Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións Código 652512205
Titulación
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Profesorado
Perea Vega, Gustavo Ariel
Correo electrónico
gustavo.perea@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia contribuirá a que o alumnado alcancen as competencias establecidas nesta guía docente

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Deseñar, analizar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos.
A8 Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa.
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Capacidade de resolución de problemas
B3 Habilidades para localizar e analizar información de fontes diversas
B7 Capacidade para elaborar e defender un discurso ante diferentes audiencias
B8 Traballo colaborativo
B10 Traballo autónomo
B12 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B13 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B14 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B15 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B16 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B17 Comunicar as conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B18 Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C6 Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Deseña, analiza, selecciona e aplica técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación. AP5
BM1
BM2
BM3
BM8
BM10
BM12
BM13
BM14
BM16
BM18
CM3
CM6
CM7
CM8
Redacta, presenta e defende proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos e outros documentos que contribúen a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa AP8
BM1
BM2
BM7
BM8
BM10
BM15
BM17
BM18
CM3
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A recollida de información. Aspectos previos
Incorporación da perspectiva de xénero
2. A recollida de información. Técnicas
Incorporación da perspectiva de xénero
3. Análise e interpretación de datos. Programas
4. Redacción e presentación dos datos Estilos
Incorporación da perspectiva de xénero

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A8 A5 B1 B2 B3 B7 B10 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 C3 C6 C8 12 15 27
Aprendizaxe colaborativa B8 C6 C7 C8 4 8 12
Proba mixta A5 A8 B1 B2 B7 B10 B12 B14 B15 B17 B18 1.5 6 7.5
Presentación oral A8 B1 B2 B7 B14 B15 B17 2 6 8
Sesión maxistral A5 A8 B12 B13 B14 C6 C7 C8 6 16 22
Portafolios do alumno A5 A8 B1 B2 B3 B10 B12 B13 B14 B15 B17 C3 C6 C7 C8 0 10 10
Prácticas a través de TIC B1 B3 C3 C6 C8 6 10 16
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución de problemas plantexados na aula
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos pequenos
Proba mixta Proba individual de avaliación de coñecementos
Presentación oral Exposición de informes e conclusións
Sesión maxistral Explicación e contextualización da materia
Portafolios do alumno Recopilación dos traballos realizados na aula e reflexión final
Prácticas a través de TIC Prácticas con programas de ordenador

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Aprendizaxe colaborativa
Proba mixta
Sesión maxistral
Presentación oral
Descrición
Na atención personalizada se dará resposta as dúbidas plantexadas polo alumnado. Está vinculada, principalmente á resolución dos problemas plantexados na aula e polas metodoloxías empregadas. A súa finalidade e facer un seguimento do traballo do alumnado e proporcionar as orientacións necesarias para a súa realización, poñendo en xogo unha avaliación procesual e formativa.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A8 B1 B2 B3 B10 B12 B13 B14 B15 B17 C3 C6 C7 C8 Recopilación dos traballos realizados na aula e reflexión final sobre as aprendizaxes da materia 50
Proba mixta A5 A8 B1 B2 B7 B10 B12 B14 B15 B17 B18 Proba escrita de síntese das aprendizaxes adquiridas na aula 40
Presentación oral A8 B1 B2 B7 B14 B15 B17 Presentación oral dos traballos realizados na aula 10
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA

  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

  • A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación:
  • Portafolio do alumnado (5 puntos)
  • Proba mixta (4 puntos)
  • Presentación oral (1 punto)
  • Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
  • O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en qué seguir formándome)
  • Relación/vinculación coas distintas materias do mestrado.
  • Aplicación dos contidos da materia na elaboración do TFM
  • Achegas da materia para a observación e análise durante o Practicum
  • Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar

FALTA DEINTEGRIDADE ACADÉMICA: Ausencia decitación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse. O uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS ERECLAMACIÓNS

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf


Fontes de información
Bibliografía básica RUBIO, MJ. y VARAS, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social. Madrid: CCS
GRIMA, P. (2011). La certeza absoluta y otras ficciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA

A medida que avance a materia irase referenciando bibliografía específica sobre a temática tratada.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías