Os contidos incluidos no traballo deben estar apropiadamente referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran. A presenza de fontes científicas no traballo é un signo de credibilidade que é requisito imprescindíbel para demostrar excelencia académica.
Recoméndase consultar
www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
http://www.ugr.es/~plagio_hum/0401Prevencion.htm
Política antiplaxio:
As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse; o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, na que se indica que “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade".
Recoméndase consultar:
http://www.ugr.es/~plagio_hum/
http://blogbibliotecas.mecd.gob.es/2015/01/22/plagio-academico/
Composición grupo e traballo individual:
Ao longo da realización do traballo e nas diversas convocatorias de avaliación pode haber variacións na composición dos grupos e no número de membros según criterio da profesora. Excepcionalmente pode decidirse a realización individual do traballo
Asistencia:
A asistencia ás sesións presenciais é obligatoria.
Na primeira oportunidade a cualificación final será a media ponderada das notas dos traballos e da proba escrita, debendo obter en ambas partes un aprobado (5). Se o/a alumno/a non alcanza o 80% de asistencia non se avaliará o traballo realizado ao longo do curso e a calificación será de "non presentado".
O alumnado que na primeira oportunidade obtivera unha nota inferior a 5 na proba escrita deberá repetila na segunda. Se non alcanzou a porcentaxe de asistencia esixido deberá realizar un exame práctico. A cualificación final será a media ponderada das notas obtidas, debendo obter en cada parte un aprobado (5).
É obrigatoria a asistencia do/a alumno/a ao 80% das sesións. Se non alcanza dita porcentaxe e non realiza a proba mixta final, a cualificación final na primeira oportunidade será "non presentado".
Se realiza a proba mixta final sen superar o requisito de asistencia, a cualificación final do alumno será "suspenso" cunha nota numérica global resultado de dividir por dous a suma de todas as notas obtidas polo/a alumno/a ao longo do curso, tanto na avaliación continuada do traballo realizado como en dita proba final.
Dispensa académica de exención de asistencia
Aqueles/as alumnos/as que conten coa dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados a través do traballo e proba individual, ao igual que aqueles/as que non cumpran a asistencia do 80% das sesións presenciais. A nota final será a media das cualificacións obtidas en ambas partes, solicitándose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.
Linguaxe non discriminatoria
É obrigatorio o uso dunha linguaxe correcta, respectuosa e inclusiva, evitando termos discriminatorios relativos ao xénero, a etnia, a procedencia social, a diversidade funcional, a orientación sexual, etc. O incumprimento deste requisito traerá consigo consecuencias negativas na nota de ata un punto menos.
Transversalidade de xénero e interculturalidade
Valorarase positivamente o deseño de accións inclusivas en materia de xénero e interculturalidade na proposta de innovación, cando menos cun punto máis.