Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Medio histórico e xeográfico de Galicia e a súa didáctica Código 652G01029
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Profesorado
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está orientada ao traballo experimental, activo e vivencial, de cara a descubrir e comprender o contorno, o medio galego, como un recurso didáctico e como unha fonte versátil de aprendizaxe. Preténdese que o alumnado coñeza, deseñe e experimente con recursos, ferramentas e materiais didácticos.

Ensáiase, de maneira experimental, a metodoloxía de traballo por proxectos. Asi, a materia vana definindo a propia dinámica do curso e os centros de interese do alumnado, polo que se trata dun programa flexible e aberto. O núcleo da materia está formado pola propia metodoloxía experimental na que se fomenta a participación activa, a creatividade e a autonomía.

Realízanse obradoiros, actividades interdisciplinares e saídas culturais.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e comprender o medio cultural de Galicia como espazo dinámico cun importante potencial educador, e como recurso metodolóxico e didáctico de aplicación na Educación Infantil. A23
A26
A37
B1
B3
B11
B12
B15
B20
B24
C4
C7
Deseñar propostas e actividades didácticas, dende unha metodoloxía de traballo por proxectos, sobre o contorno cultural galego axeitados ó ensino infantil. Aprender a construír proxectos dende o coñecemento e as emocións. A33
A36
A39
A40
B1
B4
B5
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B17
B18
C1
C4
C6
C7
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia A37
A40
B5
B6
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Unidade 1: Introdución. - Como pensamos e deseñamos a materia?
- Que obxectivos nos marcamos?
- Cales son os centros de interese?
- De que coñecementos partimos?
- Contidos e metodoloxía: propostas.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia.

Unidade 2. Paisaxes naturais, históricas e culturais. - Que é a paisaxe?
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- As fontes de información e documentación no entorno.
- Como ler e interpretar a paisaxe.
- O clima, o relevo, a auga, a flora e fauna, a poboación de Galicia, etc., para traballar na E. Infantil.
Unidade 3. Os poboadores de Galicia dende a Prehistoria e a súa relación con outras culturas. - Prehistoria e Historia na Educación Infantil?: a curiosidade, a motivación e os centros de interese.
- A Arte e outras manifestacións da comunicación e creatividade.
- Experiencias: traballando a historia na E. Infantil dende as emocións, a creatividade e a flexibilidade.
Unidade 4. Temas monográficos. - Nesta unidade traballaranse cuestións e temas concretos que vaian xurdindo da propia dinámica da aula.
Ensaiarase o traballo por proxectos cunha ou máis temáticas de contidos, recursos e aplicacións didácticas idóneos coa materia.
- Os obradoiros estarán directamente relacionados con estes temas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 C1 1 2 3
Aprendizaxe colaborativa B4 B5 B7 B8 B18 2 7 9
Eventos científicos e/ou divulgativos B6 B8 B15 C7 5 12 17
Saídas de campo A23 A40 B6 C4 6 16 22
Sesión maxistral A37 B3 B20 B24 C6 C8 5 10.5 15.5
Seminario A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 11 30 41
Proba obxectiva A37 A39 B9 B10 B11 1 2 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Periodicamente e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia.
Aprendizaxe colaborativa Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xurdan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora.
Eventos científicos e/ou divulgativos Realizarase algunha actividade tipo conferencia, charla, encontro, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de coñecer as experiencias que se están a realizar na Educación Infantil e actualizar os seus coñecementos, relacionados co ámbito da materia.
Saídas de campo Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
Son a base para a realización de propostas didácticas por parte do alumnado.
Poderanse realizar saídas a exposicións, contornos naturais e encraves de interese cultural.
Sesión maxistral As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema.
Terán unha orientación claramente didáctica e de aplicación das aprendizaxes nas aulas de Infantil.
Seminario Realizaranse traballos en grupo, cun papel decisivo por parte do alumnado no que respecta á participación, discusión, toma de decisións en común, busca de información e documentación, establecemento de metodoloxías, elección de temáticas en relación coa orientación da materia e desenvolvemento dos mesmos. O carácter didáctico será primordial. A profesora guiará esta actividade.
Proba obxectiva Ao ser esta unha materia de marcado carácter experimental, didáctico e de traballo colaborativo, realizarase un exercicio simple para que cada alumna/o responda de maneira individual ás cuestións traballadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
Os seminarios terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A37 A39 B9 B10 B11 Ao tratarse dunha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual da actividade desenvolvida por cada alumna/o.

10
Saídas de campo A23 A40 B6 C4 A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 30
Eventos científicos e/ou divulgativos B6 B8 B15 C7 A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. 10
Seminario A26 A33 A36 A39 B1 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B17 B18 C1 Valorarase a participación e implicación, o criterio, a puntualidade nas entregas, a creatividade e a calidade do traballo. Con ser un traballo de grupo, terase en conta a participación de cada estudante. 50
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación, e dedicación á materia.

Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial non
se aconsella ao alumnado con dispensa académica. Así e todo, o alumnado
que se acolla á dispensa académica, deberá realizar un traballo de curso
individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% cada unha
destas metodoloxías. Para acollerse a esta modalidade, é condición
necesaria asistir a titorías (mínimo 3) para facer un seguimento directo
da construción do traballo de curso.


Fontes de información
Bibliografía básica AA.VV. ((1999)). Atlas histórico de Galicia.. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia.. Lundwerg
AA.VV. ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia.. Vigo: Galaxia
Egan, K. (2010). Learning in Depth.. Chiicago: The University of Chicago Press
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea

Esta é unha bibliografía básica e de orientación.
Segundo avance o curso, iranse proporcionando outras referencias máis específicas sobre didáctica e experiencias en E. Infantil así como outras fontes de información.

Bibliografía complementaria



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Medio social e cultural e a súa didáctica/652G01025

Materias que continúan o temario

Observacións

Trátase dunha materia que se realizará principalmente cunha metodoloxía de participación activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. Así, a asistencia e participación e en todas as actividades desenvolvidas no contexto da materia, son imprescindibles.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías