Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A4 |
Distinguir os estadios evolutivos das persoas, e interpretar as súas implicacións educativas. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A12 |
Mediar en situacións de risco e conflito. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A16 |
Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional. |
A17 |
Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer e comprender as bases conceptuais e fundamentos teóricos da prevención de condutas aditivas. |
A1 A2 A3 A11 A14 A16 A17
|
B3
|
C2 C4 C8
|
Discriminar as similitudes e diferenzas entre as adiccións químicas e psicolóxicas. |
A14
|
|
|
Estudar as consecuencias físicas, psicolóxicas e sociais das adiccións. |
A8 A12
|
|
|
Analizar os principais factores predispoñentes e precipitantes das condutas aditivas
|
A4 A5
|
B1
|
|
Valorar as aportacións da Educación social á intervención nas adiccións. |
A8
|
B5
|
C6 C7
|
Planificar e avaliar iniciativas e intervencións socioeducativas de orde preventiva no eixo das adiccións a sustancias e adiccións psicolóxicas. |
A7 A21
|
B2 B4 B6
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
MÓDULO I: Aproximación conceptual ás adicións. |
1.1. Límites entre as condutas normais e as condutas aditivas.
1.2. Clasificación das adicións.
1.3. Semellanzas e diferenzas entre as adicións químicas e as psicolóxicas.
1.4. Características das condutas aditivas.
1.5. Factores de inicio y mantemento das adicións. |
MÓDULO II: Adicións psicolóxicas. |
2.1. Xogo patolóxico.
2.2. Adición ao sexo.
2.3. Adición ás compras.
2.4. Adición á comida.
2.5. Adición ao traballo.
2.6. Adición ao exercicio físico.
2.7. Adición ao móvil.
2.8. Adicción a Internet.
2.9. Otros tipos de adicciones psicológicas. |
MÓDULO III: Adicións químicas. |
3.1. Adición ao alcohol.
3.2. Adición á nicotina.
3.3. Adición ás anfetaminas.
3.4. Adición ao cannabis.
3.5. Adición aos alucinóxenos.
3.6. Adición aos inhalantes.
3.7. Adición á cocaína.
3.8. Adición aos opiáceos.
3.9. Adición a outros tipos de drogas. |
MÓDULO IV: Prevención de condutas aditivas. |
4.1. Tipos de prevención.
4.2. Obxectivos a conseguir no tratamento de cualqueira dependencia.
4.3. Liñas de intervención comúns a todas as adicións.
4.4. Prevención de recaídas: estratexias de intervención.
4.5. Programas de prevención: deseño, avaliación e intervención. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A4 A5 A7 A8 A14 B1 C4 |
2 |
6 |
8 |
Discusión dirixida |
A1 A5 A8 A12 A14 A21 B5 B6 C1 C2 |
4 |
4 |
8 |
Estudo de casos |
A1 A5 A7 A8 A12 A14 B4 B5 |
5 |
5 |
10 |
Portafolios do alumno |
A3 A5 A7 A8 A11 A14 A17 A21 B1 B2 B3 B5 C4 C8 |
3 |
15 |
18 |
Proba mixta |
A1 A5 A8 A14 A21 B5 B1 C4 |
3 |
32 |
35 |
Resumo |
A14 B1 B2 C4 |
4 |
6 |
10 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A5 A8 A16 A21 B4 C7 |
15 |
15 |
30 |
Solución de problemas |
A5 A8 A12 A14 A21 B4 B1 C4 |
2 |
2 |
4 |
Simulación |
A7 A12 A21 C4 |
2 |
2 |
4 |
Análise de fontes documentais |
A5 A8 A14 B5 B1 C4 C6 |
2 |
6 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e das comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos que xira ao redor dunha discusión onde as persoas dialogan sobre un tema específico seguindo un esquema previsto. Intervén un moderador, que leva o debate. Desenvólvese a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación síncrona (chat) ou asíncrona (foro). |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Portafolios do alumno |
É un cartafol (físico ou virtual) ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto ás primeiras, recolle preguntas abertas de desenvolvemento; as segundas, poden combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Resumo |
Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Solución de problemas |
Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron e que pode ter máis dunha posible solución. |
Simulación |
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Proba mixta |
|
Descrición |
Tanto a preparación do exame como a realización das actividades que se incluirán no portafolio serán obxecto de atención individualizada ao longo do curso durante as horas de titorías.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A3 A5 A7 A8 A11 A14 A17 A21 B1 B2 B3 B5 C4 C8 |
En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición. |
50 |
Proba mixta |
A1 A5 A8 A14 A21 B5 B1 C4 |
A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. |
50 |
|
Observacións avaliación |
OPCIÓN A Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%: a) Elaboración e presentación do portafolio (50%). b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%). OPCIÓN B Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b; e 4.5) (29 de maio de 2012). Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 80%: a) Exame escrito sobre os contidos da materia (100%). OBSERVACIÓNS ADICIONAIS: 1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dossier e proba mixta). 2. O dossier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dossier). 3. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 4. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. Así, será cualificado como “Non presentado” cando: a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Echeburúa, E. (2001). Abuso de alcohol. Madrid: Editorial síntesis
Echeburúa, E., Labrador, F. J. y Becoña, E. (Coords.) (2009). Adicción a las nuevas tecnologías en adolescentes y jóvenes. Madrid: Pirámide
Echeburúa, E. y Corral, P. (2010). Adicción a las nuevas tecnologías y a las redes sociales en jóvenes: un nuevo reto. Adicciones, 22(2), 91-96
Echeburúa, E. y Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Madrid: Pirámide
Becoña, E. (2002). Bases científicas de la prevención de las drogodependencias. Madrid: Ministerio del Interior
López, A. y Becoña, E. (2006). El craving en personas dependientes de la cocaína. Anales de Psicología, 22(2), 205-211
Echeburúa, E., Becoña, E. y Labrador, F. J. (Coords.) (2010). El juego patológico. Avances en la clínica y en el tratamiento. Madrid: Pirámide
Echeburúa, E. (1994). Evaluación y tratamiento de los trastornos adictivos. Madrid: Fundación Universidad-Empresa
Echeburúa, E. y Corral, P. (1997). Evaluación y tratamiento de un caso clínico de alcoholismo. Madrid: Pirámide
Becoña, E. y Vázquez, F. (2001). Heroína, cocaína y drogas de síntesis. Madrid: Editorial síntesis
Echeburúa, E. y Corral, P. (2008). Juego responsable: ¿una alternativa para la prevención y el tratamiento de la ludopatía?. Adicciones, 20(4), 321-326
Fernández-Montalvo, J. y Echeburúa, E. (1998). Laborodependencia: cuando el trabajo se convierte en adicción. Revista de Psicopatología y Psicología Clínica, 3(2), 103-120
Maciá, D. (1996). Las drogas: conocer y educar para prevenir. Madrid: Pirámide
Becoña, E. (2000). Los adolescentes y el consumo de drogas. Papeles del Psicólogo, 77, 25-32
Becoña, E. y Calafat, A. (2005). Los jóvenes y el alcohol. Madrid: Pirámide
Becoña, E. y Martín, E. (2004). Manual de intervención en drogodependencias. Madrid: Editorial Síntesis
Servicio Extremeño de Salud (2008). Manual de intervención en juego patológico. Badajoz: Junta de Extremadura
Fernández-Montalvo, J. y Echeburúa, E. (1997). Manual práctico del juego patológico. Madrid: Pirámide
Corral, P., Echeburúa, E. e Irureta, M. (2005). Perfil psicopatológico diferencial de las mujeres ludópatas: implicaciones para el tratamiento. Análisis y Modificación de Conducta, 31, 539-556
Echeburúa, E. (2005). Retos de futuro en el tratamiento del juego patológico. Adicciones, 17(1), 11-16
Labrador, F. J. (Coord.) (2011). Técnicas de modificación de conducta. Madrid: Pirámide
Echeburúa, E. (2012). ¿Existe realmente la adicción al sexo?. Adicciones, 24(4), 281-286 |
|
Bibliografía complementaria
|
Graña, J. L. (1994). Conductas adictivas. Teoría, evaluación y tratamiento. Madrid: Debate
APA (2001). DSM IV TR. Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales. Barcelona: Masson
Bach, E. y Forés, A. (2010). La asertividad para gente extraordinaria. Barcelona: Plataforma Editorial
Caballo, V. E. (1993). Manual de evaluación y entrenamiento de las habilidades sociales. Madrid: Siglo XXI
Robles, H. y Peralta, M. I. (2009). Programa para el control del estrés. Madrid: Pirámide
Lega, L. I., Caballo, V. E. y Ellis, A. (2009). Teoría y práctica de la terapia racional emotivo-conductual. Madrid: Siglo XXI
Beck, A. T., Wright, F. D., Newman, C. F. y Liese, B. S. (1999). Terapia cognitiva de las drogodependencias. Barcelona: Paidós
Ellis, A., McInerney, J. F., DiGiuseppe, R. y Yeager, R. J. (1992). Terapia racional-emotiva con alcohólicos y toxicómanos. Bilbao: Desclée De Brouwer |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|