Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Métodos de avaliación de programas Código 652G03023
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://www.educacion.udc.es/dptos/fmide/index.php
Descrición xeral Esta materia redáctase pensando no alumnado das diferentes disciplinas da intervención social (traballo social, servizos sociais, animación socio-cultural,...) que deberán realizar avaliacións sistemáticas, ofrecéndolles unha formación teórica-metodolóxica específica no campo da avaliación.

Esta materia ha de axudar ao alumnado na iniciación e na realización de avaliacións sistemáticas de diferentes programas de intervención social.

Así, presentaranse os fundamentos metodolóxicos e os procedementos operativos da investigación avaliativa de tal forma que se consiga que os futuros profesionais introduzan elementos de avaliación no seu propio quefacer profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos.
A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A6 Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. A19 Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. A21 Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. A5
A6
A11
A13
A14
A19
A21
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. B1
B2
B3
B5
B6
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C1
C2
C3
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.A Investigación Avaliativa - As políticas públicas do Estado do Benestar: os programas e Servizos Socioeducativos.
- Precisións terminolóxicas na Avaliación
- Avaliación: Información, valoración, decisión.
aliación: Información, valoración, decisión
- Información e Xuízos de valor na Avaliación
- A toma de decisións
2. Modelos ou perspectivas de Avaliación
- Perspectivas metodolóxicas en avaliación
- Introdución histórica da Avaliación de Programas.
- Avaliación centrada en obxectivos: Tyler
- Avaliación libre de obxectivos: Scriven
- A avaliación como “accountability” (rendición de contas)
- Avaliación para a toma de decisións: modelo CEPP
- Modelos de negociación. Avaliación democrática deliberativa
3. Conceptualizacións da Calidade - Problemática na conceptualización da calidade no ámbito educativo.
- Evolución do concepto de calidade.
- Calidade nos Servizos Públicos.
4. Fases Avaliativas - Avaliación de necesidades: suficiencia
- Avaliación do deseño: pertinencia
- Avaliabilidade do programa/servizo.
- Execución, seguimento e cobertura.
- Avaliación de resultados, económica e do impacto.
5. Deseños da avaliación - Os deseños da avaliación
- Técnicas de recolleita da información
- As análises da Información
6. Indicadores da Calidade - Dos conceptos aos índices
- Características dos indicadores
- Indicadores de rendemento: Eficacia, Eficiencia, Economía
7. Normas Internacionais de Avaliación de Programas e Informe de
Avaliación.
- Normas de Utilidade
- Normas de Viabilidade
- Normas de Adecuación
- Normas de Precisión

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B3 B5 C4 C6 C8 21 0 21
Análise de fontes documentais A19 A11 0 24 24
Obradoiro A6 A13 A14 A21 B2 B6 C1 C2 C3 21 21 42
Proba mixta A5 A6 A11 A13 A14 A19 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 0 55 55
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral EXPOSICIÓN/EXPLICACIÓN dos conceptos e contidos do programa
Análise de fontes documentais Indagación e estudio de información documental.
Obradoiro Desenvolvemento de tarefas prácticas de recollida e análise da información.
Proba mixta Proba final avaliativa da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Sesión maxistral
Obradoiro
Descrición
O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia elaborando o alumnado en canto á procura, elaboración e presentación de materiais relacionados co contido da materia.

É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.

As titorías desenvolveranse, polo tanto, no aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:

* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizarase nas clases expositivas).

* A grupos de traballo pequeno (realizarase en clases interactivas -prácticas- ou no despacho do profesorado).

* Individuais (realizaranse no despacho do profesorado e versarán sobre o progreso do alumnado, para o cal presentaranse os traballos realizados).


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A6 A11 A13 A14 A19 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Durante o mes de marzo presentarase a materia da materia e terase que ler unha serie de materiais.
A principios de abril realizarase unha proba mixta do exposto nas clases maxistrais do mes de marzo e da lectura de documentos. Este exame será unha proba obxectiva constará de dúas partes:
- preguntas de elección de resposta, curtas ou de relación sobre a parte exposta nas clases maxistrais
- preguntas de elección de resposta, curtas ou de relación sobre os materiais a ler por parte do alumnado.
Hai que aprobar as dúas partes para aprobar a materia.
60
Obradoiro A6 A13 A14 A21 B2 B6 C1 C2 C3 Durante o último mes o alumnado matriculado deberán realizar unha avaliación dun proxecto social.
Para iso deberanse cumprir unha serie de requisitos:
+formar grupo de 8 persoas e indicar que proxecto social van avaliar. Isto débese presentar en clases o día que marcará o profesor na clase. A asistencia a esta clase é obrigatoria baixo ningún concepto xustifícase a ausencia. Persoa que falte inmediatamente elimínase desta parte de traballo.
+Un día o profesor na clase presentarase as fichas que debe elaborar o alumno para asistir ás titorías e que debe presentar no traballo final.
+cada grupo debe asistir a tres titorías. A asistencia a esas titorías son obrigatorias senón se asiste suspende este obradoiro.
Os días de titoría están marcadas na cronoloxía da materia. O grupo pode marcar dos dous días presentados a hora e día que queira. Iso se debe vir todo o grupo (é dicir, os 8 membros)
A avaliación do obradoiro contará a partes iguais:
-asistencia a tutorias
-defensa das fichas das titorías por cada un dos membros do grupo
-a redacción do traballo final
Se se incumpre algunha destas condicións automaticamente queda eliminado o obradoiro e non se obtén ningún dos 50 puntos. Hai que aprobar as tres partes do obradoiro para aprobar este.
40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobadas as dúas actividades de avaliación.

O alumnado que por motivos xustificados non poda asistir con regularidade (80%), terá que concertar unha titoría para concretar a modalidade de avaliación.


Fontes de información
Bibliografía básica COMITÉ CONJUNTO DE ESTÁNDARES PARA LA EVALUACIÓN EDUCATIVA (1994). Estándares para la evaluación de programas.. Bilbao: Edic. Mensajero, 1998
REBOLLOSO, E.; FERNÁNDEZ-RAMIREZ, B. y CANTÓN, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social.. Madrid: Edt. Síntesis
ALVIRA MARTÍN, F. (1991). Metodología de la evaluación de programas. (Cuadernos metodológicos, 2).. Madrid: CIS
HOUSE, E.R. y HOWE, K.R. (1999). Valores en evaluación e investigación social. Madrid: Edic. Morata, 2001

Bibliografía complementaria SENLLE, A. e GUTIERREZ, N. (2004). Calidad en los Servicios Educativos. Barcelona: Edit. Díaz de Santos
REBOLLOSO, E.; FERNÁNDEZ-RAMIREZ, B. y CANTÓN, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social.. Madrid: Edt. Síntesis
STUFFLEBEAN, D. y SHINKFIELD, A.J. (1984). Evaluación Sistemática. Madrid: Paidós-MEC, 1987.
AEC (2000). Guía para la Gestión de la Calidad de los Servicios Públicos (Adaptación de la Norma UNE-EN-ISO 9004-2).. Madrid: MAP
GENTO PALACIOS, S. (1996). Instituciones educativas para la calidad total. Madrid: Edt. La Muralla


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Métodos de investigación/652G03019
Técnicas de recollida e análise da información/652G03026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías