Identifying Data 2016/17
Subject (*) Orientación e políticas de emprego Code 652G03031
Study programme
Grao en Educación Social
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Third Optativa 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinador
Perea Vega, Gustavo Ariel
E-mail
gustavo.perea@udc.es
Lecturers
Perea Vega, Gustavo Ariel
E-mail
gustavo.perea@udc.es
Web http://www.udc.es/fymide
General description Esta materia proporcionará claves para analizar e valorar as políticas de emprego que se están levando a cabo nos contextos galego, español e europeo, de xeito que se interioricen como ferramentas de traballo desde un doble rol: primeiro como futuro/a persoa en busca de emprego que terá que usalas para a súa propia inserción, e segundo, como futuro/a educador/a que terá que desenvolver programas formativos e de inserción na comunidade. Transversalmente, o alumnado valorará criticamente a perspectiva institucional do escenario sociolaboral no que estamos a vivir e as alternativas posibles ao incremento das desigualdades sociais.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Analizar o escenario sociolaboral A3
Identificar e analizar as políticas de emprego A3
A5
Elaborar unha diagnose dunha comarca galega e propón alternativas de actuación A15
Oriéntarse cara a orientación profesional como medida activa de emprego na que pode intervir o/a educador/a social A17
Buscar información sobre o actual mercado laboral A3
B1
Analizar as características das actuais políticas de emprego a nivel autonómico, estatal e europeo A3
A5
B1
Sintetizar e valorar criticamente as políticas de emprego actuais a nivel autonómico, estatal e europeo A3
A5
B1
Propoñer alternativas á actual crise económica desde a perspectiva do/a educador/a social A3
A5
B1
Transmitir criticamente a información desde o rol de educador/a social A3
A5
B1
Diseñar un dossier no que plasma os resultados de aprendizaje adquiridos A3
A5
B1
B2
Integrar actitudes éticas e deontolóxicas ao valorar críticamente as políticas activas de emprego e ao transmitir criticamente a ifnormaicón desde o rol de educador/a social A3
A5
B1
B5
Comunicar na aula as súas valoracións críticas sobre as políticas de emplrego e o rol que interpreta o educador/a nelas A3
A5
B1
B6
C1
Buscar información sobre o escenario sociolaboral e as políticas de emprego usando as TICs A3
A5
C3
Utilizar as TICs para a elaboración de dossiers, informes e materiais para a materia A3
A5
C3
Planificar as súas necesidades de formación no campo das TICs C3
Utilizar as TICs nos procesos de simulación de orientación das persoas desempregadas A15
A17
C3
Manexar distintas fontes de información que lle permiten exercer unha cidadanía crítica e formular solucións orientadas ao ben común A3
A5
A15
A17
C4
Valorar e ter presente as políticas de emprego relacionadas co mundo emprendedor A3
A17
C5
Interiorizar desde o punto de vista do educador/a social a importancia da cultura emprendedora como elemento alternativo ao traballo por conta allea A17
C5
Interiorizar a importancia da formación ao longo da vida A17
C7
Elaborar o seu itinerario formativo a longo prazo A17
C7

Contents
Topic Sub-topic
TEMA I. O escenario sociolaboral
A evolución do traballo
A evolución do desemprego
Competencias actuais
Situación da muller neste contexto
TEMA II. As políticas de Emprego:evolución e situación actual As politicas de Emprego na Unión Europea
As políticas de Emprego en España
As políticas de Emprego en Galicia
TEMA III. A orientación profesional como medida activa de emprego Organización
Accións
Pasos
Profesionais

