Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Cooperar co equipo asistencial sanitario e/ou sociosanitario |
A62
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 B14 B22
|
C1 C3 C4 C7 C12
|
Desenvolver estratexias de comunicación efectiva coas persoas atendidas, as súas familias ou grupos. |
A62
|
B1 B7 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B22 B24
|
C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
|
Aplicar o PAE integrando os coñecementos dos problemas de saúde das persoas nas diferentes etapas do ciclo vital. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade. |
A62
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24
|
C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12
|
Actuar segundo os principios éticos e legáis que guían á profesión. Cumprir as normas de funcionamento das Institucións Sanitarias. |
A62
|
B1 B6 B8 B9 B11 B12 B13 B16 B20 B24
|
C1 C3 C4 C7 C11 C12
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en institucións hospitalarias en unidades medico-cirúrxicas, de saúde mental e instucións sociosanitarias. |
- Realización do ingreso de doentes segundo protocolo.
- Manexo seguro do material estéril, material contaminado e punzantes, previndo os riscos.
- Medición, avaliación e rexistro de constantes vitais e parámetros antropométricos. Realización e interpretación do EKG básico.
- Realización de curas.
- Asistencia e circulación no quirófano. Instrumentación básica.
- Aplicación, segundo protocolo, de medidas de illamento (respiratorio, de contacto...)
- Recollida de mostras biolóxicas para análise.
- Axuda ó doente encamado nas actividades de autocoidado: hixiene, alimentación, eliminación e mobilidade.
- Mobilización e asistencia ó doente para adoptar e manter distintas posicións, exercicios básicos para previr problemas derivados da inmobilidade prolongada.
- Aplicación das medidas preventivas e de tratamento das úlceras por decúbito.
- Preparación e administración de fármacos por via oral, tópica, rectal, ótica, nasal, oftálmica, inhalatoria, vaxinal, subcutánea, intradérmica, intramuscular e intravenosa.
- Realización de venoclisis e soroterapia. Mantemento.
- Realización das técnicas básicas de fisioterapia respiratoria(clapping, aerosolterapia, drenaxe postural, tos asistida, uso de incentivadores...)
- Aplicación de medidas para o mantemento da temperatura corporal dentro dos límites fisiolóxicos.
- Realización de sondaxe vesical, rectal e nasogástrico. Mantemento.
- Aplicación de oxixenoterapia. Mantemento e avaliación.
- Adecuación da dieta do doente en función da sua doenza e tolerancia. Aplicación de coidados de alimentación enteral e/ou parenteral.
- Realización de balances hídricos.
- Realización e avaliación de glicemias.
- Administración e mantemento de transfusións sanguíneas.
- Realización de coidados postmortem. Relación de axuda e apoio ós familiares |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Problem solving |
A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
1 |
45 |
46 |
Student portfolio |
A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
0 |
2 |
2 |
Introductory activities |
A62 B1 B10 C11 |
1 |
0 |
1 |
Seminar |
A62 B1 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 |
2 |
0 |
2 |
Oral presentation |
A62 B1 B4 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
3 |
0 |
3 |
Clinical practice placement |
A13 A14 A16 A23 A28 A35 A36 A37 A39 A56 A57 A62 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
360 |
34 |
394 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Problem solving |
Actividade na que o estudante selecciona unha situación clínica concreta a fin de identificar e valorar os problemas de saude para realizar unha planificación de coidados individualizada.
Terá que realizar un plano de coidados individualizado en cada un dos dous rotatorios clínicos. Un plano de coidados médico e un plano de coidados cirúrxico. |
Student portfolio |
O portafolio do estudante constará de duas partes:
1- MEMORIA DE PRÁCTICAS, integrada pola valoración crítica das unidades de rotación, a avaliación da aprendizaxe e a autoavaliación do estudante mediante items normativizados. As suxerencias de mellora no que respecta a asignatura.
