Identifying Data 2016/17
Subject (*) Orientación ocupacional Code 652G03021
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Third Obligatoria 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinador
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Lecturers
Arza Arza, Neves
E-mail
neves.arza@udc.es
Web
General description A orientación ocupacional, tamén chamada orientación laboral e orientación para o emprego, ten como destinatarias ás persoas desempregadas, especialmente as que están nunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social. A súa finalidade é a adquisición e/ou mellora dalgúns dos factores persoais implicados na inserción laboral. A orientación ocupacional vínculase ó desenvolvemento da empregabilidade. A orientación laboral é un dos ámbitos profesionais do/a educador/a social que goza de recoñecemento institucional.





Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos.
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A18 Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B4 Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e a súa situación actual (accións e metodoloxías utilizadas e profesionais que as levan a cabo) A1
A3
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional C7
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral na concepción e praxe da orientación profesional e nos procesos de exclusión laboral. A5
A8
C4
Analizar e deseñar actuacións de orientación ocupacional non sexista e reflexionar sobre o seu papel na consecución da igualdade de oportundiades entre homes e mulleres. A5
A9
B4
C4
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da igualdade de oportunidades. A14
C4
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente B6
C1
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe A2
Analizar e deseñar intervencións para a inserción laboral A6
A9
A18
A21
B1
B6
Coñecer, consultar e valorar recursos para a práctica da orientación ocupacional. A15
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida. A1
C3
Consolidar hábitos de traballo cooperativo e potencia-las habilidades e actitudes sociais necesarias no desenvolvemento profesional B5
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente. C3
C7
Identificar os colectivos con especiais dificultades de inserción, analizar as súas características en relación cos factores de inserción laboral e coas necesidades de formación e orientación e valorar as súas implicacións para a intervención. A2
A8
A20
B4
C4
Identificar e valora-los posibles usos de Internet para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral A15
C3
Explorar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional A1

Contents
Topic Sub-topic
TEMA 1. Mercado laboral e Formación Profesional 4.1. Características do mercado laboral actual
4.2. Mercado laboral e exclusión laboral.
4.3 Terminoloxía específica, finalidades e ordenación da Formación Profesional.
4.3. A acreditación de competencias: finalidade e procedemento.
4.4. Saídas profesionais para os/as educadoras/es sociais na formación profesional inicial e para o emprego.

TEMA 2. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación ocupacional 2.1. Orientación Profesional e Orientación Ocupacional: delimitación conceptual, relacións e aclaracións terminolóxicas
2.2. Factores que interveñen nos procesos de inserción e exclusión laboral.
2.3. Modelos de intervención
2.4. Itinerarios personalizados de inserción e colectivos con especiais dficultade de inserción
3.2. A integración do enfoque de xénero na orientación ocupacional: finalidades e implicacións no deseño de programas e de itinerarios personalizados de inserción.
Tema 3. Áreas de intervención, integración das TICs e recursos para a praxe da OO 3.1. Áreas de intervención: que son e cales son ?

3.3. Internet e web 2.0: ámbitos de utilización na orientación ocupacional
3.4. Recursos para a praxe da orientación ocupacional
Tema 4. Desenvolvemento institucional, situación actual da orientación laboral e perfil profesional dos/as orientadores/as laborais. 1.1. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP
1.2. A orientación nos servizos públicos de emprego, nas accións de formación para o emprego e nos programas e proxectos de inserción sociolaboral. Análise da situación en Galicia e no resto das CCAA.
1.3 Perfil profesional do/a orientador/a laboral
1.4. A inserción laboral como ámbito profesional das/os educadoras/es sociais

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Document analysis A5 A8 B1 C4 3 21 24
Case study A1 A3 6 24 30
Oral presentation B6 C1 1 1 2
Mixed objective/subjective test A2 0 10 10
Simulation A5 A6 A8 A9 A14 A15 A18 A20 A21 B4 B5 C3 12 40 52
Guest lecture / keynote speech A1 A2 C7 21 7 28
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Document analysis As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación.
Case study A actividade de estudo de caso consiste na resolución de retos relacionados coa actividade de simulación e formulados para cada tema.
Oral presentation Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso.
Mixed objective/subjective test Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
Simulation Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento das profesoras. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
Guest lecture / keynote speech O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa.

Personalized attention
Methodologies
Case study
Simulation
Description
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento da actividades de estudo de caso, de simulación e de preparación da presentación oral. Para a actividade de simulación é obrigatoria a asistencia a tres sesións de titoría conxuntas coa materia de Acción socieducativa con minorías e colectivos vulnerables

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A1 A3 A actividade de estudo de caso ´é grupal e consiste na resolución de retos relacionados coa actividade de simulación e formulados para cada tema. 10
Simulation A5 A6 A8 A9 A14 A15 A18 A20 A21 B4 B5 C3 Actividade grupal. Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. 40
Mixed objective/subjective test A2 Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou coa actividade de simulación. 50
 
Assessment comments
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada a cada unha das  actividades que computan na avaliación


Convocatoria de xullo

Na
convocatoría de xullo só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até
10.

 

Avaliación das actividades grupais

As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación individual.

Actividades optativas

Coa realización de actividades optativas poden obterse até   dous puntos.  Para poder realizar estas actividades o alumnado debe de  comunicarllo a profesora as  que quere realizar,  como moi tarde , na última semana de setembro.



Modalidade de  avaliación para  as  persoas que non podan asistir as aulas

As persoas que, por razóns debidamente acreditadas, non asistan   ó 85% das aulas, poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para optar  esta modalidade   hai que contactar,  a máis tardar  o 18 de setembro ou cando se produza a circunstancia que impida a asistencia ás aulas. 
coa profesora para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento. Neste caso,  o alumnado, a maoires das actividades acordadas, ten que realizar un  informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse, o uso
de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo
14.4 da

Normativa académica de avaliacións, cualificacións e
reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de
2013

,  que  establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non
orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación
expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a,
poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas
APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas
que se re-elaboran.

Plaxio

O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Falsificar  unha sinatura

Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro  ausente será  penalizado coa perda de avaliación continua.

Copiar nos exames

O uso  indebido  de información durante os exames tamén  será motivo de suspenso.


Sources of information
Basic (). .
Alastruey. R. (2009). Empleo 2.0.. Barcelona: Editorial UOC
Cobos, A; Gutiérrez_Crespo,E e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de emplo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. . Barcelona: Editorial Grao
Manzano, Nuria (2011). Orientación laboral con jóvenes en riesgo de exclusión social. Madrid: Editorial Sanz y Torres
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Sánchez García, María Fe (2013). Orientación profesional y personal. Madrid: UNED
Sobrado, L. e Cortés, A ( (2009)). Orientación profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva

Para cada tema  recomendárase  bibliografía e webgrafía especificas, diferenciando a   de lectura obrigatoria e a de profundización.

Complementary Sánchez García. María Fe ( 2004). Orientación laboral. Para la diversidad yel cambio. Madrid: Editorial Sanz y Torres


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Subjects that continue the syllabus
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Other comments

A materia optativa Orientación e políticas de emprego  aporta coñecementos  necesarios para traballar no ámbito da inserción laboral:  as  medidas e políticas de emprego, a caracterización do mercado laboral e  o coñecemento do entramado institucional   europeo, estatal e galego con competencias  no ámbito do emprego e da formación. Esta materia ademais de aportar  coñecementos profesionais axuda  a  facer unha lectura comprensiva e crítica sobre  o mercado laboral , sobre as políticas de austeridade que se están aplicando e as súas consecuencias   en termos de inequidad social ou de incremento das desigualdades sociais.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.