Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A4 |
Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A10 |
Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Realización adecuada das tarefas: neste sentido, enténdese que unha realización adecuada ou correcta inclúe unha entrega puntual dos traballos, e que estes se realizaron a computador. Ademais, cando teñas que redactar o exame final este debe aparece ben estruturado e redactado e sen faltas de ortografía.
|
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A13 A20
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C4 C6 C7 C8
|
Organización adecuada do tempo: que aprendas a distribuír e priorizar tarefas, para non ter que facer as cousas no último minuto, ou ter que expor en clase sen preparar ben o tema. |
|
B1 B6
|
C6
|
Desenvolvemento de habilidades interpersoais: refírome á capacidade de traballar en equipo, que che obrigará a coordinarche cos teus compañeiros, a resolver conflitos, a ceder e negociar. |
|
B3 B5 B6
|
C1
|
Xestión de problemas: sen dúbida terás que solucionar dificultades de diverso tipo, porque quizá non atopes sempre o texto que queres na Biblioteca, e terás que ver como o resolves... |
A20
|
B1 B3
|
C6 C7
|
Desenvolvemento de habilidades lingüísticas: a comunicación e a expresión oral quizais resultarache algo difícil en ocasións, pero é necesario adestrarse... |
|
B6
|
C1 C7
|
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A13 A20
|
B1 B2 B4 B5
|
C4 C6 C8
|
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A1 A3 A5
|
B5
|
|
Identificar e analizar os factores contextuales que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A5 A8 A11 A20
|
B4 B5 B6
|
C4
|
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A6 A9 A13
|
B2 B3 B4 B6
|
C1 C6
|
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos. |
A4 A5 A8 A20
|
B1 B3 B4
|
C4
|
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A6 A9 A10 A11 A13 A20
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6
|
C1 C4 C6 C8
|
Analizar, difundir, xestionar, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural. |
A10 A11 A20
|
B1 B2 B5 B6
|
C1 C4
|
Observar, analizar, interpretar, facilitar e favorecer procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A11 A20
|
B1 B5
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1.- PENSANDO SOCIOLÓXICAMENTE |
1.1.- Por que é necesario estudar humanidades e ciencias sociais?
1.2.- O carácter científico da socioloxía e o seu obxecto de estudo
1.3.- O xurdimento da socioloxía como ciencia
1.4.- As orixes da teoría sociolóxica: Comte e Saint-Simon
|
TEMA 2.- FERRAMENTAS METODOLÓXICAS NO ESTUDO DA SOCIOLOXÍA. O COÑECEMENTO DO MEDIO SOCIAL |
2.1.- A metodoloxía cuantitativa e cualitativa nas Ciencias Sociais
2.2.- As fontes secundarias de información estatística e a enquisa.
2.3.- A observación participante
2.4.- A entrevista en profundidade
2.5.- O grupo de discusión
2.6.- As etapas da investigación social
|
TEMA 3.- OS PARADIGMAS TEÓRICOS DA SOCIOLOXÍA CLÁSICA E A SÚA OPERATIVIDADE NA SOCIOLOXÍA DA EDUCACIÓN |
3.1.- O paradigma funcionalista representado por Émile Durkheim
3.2.- A teoría do conflito e o pensamento de Karl Marx
3.3.- A acción social e a educación en Max Weber
|
TEMA 4.- A SOCIALIZACIÓN |
4.1.- Cultura, sociedade e personalidade
4.2.- O proceso de socialización
4.3.- Os axentes de socialización |
TEMA 5.- ESTRATIFICACIÓN SOCIAL, CLASES SOCIAIS E EXCLUSIÓN SOCIAL |
5.1.- Estratificación social
5.2.- Clases sociais
5.3.- Exclusión social e pobreza
|
TEMA 6.- AS DESIGUALDADES SOCIAIS, O ESTADO DE BENESTAR E AS RESPOSTAS DAS POLÍTICAS PÚBLICAS |
6.1.- As desigualdades sociais
6.2.- O estado do Benestar
|
TEMA 7.- A GLOBALIZACIÓN. INMIGRACIÓN E DIVERSIDADE CULTURAL |
7.1.- A globalización
7.2.- A inmigración e os modelos de integración social
|
TEMA 8.- A CONSTRUCIÓN SOCIAL DO XÉNERO: NON NACÍN MULLER, FÍXENME |
8.1.- A construción social das diferenzas sexuais
8.2.- A división sexual do traballo
8.3.- Espazo privado/público
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A13 A20 B5 B6 C1 C4 C7 C8 |
24 |
40 |
64 |
Lecturas |
A1 A2 A3 A4 B1 B6 C1 C7 |
0 |
20 |
20 |
Traballos tutelados |
A10 A11 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 |
15 |
48 |
63 |
Proba de ensaio |
A1 A2 B1 B5 B6 C1 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
É o método tradicional da docencia no que tanto a iniciativa como o peso principal da actividade recaen sobre o profesor. Expón un perigo importante de provocar actitudes pasivas por parte do alumnado e limitar así a súa capacidade de aprendizaxe. Con todo, unha clase maxistral ben preparada, densa nos contidos e amena na forma, será sempre un instrumento interesante na educación.
