Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Xerontoloxía Social I Código 653491002
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Socioloxía e Ciencia Política da Administración
Coordinación
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
jose.millan.calenti@udc.es
Profesorado
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Millan Calenti, Jose Carlos
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
jose.millan.calenti@udc.es
Web
Descrición xeral Obxectivos:
* Coñecemento do fenómeno sociodemográfico do envellecemento.
* Comprender a ancianidade e o proceso de envellecemento dentro do contexto social global.
* Entender o envellecemento poboacional. Procesos e factores.
* Coñecer as metáforas da vellez e a súa imaxe social.
* Distinguir entre vellez clínica e vellez social. Acordos e desacordos.
* Valorar axeitadamente o fenómeno da xubilación e os recursos de preparación para esta.
* Coñecer e comprender as relacións familiares e interxeracionais no ámbito da vellez.
* Afondar nas etapas da vellez e o posible incremento das carencias cos seus procesos de adaptación. Illamento e soidade.
* Entender o estado da cuestión do binomio dependencia/autonomía.
* Afondar nas políticas sociais dirixidas ás persoas maiores. Diferentes modelos.
* Coñecer os servizos sociais en Xerontoloxía. Servizos primarios e especializados.
* Estudo da planificación social na Xerontoloxía e o estudo de necesidades e demandas. Coñecer os modelos de programación, xestión e avaliación.
* Afondar no estudo dun lecer activo cun tratamento especial do turismo social.
* Coñecer os procesos da saúde e a calidade de vida co desenvolvemento de hábitos saudables e programas preventivos.
*Estudo da problemática social e familiar dos maiores dependentes.
* Estudo da ética e lexislación no benestar social das persoas maiores.
* Análise dos métodos e técnicas da ciencia sociolóxica para o desenvolvemento de proxectos de investigación sobre a vellez e a ancianidade.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Saber valorar de xeito integral ás persoas maiores así como utilizar os resultados da valoración para intervir de acordo ao diagnóstico preestablecido.
A2 Saber diagnosticar a patoloxía máis prevalente nas persoas maiores así como establecer as pautas terapéuticas máis indicadas, tanto desde o punto de vista farmacolóxico como non farmacolóxico.
A3 Saber diagnosticar os problemas sociais e/o sociosanitarios que inciden na persoa maior e poñer en marcha as medidas axeitadas a fin de conseguir o maior estado de benestar para el e o seu entorno.
A4 Estar en condicións de dirixir calquera recurso xerontolóxico.
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B1 Estar en disposición de integrarse en equipos de Saúde, centros xerontolóxicos e entidades que prestan servizos dirixidos as persoas maiores.
B2 Estar en disposición de incorporarse como profesional aos equipos de valoración e intervención creados no marco da denominada “Lei da dependencia”.
B4 Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Social de acordo á especialidade desenvolvida.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Trátase de que os/as alumnos/as, ao superar a materia, adquirisen as competencias axeitadas para: * Situar a problemática das persoas maiores no contexto social que as orixina. * Investigar os factores sociais que afectan nos procesos de envellecemento, ao tempo que permitan establecer as necesidades e demandas dos maiores. * Planificar e xerar programas, proxectos, actividades e servizos, dentro de modelos dinámicos que permitan un posterior desenvolvemento de estratexias de intervención sociosanitaria. * Dirección de equipos multidisciplinares dentro dunhas políticas sociais que formulen o deseño duns proxectos que utilicen como eixes vertebradores a prevención, a interacción e a integración. * Dirixir e coordinar programas de preparación para a xubilación e adaptación á vellez. * Participación na orientación e mediación familiar en familias con persoas maiores. * Introducir procesos de concienciación da problemática da ancianidade nos medios familiares, así como o establecemento de directrices para a comunicación interxeracional. * Deseñar programas para xerar procesos de ocio activo dentro dunha contextualización global, así como establecer e impulsar modelos científicos e rigorosos de turismo social. * Asesorar aos responsables das administracións públicas na formación dos programas de benestar social dirixidos aos maiores. * Levar a cabo a función de coordinadores dos programas multidisciplinares de intervención pública para os maiores. * Asesorar as entidades privadas (fundaciones, asociacións, ONGs, etc.) na formulación e xestión de proxectos para os maiores. * Introducir procesos de asociacionismo nas persoas maiores. AP1