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A3 A5 21 44 65
Mind mapping A3 A5 B1 B2 1 8 9
Document analysis A5 A15 B1 C3 C4 C5 2 10 12
Directed discussion A17 B1 B5 B6 C1 C4 C5 C7 12 2 14
Student portfolio B2 2 20 22
Supervised projects C3 C7 2 14 16
Workbook C7 C4 1 8 9
Introductory activities A3 1 0 1
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech O profesor exporá oralmente os contidos da materia a nivel conceptual, complementados co uso de medios audiovisuais, e supervisará as distintas metodoloxías coas que terá que traballar o alumnado
Mind mapping O alumnado confeccionará un traballo individual no que establecerá relacións entre os conceptos aprendidos nas sesións maxistrais
Document analysis O alumnado buscará e utilizará documentos audiovisuais e/ou bibliográfico/webgráficos relevantes para a materia seguindo as indicacións do profesor
Directed discussion O alumnado discutirá sobre as situación sociolaboral actual, as políticas de emprego desenvolvidas e o seu rol como educadores/as á hora de levar a cabo unha orientación laboral
Student portfolio O alumnado recollerá nun portafolio as aprendizaxes realizadas durante o período da materia. Este portafolio servirá para avaliar ao alumnado.
Supervised projects O alumnado traballará autonomamente nas temáticas desenvolvidas na aula baixo a supervisión do profesor
Workbook O alumnado terá que introducirse no hábito de lectura como fonte de actualización profesional importante para a toma de decisións con fundamento
Introductory activities O profesor realizará unha actividade inicial de sondeo para ver os coñecementos previos do alumnado

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Student portfolio
Mind mapping
Description
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia.
Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado no horario de tutorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación como da Facultade de Ciencias da Educación.


Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio B2 Os criterios de avaliación estarán relacionados cos resultados de aprendizaxe a adquirir, e que se terán que trasladar a este portafolio 100
 
Assessment comments

ASISTENCIA

  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

  • A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado
  • Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio. Cando non se realice a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse a actividade de avaliación non superada.
  • O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en qué seguir formándome)
  • Relación/vinculación coas distintas materias cursadas no grao.
  • Achegas da materia para a observación e análise durante o Practicum
  • Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar

FALTA DEINTEGRIDADE ACADÉMICA: Ausencia decitación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse. O uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS ERECLAMACIÓNS

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf


Sources of information
Basic

Navarro, V.Torres, J. e Garzón, A. (2011). Hay alternativas. Propuestas para crear empleo y bienestar social en España.. Madrid: Editorial Sequitur
Castillo, J. J. (2009). La soledad del trabajador globalizado. Memoria, presente y futuro.. Madrid: Editorial Catarata
García, J. A e Saban, C (coords) (2008). Un nuevo modelo de formación para el S XXI. La enseñanza basada en competencias. Barcelona: Editorial Davinci
Vence, X. (2011). Crise e radicalización neoliberal. As alternativas silenciadas. Santiago: Editorial Laiovento
Ruiz Viñals, C. (Coorda) ((2006)). Políticas sociolaborales. Un enfoque pluridisciplinar.. Barcelona: Editorial UOC
Garzón, A.; Torres, J. e Navarro, V. (2012). Lo que España necesita . Bilbao: Editorial Deusto

Complementary

Bastida, A. (2001) La inserción sociolaboral. Reflexiones sobre la práctica. Madrid, Popular.
Carmona, G. (2001). El plan personal para la inserción socio-laboral: teoría y práctica en la empresa para la inserción laboral. Huelva, Universidad de Huelva
Casal, J. (2000). ‘Modalidades de transición profesional y precarización del empleo’, en Cachón, L. (ed.). La inserción profesional. Alzira, Germania, pp. 151-180 GALLART, M.A. (2002). Educación y trabajo. Montevideo, Cinterfor.
MARHUENDA, F. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Orientación ocupacional/652G03021

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Orientación e Políticas de Emprego complementa os contidos da materia Orientación Ocupacional. Permite analizar a evolución e características actuais do mercado laboral, das políticas de emprego desenvolvidas na Unión Europea, en España e en Galicia, así como distintas olladas sobre as reformas laborais e das pensións e sobre a actual crise e como se pode atallar.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.