Ademais, a clase expositiva, a lección maxistral, non debe ir soa na formulación dunha materia como esta. É necesario complementar este método pedagóxico máis tradicional coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un rol máis activo dos estudantes.
Neste tipo de aulas intentarase promover a participación que nos permita un mínimo feed-back do nivel de comprensión e de asimilación en cada tema e desenvolver en cada sesión auténticos debates sobre temas actuais e concretos relacionados coas cuestións teóricas tratados.
A participación do alumnado neste tipo de aulas é moi imporante e moi valorado.
Con estes requisitos, a clase expositiva, mesmo cun número amplo de alumnos (a asistencia voluntaria sempre limita o número real), pode conseguir, en primeiro lugar, unha transmisión adecuada de coñecementos, preferentemente daqueles que poidan ser máis difíciles de acceder ou de asimilar. En segundo lugar, debe converterse no espazo da síntese, da crítica, da interrelación de ideas e da profundización de coñecementos. En terceiro lugar, na clase deben achegarse orientacións claras para a aplicabilidade dos coñecementos transmitidos e exemplos concretos da práctica social dos mesmos.
|
Lecturas |
Nalgúns temas do programa existen un número determinado de lecturas obrigatorias que permiten a adecuada comprensión da materia. Evitan ademais a copia automática de apuntamentos durante as clases maxistrais, motivando entre o alumnado a atención durante as explicacións. Son unha guía dos contidos da materia.
Ademais, nalgunhas sesións prácticas utilizaranse para dinamizar debates e para saber interpretar resultados cuantitativos e cualitativos.
|
Traballos tutelados |
Hai dous tipos de traballos tutelados, as prácticas realizadas en clase (de forma individual ou grupal) e un traballo de maior extensión, grupal, sobre un tema sociolóxico (e a súa exposición oral).
O traballo grupal está exposto como un traballo de desenvolvemento sobre algún dos temas da materia. Este traballo é a ocasión para relacionar os coñecementos teóricos adquiridos, os argumentos dos manuais e os textos de referencia, cos casos prácticos e co coñecemento das fontes de información relacionadas coa materia. Por iso, os temas do traballo debedes escollelos vós mesmos e deben estar relacionados preferiblemente con algún tema visto na materia e enfocado desde unha perspectiva sociolóxica.
Debe presentarse nun formato científico, tanto no que se refire a forma e tamaño, como en canto á estrutura do texto, a presentación, referencias bibliográficas, etc.
Este tipo de traballo inclúe a asistencia a unha tutoría obrigatoria.
|
Proba de ensaio |
Exame final sobre os contidos da materia explicados nas sesións maxistrais e nos recolleitos nas lecturas obrigatorias. A data é marcada oficialmente pola UDC. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Para a realización dos traballos tutelados contaredes coa miña presenza na aula durante as sesións en grupos medianos e reducidos e, ademais, poderedes programar as tutorías que considereis necesarias (hai unha obrigatoria para preparar o traballo grupal). Tamén estarei dispoñible vía virtual enviándome vosas cuestións por e-mail.
Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán porse en contacto coa profesora. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como a proba de ensaio. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba de ensaio |
A1 A2 B1 B5 B6 C1 |
Exame escrito con preguntas breves e de desenvolvemento. |
40 |
Traballos tutelados |
A10 A11 A20 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 |
Prácticas realizadas en clase e traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica (o 40% da nota depende das prácticas, asistencia e participación e, o 20% restante, do traballo e a súa exposición). |
60 |
|
Observacións avaliación |
Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final. O conxunto de prácticas, tarefas grupales, asistencia e participación suporán o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado. As prácticas que se realizarán ao longo do cuadrimestre terán un contido variado. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como a proba de ensaio. Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se acollan á avaliación continua presencial), deberán porse en contacto coa profesora. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados como a proba de ensaio. Gardaranse as notas prácticas e dos traballos para a segunda convocatoria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MACIONIS, J.J. Y K. PLUMMER (1999). Sociología. Madrid, Prenctice Hall
GIDDENS, A. (2002). Sociología. Madrid, Alianza Editorial
FERNÁNDEZ, F. (2003). Sociología de la Educación. Madrid, Pearson
TABERNER, J. (1997). Teoría Sociológica y Educación. Córdoba, Universidad de Córdoba |
|
Bibliografía complementaria
|
SUBIRATS, M. y TOMÉ, A. (2007). Balones Fuera: reconstruir los espacios de la coeducación. Barcelona, Octaedro.
GARCÍA FERRANDO, M; IBÁÑEZ, J.; ALVIRA, F. (comp.) (2000). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación social. Madrid, Alianza Universidad Textos, 3ª edición revisada
BARLEY, N. (1989). El antropólogo inocente. Barcelona, Anagrama
FEITO, G. (1995). Estructura Social Contemporánea. Las clases sociales en los países industrializados. Madrid, Siglo XXI.
GINER, S. (1988). Historia del pensamiento social. Barcelona, Ariel
FERNÁNDEZ, M. (1996). Inmigración y Etnicidad. Madrid, Centro de Investigación y Documentación Educativa.
SHAW, I. (2003). La evaluación cualitativa. Introducción a los métodos cualitativos. Barcelona, Editorial Paidós Ibérica, S.A.
ALONSO, L.E (1998). La mirada cualitativa en sociología. Fundamentos, Madrid.
BERTAUX, D. (2005). Los relatos de vida. Perspectiva etnosociológica. Barcelona, Bellaterra.
VV.AA. (2008). Metodología de las Ciencias Sociales. Madrid, Editorial Tecnos
CASTELLS, M. y SUBIRATS, M. (2007). Mujeres y hombres: un amor imposible?. Madrid, Alianza.
BAUMAN, Z. y MAY, T. (2007). Pensando sociológicamente. Buenos Aires, Nueva Visión.
GARCÍA FERRANDO, M. (coord.) (1999). Pensar nuestra sociedad. Fundamentos de Sociología. Valencia, Tirant lo Blanch, 4ª edición.
ALONSO, L.E. et al. (2004). Pierre Bourdieu, las herramientas del sociólogo. Madrid, Fundamentos
SUBIRATS, M. y BRULLET, C. (1998). Rosa y Azul. La transmisión de los géneros en la escuela mixta. Madrid, Instituto de la Mujer
GIDDENS, A. (2002). Sociología. Madrid: Alianza Editorial, 4ª edición.
VALLES, M. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid, Síntesis
RITZER, G. (2001). Teoría sociológica clásica. Madrid, McGraw-Hill, 3ª edición.
RITZER, G (2002). Teoría sociológica moderna,. Madrid, McGraw-Hill, 5ª edición.
CARABAÑA, J. (2000). “Títulos contra el paro: ¿protegen los estudios del desempleo?, en SÁEZ, F. (coord.), Formación y empleo: programa de economía familiar. Madrid, Fundación Argentaria |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|