AP2
AP3
AP4
AI1
AI2
AI4
AI5
AM1
AM2
BP1
BP2
BP4
BI1
BM1
CM1
CM3
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introdución á Xerontoloxía Social 1. Introdución
2. Breve apunte histórico
2.1 Precursores
2.2 Antecedentes científicos
2.3 Consolidación
3. Concepto de Xerontoloxía Social
3.1 A Xerontoloxía e as súas ramas
3.2 A Xerontoloxía e a Xeriatría
3.3 A multidisciplinariedade como característica básica da Xerontoloxía Social
4. Teorías do envellecemento
4.1 Teorías biolóxicas
4.2 Teorías psicolóxicas
4.3 Teorías sociolóxicas
5. Construción social do concepto de vellez
5.1 O concepto da vellez segundo distintos criterios
5.2 Clasificación da vellez: distintas denominacións
5.3 Falsas concepcións sobre a vellez: mitos e estereotipos
5.4. Efectos macroeconómicos. Mercadotecnia para un segmento social emerxente: efectos macroeconómicos e sobre as empresas
6. Características socio-demográficas das persoas maiores
6.1 O envellecemento da poboación nas sociedades desenvolvidas
6.2 Fenómenos demográficos: natalidade, nupcialidade, mortalidade. Índice de envellecemento. Esperanza de vida. Coeficientes de ancianidade e de renovación.
6.3 A relación demográfica entre os sexos: a feminización da vellez
Tema 2: Relacións familiares no marco da vellez 1. Ancianidade e familia na actualidade. Necesidades da ancianidade na familia:
1.1 Fisiolóxicas
1.2 Económicas
1.3 Psíquicas
1.4 Sociais
2. Estrutura
2.1 Roles familiares
2.2 Familia e modernización
2.3 Cambio na estrutura familiar: xeracións e roles asociados
3. Vellez e dependencia
3.1. Quen debe facerse cargo da dependencia
3.1.1 Contexto lexislativo: a Constitución española e a Lei de dependencia
3.1.2 Como asumir a dependencia: manter no domicilio a persoas maiores con dependencia
3.2. Perspectivas de coordinación
3.3 A achega do ancián na familia
Tema 3: A xubilación 1. Estrutura
1.1 O traballo moderno. A discriminación laboral por idade
1.2 Tendencias laborais e novas modalidades
1.3 Aptitude: mitos e feitos. Idade cronolóxica
2. Xubilación
2.1 Marco da xubilación: teorías
2.1.1 Cambio de vida, cambios de roles
2.1.2 A actitude ante a xubilación como elemento determinante
2.1.3 A decisión de xubilarse e a calidade de vida
2.2 O impacto da xubilación
2.2.1 Na área psicolóxica
2.2.2 Na área cognitiva
2.2.3 Na área do comportamento
2.2.4 Na área psicoafectiva
2.2.5 Impacto nas relacións sociais
3. Preparación para a xubilación
3.1 Programas de preparación para a xubilación (PPJ)
3.2 Preparación para a xubilación en Europa
4. Muller maior e xubilación
4.1 O traballo do fogar
4.2 Traballo fora do fogar
4.3 Carreiras laborais femininas
4.4 A xubilación feminina
Tema 4: Malos tratos no ancián: outra forma de violencia 1. Introdución
2. Conceptos básicos
2.1 Abusos físicos
2.2 Abusos psicolóxicos
2.3 Abusos económicos
2.4 Neglixencia
3. Epidemioloxía
4. Factores de risco. Factores de risco en residencias
5. Identificación y valoración do ancián maltratado
5.1 Anciáns que deben ser valorados
5.2 Forma de levar a efecto a valoración do ancián maltratado
5.3 Lugar de realización da valoración do ancián maltratado
5.4 Sospeita de risco vital para o ancián maltratado
6. Atención multidisciplinar ao anciá maltratado
7. Prevención e solucións
Tema 5: Problemas deontolóxicos nas residencias de anciáns 1. O papel dos coidados residenciais no marco da asistencia xeriátrica
2. Deontoloxía e residencias de anciáns. Principais factores condicionantes
2.1 Garantías de calidade asistencial
2.2 Organigrama e equipos
2.3 Características arquitectónicas e ambientais
2.4 Existencia de programas específicos de intervención
2.5 Responsabilidades do equipo médico
3. A toma de decisións: procedemento e instrucións
4. Principais problemas éticos en Xerontoloxía. Comités de ética asistencial
Tema 6: Políticas sociais e atención socio-sanitaria 1. Desenvolvemento das políticas sociais dirixidas ás persoas maiores: planes de acción para as persoas maiores
2. Os modelo europeos, español e galego
3. O espazo socio-sanitario:
3.1 Características
3.2 Concertación e acreditación de centros socio-sanitarios
3.3 Coordinación e unidades socio-sanitarias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B1 B2 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C7 C8 4 40 44
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A8 B2 B4 C7 32 64 96
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Os temas expostos en clase, nas sesións de docencia expositiva haberán de superarse mediante un exame escrito.
Sesión maxistral É a explicación por parte da profesora dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual. As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre estes. Incluiranse aquí as prácticas realizadas dentro da aula (comentarios, vídeos, lecturas de noticias de actualidade...).

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Descrición
Prestarase apoio aos/ás alumnos/as para a selección dos textos e facilitaráselles asesoramento en caso de dúbida para levar a cabo a recensión.
As lecturas serán comentadas cos/oas propios/as alumnos/as.

Prestarase apoio e asesoramento aos/ás alumnos/as para a realización de cada unha das prácticas ou traballos tutelados propostos. Durante a execución dos devanditos traballos o profesorado levará a cabo un seguimento destes e, unha vez finalizados e corrixidos, tratarase co/oa alumno/a sobre o seu contido para determinar os resultados e valoralos co obxectivo de desempeñar estas tarefas de asesoramento.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A9 A10 A11 B1 B2 B4 B5 B7 C1 C3 C6 C7 C8 Os temas expostos en clase, nas sesións de docencia expositiva haberán de superarse mediante un exame escrito. 70
Sesión maxistral A3 A4 A5 A6 A8 B2 B4 C7 É a explicación por parte do profesor dos contidos da materia na aula na denominada docencia expositiva. Ocasionalmente apoiarase en soporte visual.
As clases son para entender os conceptos e as teorías e formular posibles dúbidas sobre os mesmos.
Incluiranse aquí as prácticas realizadas dentro da aula (comentarios, vídeos, lecturas de noticias de actualidade…).
30
 
Observacións avaliación
Para superar a materia é necesario ter superada proba obxectiva

Fontes de información
Bibliografía básica Mayán Santos JM (ed.) (2000). Gerontología Social. Santiago de Compostela: Sega Ediciones
Millán Calenti JC (comp) (2006). Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana
Hernández Rodríguez G et al. (2006). Sociología de la Vejez (pp. 43-112). En Millán Calenti JC. (comp.) Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana

Bibliografía complementaria Amor Pan JR (2010). Bioética y Dependencia. A Coruña: Obra Social Caixa Galicia
Hernández Rodríguez G, Millán Calenti JC (2000). Ancianidad, Familia y Enfermedad de Alzheimer. A Coruña: Universidad de A Coruña
Hernández Rodríguez G (2000). Aportación de los mayores en la familia (pp. 69-97). En: Mayores Solidarios. Madrid: Cáritas Española
Campo Ladero MJ (2000). Apoyo informal a las personas mayores y el papel de la mujer cuidadora. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Amor Pan JR (2010). Bioética y Dependencia, Capítulo VI (pp. 271-339). A Coruña: Obra Social Caixa Galicia
López Azpitarte E (2006). Ética en Geriatría (pp. 351-364). En Millán Calenti JC. (comp.) Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid: Mc-Graw Hill Interamericana
Hernández Rodríguez G (2001). Familia y Ancianos. Rev Educ. 325: 129-142
Moragas Moragas R (1991). Gerontología social. Barcelona: Herder
Meil Landwerlin G (2000). Imágenes de la solidaridad familiar. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas
Rodríguez Castedo A (dir.) (2005). Libro Blanco. Atención a las Personas en situación de Dependencia en España. Madrid: IMSERSO
Sánchez Vera P, Bote Díaz M (2007). Los mayores y el amor. Una perspectiva sociológica. Valencia: Nau Libres
Casado D (2002). Manual de Servicios Sociales. Madrid: Polibea, Biblioteca de Intervención y Política Social
Adroher Biosca S. (coord.). (2000). Mayores y Familia. Madrid: Universidad P. Comillas y Mº Trabajo y Asuntos Sociales-IMSERSO
Santamarina C et al. (2002). Percepciones sociales sobre las personas mayores. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (IMSERSO)
Fernández García T, Ares Parra A. (coords.) (2002). Servicios Sociales: Dirección Gestión y Planificación. Madrid: Alianza Editorial

Libros recomendados para “Lecturas”

  • de Beavoir S (2001). La vejez. Madrid: De Bolsillo
  • Delibes M (2010). Cartas de amor a un sexagenario voluptuoso. Madrid: Destino.
  • Delibes M (2010). Diario de un jubilado. Madrid: Destino.
  • Delibes M (1978). El disputado voto del señor Cayo. Madrid: Destino.
  • Delibes M (1979). La hoja roja. Barcelona: Argos Vergara.
  • Friedan B (1994). La fuente de la edad. Madrid: Planeta.
  • Hemingway E (2012). El viejo y el mar. Madrid: De Bolsillo.
  • Missinne LE (2004). Reflexiones sobre la vejez. Madrid: CCS

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Valoración e intervención en Xerontoloxía/653491001
Economía Xerontolóxica/653491021
Intervención Pedagóxica en Xerontoloxía/653491027

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía/653491004
O proxecto de investigación en Xerontoloxía/653491016
Lecer e Tempo Libre en Xerontoloxía/653491025

Materias que continúan o temario
Xerontoloxía Social II/653491009
Atención Sociosanitaria/653491010
Demografía da ancianidade/653491012
Psicobioloxía do avellentamento/653491022

Observacións

- Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do I Plan de Sostenibilidade Medio- Ambiental Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías