O sistema de avaliación do Bloque I (tres primeiros temas da materia) será do seguinte modo: o 50% da cualificación obterase dunha serie de cuestionarios e/ou exercicios entregados e o 50% restante dun traballo consistente na resolución dun caso práctico. O devandito traballo pode ser realizado de forma individual ou en grupos de dous ou tres membros.
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:
a.- Non se empregarán plásticos.
b.- Realizaranse impresións a dobre cara.
c.- Empregarase papel reciclado.
d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.
A avaliación do Bloque II (dous últimos temas da materia) realizarase mediante a resolución dunha proba que consistirá na resolución de 5 casos prácticos relacionados con cada un dos dous temas deste bloque: xustificación do tamaño mostral e avaliación de probas diagnósticas. Cada un destes casos serán avaliados con 1 punto, donde se terá en conta a proposta dunha resposta correcta, a argumentación da resolución de cada caso e a utilización dos recursos web proporcionados durante a materia para a resolución dos mesmos. A puntuación máxima total deste bloque será polo tanto de 5 puntos.