Identifying Data 2016/17
Subject (*) Relixión, cultura e valores Code 652G01044
Study programme
Grao en Educación Infantil
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Fourth Optativa 4.5
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Didácticas Específicas
Coordinador
López Calvo, Jesús Andrés
E-mail
a.lopez.calvo@udc.es
Lecturers
López Calvo, Jesús Andrés
E-mail
a.lopez.calvo@udc.es
Web
General description A asignatura de RELIXION, CULTURA E VALORES ofrécese como optativa a todos os alumnos do Graos de Infantil, como parte da formación necesaria para a habilitación de profesor de Relixión Católica.
As competencias a que se accede con esta asignatura son: o coñecemento das relixións e do cristianismo en particular, os criterios para comprender os conflitos e problemas interculturais e interrelixiosos e o achegamento académico ás orixes do cristianismo e a relixiosidade popular galega.
Na Facultade de CC. da Educación da UDC ofrécese un Curso específico de Posgrao de Experto en Teoloxía Católica e a súa Didáctica, que concederá os créditos necesarios para a obtención da DECA, Declaración Eclesiástica de Competencia Académica, requisito indispensable para ser profesor de Relixiión Católica en Infantil e Primaria.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A40 Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia. Coñecemento das relixións e a súa interacción na sociedade actual. A37
A40
A45
B18
B20
B24
C4
C7
Coñecemento doutras culturas e doutros costumes. Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. B20
B24
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. A13
B24
C4
Coñecer a tradición oral e o folclore, especialmente no ámbito das tradicións relixiosas populares de Galicia. A45
B24
C7

Contents
Topic Sub-topic
Módulo 1: A materia "Relixión, Cultura, Valores" nunha educación integral.
Módulo 2. O feito relixioso na historia e na estrutura do ser humano.
Módulo 3. O felito relixioso Cristián e Valores.
Módulo 4. Iniciación ao coñecemento da Biblia.
Módulo 5. Manifestacións significativas e influenza do cristianismo no patrimonio cultural galego.
Módulo 1
1.1 Argumentos personalista e culturalista.

Módulo 2
2.2. A presencia do Feito Relixioso na historia da humanidade. 2.3 As grandes relixións históricas.
2.4 A experiencia relixiosa.
2.5 O Feito Relixioso e as súas distintas manifestacións sociais, morais, culturais e artísticas.
2.6 Principais tradicións e crenzas relixiosas presentes na nosa sociedade (Cristianismo, Xudaísmo, Islam).

Módulo 3
3.1 Os valores cívicos e éticos dende a perspectiva relixiosa católica.
3.2 O diálogo intercultural e interrelixioso na construcción da convivencia cidadá.
3.3 O dereito á educación relixiosa e moral de acordo coas propias conviccións.
3.4 A xustiza social na identificación educativa.
3.5 O currículo de Relixión e Moral católicas de 2014 e os seus estándares de aprendizaxe.

Módulo 4
4.1 A Biblia como obra literaria.
4.2 A Biblia como historia.
4.3 A Biblia como norma de acción ou “lei”.
4.4 A Biblia como profecía.
4.5 A Biblia como oración.

Módulo 5
5.1 A romanización e a cristianización de Gallaecia.
5.2 O Monacato.
5.3 O Camiño de Santiago.
5.4 A organización do territorio: a parroquia.
5.5 As romaxes, as peregrinacións e os seus símbolos.
5.6 O feito relixioso na cultura oral e no calendario do ciclo anual.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A13 B24 C4 C7 10 58 68
Objective test A37 B20 1 0 1
Mind mapping A37 A40 A45 B18 B20 43 0 43
 
Personalized attention 0 0 0
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Que requerirá a atención personalizada e que se desenvolverá como momento de traballo presencial co profesor. O xeito e a forma que se desenvolverá indicarase ao longo do curso conforme ao plano de traballo da mesma.
Objective test A través da cal o alumno demostrará a adquisición de coñecementos sobre os contidos da asignatura.
Mind mapping Oferecerán una síntese actualizada dos contidos esencias do programa da materia e axudarán a profundar na importancia e universalidade do feito relixioso nas diferentes culturas.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
Moitas das cuestións relixiosas están hoxe na actualidade e nos medios de comunicación. Cómpre establecer a relación entre os acontecementos e o estudo teórico das súas orixes e evolución. A discusión dirixida implica a participación do alumno e o intercambio de perspectivas e opinións.

Os cuestionarios e comentarios de clase son debatidos e compartidos polos alumnos presentes.

Os traballos tutelados responderán aos intereses do alumno e serán acordados co profesor e terán un seguimento con el por medio de entrevistas persoais. Son un factor de personalización dos temas do curso.

A proba obxectiva ou exame final, deberá ser preparada persoalmente por cada un dos alumnos.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A13 B24 C4 C7 Non serán obligatorios. Serán acordados co profesor que lles fará o correspondente seguimento. Procurarán personaliozar os temas do curso. 70
Objective test A37 B20 Cuestionario sobre o que o alumno demostrará a adquisción de coñecementos sobre os contidos da materia. 30
 
Assessment comments

Para os alumnos que non fagan traballo tutelado as dúas partes da proba mixta sumarán o cen por cen da avaliación final. Para a segunda oportunidade, só haberá a proba escrita.


Sources of information
Basic José Antonio Fernández Martín (2015). Enseñar a aprender Religión. Madrid - CCS
José Antonio Fernández Martin (2014). Fundamentos de la ERE. Madrid - CCS
José Antonio Fernández Martín (2010). Las competencias básicas en la enseñanza religiosa escolar. Madrid - PPC

Complementary Andrés Torres Queiruga (1992). 10 palabras clave en Religión. Estella - Verbo Divino
V. Martín Pindado (1995). El hecho religioso. Datos, estructura, valoración. Madrid - CCS
Xosé Ramón Mariño Ferro (1987). Las romerías, peregrinaciones y sus símbolos. Vigo - xerais
Francesc Torralba Roselló (1998). Pedagogía del sentido. Madrid - PPC
Eugenio Trías (2000). Por qué necesitamos la religión. Barcelona - Plaza y Janés
Carmen Pellicer - Martín Varela - Fernando Cordero (2015). Virtudes olvidadas, valores con futuro. Madrid - San Pablo


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
A asigntura de RELIXIÓN, CULTURA E VALORES require do alumno, non unha explicita simpatía pola fe católica, pero si unha certa familiaridade coa mesma: manexo da Biblia, coñecementos básicos de Relixión Católica adquiridos en Secundaria e Bacharelato. Sen esta disposición e competencias previas non será imposible, pero si moi dificil adquirir os coñecementos e contidos do programa da asignatura.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.