Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
CE1 - Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios. |
A2 |
CE2 - Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo). |
A3 |
CE3 - Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas. |
A4 |
CE4 - Comprender a estrutura de linguas estranxeiras e desenvolver un vocabulario, Comprender, ler, falar e escribir nunha lingua estranxeira. |
A5 |
CE5 - Comprender a tecnoloxía nova e existente e o seu impacto para os novos/futuros mercados. |
A6 |
CE6 - Comprender os principios da enxeñaría e vinculalos co coñecemento empresarial. |
A8 |
CE8 - Comprender os principios da psicoloxía, identificar as implicacións para a organización empresarial. |
A9 |
CE9 - Comprender os principio éticos, identificar as implicacións para as organizacións empresariais, deseño de escenarios. |
A11 |
CE11 - Definir criterios de acordo de cómo unha empresa é definida e vincular os resultados coa análise do entorno para identificar perspectivas. |
A12 |
CE12 - Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A21 |
CE21 - Identificar e utilizar as ferramentas adecuadas de matemáticas e estatística. |
B1 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
CG1 - Que os estudantes formados sexan profesionais versátiles, capacitados tanto de iniciar o seu propio negocio como de desempeñar labores de deseño, planificación, organización, xestión, asesoramento e avaliación nas áreas e departamentos contables, financeiros e fiscais de organizacións empresariais, con especial referencia ás pequenas e medianas empresas. |
B7 |
CG2 - Que os estudantes posúan unha elevada capacitación metodolóxica de xestión e tratamento da información que lles proporcione vantaxes competitivas, non só no seu labor profesional, senón nunha sociedade global en permanente transformación. Para iso, o Grao debe estar dotado dun axeitado nivel de interdisciplinariedade, transversalidad e integración nas súas materias. |
B8 |
CG3 - Que os estudantes presten especial atención aos cambios que, tanto en conceptos, coma en metodoloxía ou en aplicacións, implican no mundo empresarial as novas tecnoloxías da información e as comunicacións. Así mesmo deben poder obter e actualizar os coñecementos específicos que teñan como base a aparición de novas leis e regulamentos que afecten ao mundo fiscal, financeiro ou contable. |
B9 |
CG4 - Que os estudantes integren a aprendizaxe na súa vida e no seu labor profesional, a través da metodoloxía de ensino que lles achega o Grao, o cal lles proporciona unha formación básica xeral que servirá como puntal para a formación continua ao longo da vida. |
B10 |
CG5 - Que os estudantes teñan unha perspectiva integral e destreza no manexo dos conceptos, técnicas e ferramentas empregados en cada unha das diferentes áreas funcionáis, con especial referencia ás contables, financeiras e fiscais da empresa; así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización. Todo iso tendo en conta os principios de sustentabilidade e responsabilidade social das mesmas. |
B11 |
CG6 - Que os estudantes saiban identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, realizar asesoramento fiscal e contable, control orzamentario, xestión de tesouraría, auditorías de contas e temas concursais (suspensións de pagamentos e quebras), tomar decisións en condicións de incerteza e avaliar resultados. |
B12 |
CG7 - Que os estudantes sexan capaces de liderar proxectos nas áreas de valoración da empresa, de dirección estratéxica e financeira; deben poder entender a información contable das empresas co fin de obter conclusións e realizar predicións tanto sobre rendementos coma sobre riscos futuros. |
B13 |
CG8 - Que os estudantes identifiquen os requisitos legais da información financeira aos que a empresa debe enfrontarse. |
B14 |
CG9 - Que os estudantes manifesten respecto aos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, o respecto e a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. |
C1 |
CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
CT2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
CT6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
CT7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. |
A1 A4
|
B1 B2 B4 B9
|
C1 C2 C7
|
Especificar e estimar modelos sinxelos para a análise cuantitativa das relacións entre as variables económicas e utilizalos para o contraste de hipótese e a predición co obxectivo de fundamentar a toma de decisións. |
A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 A11 A12 A21
|
B3 B5 B6 B10 B11
|
C1 C2 C4 C5 C7 C8
|
Utilizar as rutinas de cálculo necesarias para resolver os problemas empíricos en economía a través do software adecuado. |
A1 A2 A4 A5 A6 A21
|
B7 B8 B12
|
C2 C3 C4 C6 C7 C8
|
Analizar desde un punto de vista crítico os resultados da aplicación das técnicas. |
A1 A2 A5 A6 A8 A9 A11 A21
|
B13 B14
|
C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Econometría e modelos econométricos. |
1.1. Concepto de econometría. Método.
1.2. Modelos econométricos. Elementos e clases. |
2. O modelo de regresión lineal clásico. |
2.1. Hipóteses básicas.
2.2. Estimación dos parámetros.
2.3. Propiedades dos estimadores.
2.4. Bondade do axuste. |
3. Inferencia no modelo clásico. |
3.1. Hipótese de normalidade.
3.2. Distribucións de probabilidade dos estimadores.
3.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
3.4. Estimación por intervalo.
3.5. Estimación máximo-verosímil. |
4. Predición no modelo clásico. |
4.1. A predición. Concepto e clases.
4.2. Predición óptima no modelo clásico.
4.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
4.4. A estabilidade paramétrica no período de predición. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A3 B1 C7 |
1.5 |
0 |
1.5 |
Sesión maxistral |
A6 A8 A9 A11 A12 A21 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B13 C5 C7 C8 |
17 |
25.5 |
42.5 |
Obradoiro |
A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 |
25 |
50 |
75 |
Proba obxectiva |
A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 |
2 |
10 |
12 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A4 A5 A6 A8 A11 A12 A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
4 |
10 |
14 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Consisten na presentación da materia suxerindo a revisión dalgúns conceptos correspondentes a asignaturas que xa se teñen cursado. Tamén se expoñen detalladamente os resultados da aprendizaxe, as actividades coas que se pretende acadalos e os criterios para a avaliación. |
Sesión maxistral |
Baséanse na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores, aínda que deben contar coa participación activa dos alumnos. A exposición complementase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos. |
Obradoiro |
Son sesións interactivas nas que se realizan aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas, que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia, e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos. |
Proba obxectiva |
E unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe. |
Prácticas a través de TIC |
Son sesións interactivas repartidas ao longo do cuadrimestre para a aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Proba obxectiva |
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que teñan ao longo do curso. As prácticas a través de TIC, os talleres e as titorías son ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual. . |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 |
Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computan na avaliación un máximo de 3 puntos sobre 10. |
30 |
Proba obxectiva |
A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 |
A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. |
70 |
|
Observacións avaliación |
1) Para superar a materia han de obterse polo menos 5 puntos, cun mínimo de 2.5 na proba obxectiva. 2) O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en todas e cada unha das oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica. 3) Os alumnos con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación. 4) A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total. 5) Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias). |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
CARRASCAL, U., GONZÁLEZ, Y., RODRÍGUEZ, B. (2001). Análisis econométrico con Eviews. Madrid: RA - MA.
GUISÁN, M.C. (1997). Econometría. Madrid: McGraw - Hill.
MARTÍN, G.; LABEAGA, J.M.; MOCHÓN, F. (1997). Introducción a la Econometría. Madrid: Prentice - Hall.
ARRANZ, M.; LODEIRO, M.J.; RAMIL, M. (2004). Introducción a la Econometría. Notas, Ejercicios y Aplicaciones. A Coruña: NINO, Centro de Impresión Digital.
RAMIL, M.; REY, C.; LODEIRO, M.; ARRANZ, M. (2012). Introducción a la econometría. Teoría y práctica. A Coruña: Reprografía Noroeste, S. L. |
|
Bibliografía complementaria
|
GUJARATI, D.; PORTER, D. (2010). Econometría, 5ª edición. Méjico: McGraw - Hill.
MADDALA, G.S. (1996). Introducción a la Econometría, 2ª edición. Méjico: Prentice - Hall. |
A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos nos que foron aplicadas para resolver
problemas reais da economía, tales como os que poden atoparse en acceso
libre en http://www.us.es/economet.
Utilizaranse, ademais, outros libros de texto, distintas fontes de datos
e material dispoñible na rede, que se detallarán ao longo do curso. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Principios de Microeconomía/650G01002 | Matemáticas I/650G01004 | Estatística I/650G01009 | Matemáticas II/650G01010 | Macroeconomía/650G01015 | Estatística II/650G01018 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para cursar esta materia requírense coñecementos previos de teoría
económica xeral (micro e macroeconomía), estatística (descritiva e
teórica) e matemáticas (álxebra e cálculo). Ademais, dado que as
aplicacións econométricas impoñen a utilización de datos, é importante
coñecer a estrutura e o contido das principais fontes de información
estatística. Recoméndase aos alumnos revisar os materiais das asignaturas nas que se lles teñan impartido estes contidos antes ou ao
inicio do curso. |
|