidos. Barcelona, Gustavo Gili
ABALOS, I. (). Naturaleza y artificio. Barcelona, Gustavo Gili
OTERO PEDRAYO, R. (). Paisaxe e cultura.. Vigo, Ed. Galaxia
KLEE, Paul (). Pedagogical sketchbook. N.Y., Praeger Pu
ZEVI, Bruno (). Saber ver la arquitectura. Poseidón

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeometría Descritiva/630G02003
Debuxo de Arquitectura/630G02002
Análise de Formas Arquitectónicas/630G02007
Proxectos 1/630G02001
Xeometría da Forma Arquitectónica/630G02014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise Arquitectónico 1/630G02012

Materias que continúan o temario
Proxectos 3/630G02011

Observacións

Condicións específicas relativas á mobilidade para alumnos saíntes e entrantes.

Dado que o curso de Proxectos 2 persigue unha evaluación continua para todos os alumnos inclusive aqueles que se atopen en mobilidade, saínte ou entrante, rexerán as mesmas condicións de evaluación para todo alumnado sen perxuicio de que se preste atención específica ao alumnado entrante por causa lingüística ou diferenzas manifestas entre a escola de orixe e destino.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías