Identifying Data 2016/17
Subject (*) Socioloxía da educación Code 652G03028
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optativa 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinador
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
E-mail
gabriel.vazquez@udc.es
Lecturers
Vazquez Fernandez, Xose Gabriel
E-mail
gabriel.vazquez@udc.es
Web http://www.udc.gal
General description Básicamente, trátase de concebir a educación como un sistema en sí mesmo, coas súas correspondentes partes, elementos, funcións, organización, institucionalización, etc.; e que a súa vez forma parte do sistema social en xeral. Con esta materia o que se pretende é que o alumnado acade un grao de coñecemento e tamén concienciación e interiorización do proceso conformador da educación como fenómeno sociolóxico, co seu correspondente espazo, papel e funcións nas nosas sociedades. Tamén se trata dunha formación que persegue dotar de habilidades teórico prácticas ao seu alumnado sobre un ámbito tan importante como a educación, para que a integren tanto a nivel persoal como profesional.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A13 Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecemento do sistema educativo dentro do sistema social A1
A2
A5
B5
C6
C7
Coñecemento e comprensión das funcións sociais da educación. A1
A2
A5
A14
B1
C6
Aplicación dos coñecementos manexados á realidade social nas súas diferentes manifestacións, para acadar a perspectiva da mesma desde o ámbito da educación. A1
A2
A5
A14
B1
B2
B6
C6
Análise de contidos do sistema educativo A1
A2
A5
A13
A14
B1
B2
B6
C6
Síntese dos coñecementos teóricos e do estudo empírico da realidade social en relación coa educación A1
A2
A5
A14
B1
B5
C4
Avaliación do sistema educativo, así como das súas implicacións tanto a nivel social como persoal A1
A2
A5
B1
B2
B5
B6
C4
C6
C7

Contents
Topic Sub-topic
Bloque 1

Concepto de Educación
1.1. Definición
1.2. Historia
1.3. Obxectivos
1.4. Terminoloxía
Bloque 2

Individuo, Sociedade e Educación
2.1. A constitución da sociedade e dos individuos
2.2. Estructura e organización da sociedade
2.3. Topoloxía do sistema educativo
2.4. A organización escolar: formal e informal
2.5. Funcións sociais da educación
2.6. Os axentes educativos: familia, institucións sociais, profesores e alumnos
2.7. Reformas e cambios educativos
Bloque 3

Socioloxía da Educación
3.1. Ámbitos
3.2. Áreas
3.3. Marco teórico
3.4. Fundamentos epistemolóxicos e metodolóxicos
Bloque 4

Teorías Sociolóxicas sobre a Educación
4.1. Saint-Simon
4.2. Auguste Comte
4.3. Karl Marx
4.4. Emile Durkheim
4.5. Max Weber
4.6. Talcott Parsons
4.7. Outras

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A2 A1 C6 8 5 13
Directed discussion B5 B6 C4 C7 2 6 8
Supervised projects A2 A5 A14 2 4 6
Research (Research project) A13 A1 B1 B2 C6 8 20 28
Collaborative learning A13 A14 B1 B2 B6 C6 5 20 25
Workshop A1 A5 A13 B1 B2 B6 C6 15 25 40
Workbook B5 C4 2 10 12
Document analysis B1 2 6 8
Oral presentation B6 2 6 8
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necesarios para comprender a socioloxía da educación e para levar a cabo o traballo de investigación.
Directed discussion Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade.
Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as vantaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías.
Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación do alumnado no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases.
Supervised projects Cara ao traballo de investigación, o curso terá un calendario de entregas das sucesivas fases do mesmo: proxecto, marco teórico, parte empírica e análises.
Estas partes teñen adicada a parte práctica da asignatura, desenvolvéndose mediante as correspondentes titorías.
Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, que serán en formato arquivo, perante correo electrónico.
Research (Research project) O Traballo Teórco Práctico constitue o núcleo central da asignatura, tanto no que se refire á actividade a desenvolver polo alumnado como polo que respecta a súa avaliación.
O alumnado escollerá libremente o seu obxetivo de estudo dentro do campo da Socioloxía da Educación, procurando ter unha orientación hacia os diagnósticos, problemas e propostas.
O traballo pode ser individual ou colectivo, coas conseguintes ponderacións do mesmo neste último caso.
Establécese como forma de entrega final do mesmo mediante arquivo adxunto a través do correo electrónico.
Collaborative learning O traballo en grupo, con plantexamentos baseados no que se coñece como intelixencia social, é un dos pilares do plantexamento desta materia, co formato obradoiro que se explicita nesta guía docente. De maneira que o alumnado se responsabilice, asuma, dirixa e saque rendimentos gracias ás aportacións propias e dos demáis, incluido o profesor, que é a fonte de información principal. Así, o que se busca é cambiar o concepto e a costume dunha aprendizaxe baseada na individualidade, na exclusividade, para ilo cambiando hacia a aprendizaxe inclusiva, máis rica en aportacións, perspectivas, etc. e da que pode sacar máis partido o alumnado.
Workshop O obradoiro constitúe o eixo sobre que se pretende operativizar a materia. Para elo, o plantexamento é facer da aula un lugar de traballo, tratando de reproducir ao máximo o que sería un espazo de traballo normal ou común na nosa área ou terreo. Para elo, o alumnado deberá asumir que ven a traballar, non simplemente a escoitar, que é un membro ou parte activa e non pasiva. Procurarase que o obradoiro supoña tanto o traballo a desenvolver como o núcleo central da avaliación. Para elo, o obxectivo principal do obradoiro é facer o traballo de investigación necesario para aprobar a materia. De aí que a asistencia, participación, interese, relacións e valoracións, así como outros aspectos a ter en conta no desenvolvemento do traballo en grupo, sexan os contidos a desenvolver e ter en conta.
Workbook Lectura, por parte do alumnado, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumnado; así como aqueles outros necesarios para levar a cabo os traballos titelados e a investigación final.
Document analysis Nese traballo, o marco teórico e recollida de información (secundaria) existente sobre o obxectivo da investigación fixado polo alumnado, co asesoramento do profesor, supón unha parte fundamental.
Tanto no coñecemento dos contidos da asignatura como para a realización dos traballos e a investigación, resulta necesaria a familiarización, consulta e coñecemento das diferentes fontes de información secundaria, entre as que nesta asignatura destacan teorías, correntes, escolas, etc.
Oral presentation Si a disposición de tempo o permite, os traballos serán presentados en clase, tanto para que o resto de compañeiros podan saber deles, como para ir practicando este tipo de facetas do traballo técnico

Personalized attention
Methodologies
Directed discussion
Guest lecture / keynote speech
Supervised projects
Workshop
Oral presentation
Description
As clases preséntanse eminentemente prácticas, para que o alumnado desenvolva co seu traballo o contido e coñecemento da asignatura, sobre todo a traveso do traballo individual ou en equipo, coa participación nas clases sobre os temas a tratar, así como os propios traballos a realizar (o titelado, as lecturas, os debates, etc.). Todo elo baixo a supervisión o coa colaboración do profesor, que procura ser un membro máis do equipo de traballo.
Polo que tanto os contidos de carácter teórico –explicitados no temario- como as actividades a realizar na parte práctica difícilmente poderán conseguir os seus propósitos sen a estreita colaboración entre o alumnado e o profesor.
Así pois, nesta asignatura dedíncase as horas de prácticas precisamente a atención e titorización dos traballos e demáis asuntos do alumnado relacionados coa materia.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Research (Research project) A13 A1 B1 B2 C6 O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
É a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflectir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados.
40
Directed discussion B5 B6 C4 C7 Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión.
Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumno. O que, xunto coa asistencia correspondente, vería a supoñer aproximadamente un 20% da avaliación final.
10
Supervised projects A2 A5 A14 De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega.
10
Workshop A1 A5 A13 B1 B2 B6 C6 O obradoiro é para desenvolver un lugar de traballo no que o alumnado desempeñe o máis correctamente posible as súas funcións, entre as que están a asistencia, participación, aportacións válidas, resultado final, etc.
Así pois, neste apartado se van a ter en conta todos esos aspectos.
30
Oral presentation B6 Outro dos aspectos importantes na formación do alumnado é o seu desenvolvemento á hora de facer e presentar informes de carácter técnico, de aí que no plantexamento da asignatura se asuma esta faceta como entrenamento e aprendizaxe de cara á formación completa e persoal do alumnado 10
 
Assessment comments
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia, a participación, o interese, as valoracións propias e dos compañeiros e a exposición sexan tidas en conta á hora da avaliación.

A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia os outros pilares da asignatura.

Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.

Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.

Para esta avaliación continua, será necesaria a asistencia mínima a un 80% das clases. Nos casos debidamente xustificados de ausencias ou prácticas, esta porcentaxe mínimo será do 60%.

Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.

O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.

Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.


Sources of information
Basic Guerrero Serón, Antonio (2011). ENSEÑANZA Y SOCIEDAD. El conocimiento sociológico de la educación. Madrid: Siglo XXI
OUTROS MANUAIS: - González Radío, Vicente (1998). EL FUTURO DE SU PRESENTE: Análisis de una Autopercepción. A Coruña: CESUGA. - Fernández Palomares F.: Sociología de la educación (Ed. Pearson) - Gómez Jaldón, C.: Sociología de la educación (Ed.Morata).
Complementary
ALMARCHA, A.: Cien años de la sociología de la educación en España: 1877-1977. En REIS, 2, 115-148. ALONSO HINOJAL, I., Educación y Sociedad. Las Sociologías de la Educación. CIS. 1991.

Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Historia da educación/652G03011
Educación multicultural/652G03013
Antropoloxía da educación/652G03029

Subjects that are recommended to be taken simultaneously
Teoría da educación/652G03001
Pedagoxía social/652G03006
Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039

Subjects that continue the syllabus
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002
Animación e xestión sociocultural/652G03017
Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa/652G03020

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.