Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Elaborar plans estratéxicos a nivel directivo e operativo para asegurar o incremento da calidade nas organizacións ou institucións educativas. |
A5 |
Deseñar, analizar, seleccionar e aplicar técnicas e instrumentos de recollida e análise da información para desenvolver procesos de avaliación de programas, servizos, estratexias e recursos de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
A6 |
Desenvolver proxectos educativos de centro e/ou propostas pedagóxicas innovadoras baseadas na xustiza, a democracia e a diversidade. |
A8 |
Redactar, presentar e defender proxectos de investigación e informes, memorias, regulamentos, así como outros documentos básicos que contribúan a organizar a acción escolar e/ou socioeducativa. |
A9 |
Capacidade para desenvolver procedementos e metodoloxías que potencien a interdependencia e unha comunicación fluída entre diferentes axentes educativos e culturais tanto a nivel interno como co social más amplo. |
A11 |
Capacidade para fomentar e liderar a creatividade e innovación nas entidades e institucións promovendo proxectos orientados ao cambio de culturas profesionais. |
B2 |
Capacidade de resolución de problemas |
B8 |
Traballo colaborativo |
B11 |
Capacidade de organización e planificación |
B12 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. |
B13 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B14 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B15 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades. |
B16 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
C2 |
Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos mais amplos (ou multidisciplinais) relacionados coas súas áreas de estudo. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Capacidade de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclua reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos, valorando criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información disponible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais propios do ámbito educativa e socioeducativo |
AP3 AP5
|
|
CM2 CM5
|
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de dirección, xestión e innovación educativa e socioeducativa |
|
|
CM5 CM6
|
Deseñar proxectos e programas e servizos que promovan a participación e o desenvolvemento educativo e comunitario |
AP3 AP5 AP6 AP8 AP9 AP11
|
|
|
Deseñar e implementar programas de avaliación que permitan concretar accións de mellora para os programas, proxectos e servizos nos diferentes ámbitos de dirección e xestión |
|
BM2 BM8 BM11 BM12 BM13 BM14 BM15 BM16
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados coa dirección, xestión e innovación de institucións escolares e socioeducativas e os labores inherentes a eles. |
1-Planificación estratéxica e cultura participativa
2-Metodoloxías participativas da análise da realidade
3-Formulación e avaliación do plan estratéxico
4-Orientacións para a realización da memoria de prácticas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Saídas de campo |
A3 A5 A6 A8 A9 A11 B2 B8 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C2 C5 C6 |
75 |
0 |
75 |
Análise de fontes documentais |
A8 B12 |
0 |
10 |
10 |
Seminario |
A9 A11 B2 B11 |
10 |
0 |
10 |
Portafolios do alumno |
A5 A6 B13 B14 B15 B16 |
0 |
45 |
45 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Saídas de campo |
Constitúen as prácticas pedagóxicas: 150 horas de permanencia na institución escolar e socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de dirección e xestión propia institución. |
Análise de fontes documentais |
Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución do ámbito escolar e socioeducativo. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento dos centros, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum |
Seminario |
1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2.Selección de institución (2 horas).
3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitadose calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
-Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum. |
Portafolios do alumno |
Ver anexos |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Saídas de campo |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum e o plan de traballo. O profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro. Ademais, manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A5 A6 B13 B14 B15 B16 |
Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
-Expresión escrita propia e claridade expositiva
-Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta |
45 |
Saídas de campo |
A3 A5 A6 A8 A9 A11 B2 B8 B11 B12 B13 B14 B15 B16 C2 C5 C6 |
O titor/a da facultade será o único que realizará a avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado nos centros de practicum |
50 |
Seminario |
A9 A11 B2 B11 |
Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Requisitos para superar a materia:
1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas e portafolios.
Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (Xullo): 1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia. 2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo. 3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.
Cualificacións: 1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo. 2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada. 3. Non realizar as prácticas e estando matriculado na materia supón un NP. 4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón obter como máximo a cualificación de 4, que se corresonde con un 10 nas prácticas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cómpre consultar a listaxe das diferentes materias do mestrado segundo o ámbito elixido e de acordo as indicacións do titor/a |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reclicado e evitar imprimir borradores |
|