Identifying Data 2016/17
Subject (*) Practicum I Code 652G03027
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Obligatoria 12
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites Para matricularse no Prácticum I é necesario ter superados 90 créditos.
Department Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinador
Digon Regueiro, Alba Patricia
E-mail
patricia.digon@udc.es
Lecturers
E-mail
Web http://www.educacion.udc.es/index.php?pagina=practicum
General description CORREO-E: practicum.educacion@udc.es
Créditos e presencialidade
Dos 12 créditos ECTS da materia (300 horas), o 45% son de carácter presencial (135 horas) e o 55% de traballo autónomo (165 horas)

Das 135 horas de carácter presencial, 125 horas desenvolveranse nas institucións colaboradoras (25 horas semanais), e as 10 horas restantes adicaranse a sesións informativas e titorías na Facultade.

Durante o desenvolvemento do Practicum I suspenderase a docencia no resto das materias correspondentes ao segundo cuadrimestre do terceiro curso da Titulación.

Contextualización
No curso 2009/10 iniciabamos o proceso de implantación dos plans de estudo acorde cos requirimentos do novo Espazo Europeo de Educación Superior, posto en marcha no 1999 coa Declaración de Bolonia e que destacaba a importancia de reforzar a investigación-innovación-educación para o que se propoñía como un fin básico mellorar a formación nos contextos das diferentes prácticas profesionais que a nosa lexislación recolle do seguinte xeito: “Os títulos de Grao teñen como finalidade a obtención por parte do alumnado dunha formación xeral, nunha ou varias disciplinas, orientada á preparación para o exercicio de actividades de carácter profesional” (art.9.1), de tal maneira que contempla a posibilidade de establecer prácticas externas que virían a “reforzar o compromiso coa empregabilidade dos futuros graduados e graduadas, enriquecendo a formación…..proporcionando un coñecemento máis profundo acerca das competencias que necesitará” (Preámbulo) (RD 1393/2007, de 29 de outubro, de Ordenación das enseñanzas universitarias oficiais).

O propósito central da materia Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios da educación do século XXI, facilitando que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais, senón tamén asignarlle un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes que se usen para poñer en funcionamento a investigación. Trátase de situar a práctica profesional no centro da formación, como elemento a ter en conta no exercicio profesional, onde a reflexión sobre a experiencia converta dita experiencia en fonte de aprendizaxe, incrementando a capacidade de aprender con autonomía, potenciando a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construcción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas para as novas titulacións de grao que responden ás esixencias da educación do século XXI.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
1. Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais inherentes á Educación Social. A1
A14
B2
B5
B6
C1
C4
C7
C8
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa A3
A5
B2
B5
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social A11
B2
B5
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contextos multiculturais e plurilingüísticos A20
B6
C1
C7
C8

Contents
Topic Sub-topic
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da educación social e os labores inherentes a eles. Así, accións como identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa, detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos ou desenvolver disposicións favorables ao traballo en contextos multiculturais e plurilingües etc. serán motivo de atención e titorización do alumnado polos respectivos titores. Enténdese que a inserción laboral é un campo con presencia nos distintos ámbitos profesionais da educación social.
De igual maneira, será de interese garantir a presenza do/a educador/a social en formación naqueles espazos laborais emerxentes en que se albiscaren posibilidades para o exercicio profesional.
O Practicum I realizarase en institucións e servizos pertencentes aos seguintes ámbitos:

1. Menores (desprotección e conflito social)
2. Diversidade funcional (Discapacidade)
3. Dinamización social - cultural - educativa
4. Drogodependencias
5. Muller. Políticas de igualdade
6. Educación ambiental
7. Inmigración e educación para o desenvolvemento.
8. Educación de persoas adultas / centros para maiores.
9. Servizos sociais

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Field trip A11 A1 B5 B6 C1 C7 125 0 125
Document analysis A3 A5 C8 0 30 30
Student portfolio A14 B2 C4 0 120 120
Seminar A14 A20 B5 C1 C4 C7 C8 10 0 10
 
Personalized attention 15 0 15
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Field trip Constitúen as prácticas pedagóxicas: 125 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución etc.
Document analysis Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum I dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa.
Student portfolio É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no practicum, cos comentarios e cualificacións asignadas polo titor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo titor, etc.
Seminar 1. Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar ao alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección da institución (2 horas).
3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional.
- Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.

Personalized attention
Methodologies
Seminar
Field trip
Student portfolio
Description
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para os alumnos.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum I e o plan de traballo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro.
O/a Titor/a da UDC manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Seminar A14 A20 B5 C1 C4 C7 C8 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios cos seguintes criterios:
- Asistencia a todas as sesións presenciais
- Calidade das achegas á hora de expresar dúbidas razoables, expoñer ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese etc.
10
Field trip A11 A1 B5 B6 C1 C7 O/a titor/a da institución colaborador/a realizará a avaliación de implicación e actuación do alumnado no centro/aula 45
Student portfolio A14 B2 C4 O titor/a da Facultade realizará a avaliación do contido do portafolio cos seguintes criterios:
- Capacidade de relación teoría-práctica.
- Dominio conceptual e capacidade analítica.
- Capacidade para relacionar ideas e accións.
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva.
- Capacidade de descripción de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
- Orixinalidade da proposta.
45
 
Assessment comments

a) Requisitos para superar a materia:

1.       Para aprobar a materia será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: practicas socioeducativas e portafolios.

b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):

1.       As practicas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo. Isto supón que un suspenso nas mesmas na oportunidade de xuño implica a non superación da materia.

2.       Os seminarios non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantense para a oportunidade de xullo.

3.       O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere o portafolios na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.

c) Cualificacións:

1.       A cualificación final será a media das puntuacións obtidas en cada un dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo.

2.       No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, a nota final será a nota da parte non superada.

3.       Non realizar as practicas socioeducativas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.

4.       Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón obter como máximo a cualificación de suspenso 4.


Sources of information
Basic

Cómpre consultar a bibliografía das diferentes materias da titulación segundo o ámbito elixido e de acordo coas indicacións dos titores.

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments
Recoméndanse os envíos dos traballos telemáticamente, e de non ser posible, nos documentos impresos non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.