2- DIARIO REFLEXIVO DE PRÁCTICAS, como exercicio de introspección respecto da experiencia clínica e valoración das perspectivas profesionais e persoais. |
Introductory activities |
Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia. Especificaránse todolos traballos a entregar e datas de entrega, sistemas de avaliación e normas das tutorías personalizadas. Responderase, dentro do posible a todalas dudas dos estudantes con respecto á materia. |
Seminar |
Realizaránse dous seminarios previos á rotación polos quirófanos do complexo hospitalario, ao obxecto de practicar unha aprendizaxe colaborativa no ámbito cirúrxico e de xeito teorico-práctico coñecer os requerimentos da actividade cirúrxica e preparar os rotatorios nestas unidades especiais. |
Oral presentation |
Cada un dos traballos realizados ao longo das prácticas clínicas será presentado, en sesión conxunta de grupos seleccionados, de xeito oral con apoio audiovisual e rolda de preguntas finaís. |
Clinical practice placement |
As Practicas Clínicas entendense como un proceso de aprendizaxe no medio real onde ten lugar o exercizo da profesión enfermeira. Proporcionan o estudante a oportunidade de observar e participar nas actividades clínicas deseñadas para aplicar os coñecementos, prinicipios e procedementos da práctica da enfermaría. Desenvolveránse en dous rotatorios de seis semanas de duración, cada un deles, que terán lugar nas unidades medico-cirúrxicas e de saúde mental do CHUAC. Estes rotatorios organizaránse en circuitos integrados para permitir ó estudante abarcar o maior coñecemento posible sobre as unidades clínicas de rotación.
|
Personalized attention |
Methodologies
|
Clinical practice placement |
Problem solving |
Student portfolio |
Oral presentation |
Seminar |
|
Description |
A atención persoalizada relacionada coa solución de problemas ten como finalidade orientar os estudantes na realización e presentación dos Planos de Coidados que teñen que realizar en cada rotatorio clínico. Farase de xeito individual o en grupo e será preferiblemente presencial. Ainda que as consultas puntuales poderánse facer a través da páxina web da asignatura.
A atención persoalizada relacionada co Portafolio do Alumno ten como finalidade dar unhas pautas orientativas na realización da Autoavaliación e do Diario Reflexivo de Prácticas Clínicas. A tal fin se colgarán os contidos orientativos na páxina web da asignatura e atenderánse as consultas dos estudantes polo mesmo canal.
A atención persoalizada relacionada co Seminario, ten como finalidade entrenar os estudantes nos usos mais habituales nas Áreas Cirúrxicas previa ao seu rotatorio polos quirófanos. Farase mediante simulación teorico-práctica e sesión de preguntas, respostas, análise de situacións e conclusións.
A atención persoalizada relacionada coa Presentación Oral ten como finalidade orientar os estudantes no uso da comunicación oral e os medios audiovisuais existentes. Poderá realizarse de xeito presencial o a traves da páxina web da asignatura.
A atención persoalizada relacionada coas Prácticas Clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento i avaliación dos coñecementos, habilidades e actitudes que o estudante debe acadar. Se fará de forma individualizada e presencial a través das visitas que as profesoras realizan á unidade de prácticas clínicas, outras consultas poderánse facer de xeito virtual mediante o correo electrónico y/ou páxina web da asignatura.
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Clinical practice placement |
A13 A14 A16 A23 A28 A35 A36 A37 A39 A56 A57 A62 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B22 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria en tempo, horario e centro establecido polas profesoras da asignatura e segundo as normas da Escola. Como resultado do rotatorio clínico a Supervisora da Unidade de Práctica Clínica emitirá un informe que será valorado polas profesoras da asignatura para a nota final. Na elaboración do informe teranse en consideración os coñecementos, actitudes, habilidades e destrezas técnicas e as aptitudes do estudante. O estudante coñecerá a ficha de avaliación previamente ó comenzo da Práctica Clínica.
Cada un dos rotatorios clínicos avaliarase de xeito individual, e a avaliación conxunta das practicas clínicas terá un peso do 50% na nota final da asignatura. |
50 |
Problem solving |
A62 B1 B3 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
Cada un dos traballos realizados ó longo das Prácticas Clínicas avaliarase de xeito indiviualizado, cos seguintes criterios:
1. Presentación e estrutura: ate 2 puntos.
2. Claridade na redacción: ate 2 puntos.
3. Capacidade de análise y síntese: ate 2 puntos.
4. Capacidade crítica e aportación persoal: ate 4 puntos.
O conxunto de ambos traballos terá un peso na nota total da asignatura do 35%. A súa presentación e obrigatoria. |
35 |
Student portfolio |
A62 B1 B3 B8 B9 B10 B11 B19 B22 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
Entregarase, de xeito obrigatorio, ó finalizar os rotatorios clínicos. Avaliarase:
1- A capacidade de síntese na avaliación da aprendizaxe na unidade clínica donde o alumno realizóu o rotatorio. A claridade e corrección na redacción: ate 3 puntos
2- A correcta cumplimentación de todolos items de autoavaliación e a capacidade autocrítica do estudante: ate 3 puntos
3- A redacción, presentación, e razoamento reflexivo do Diario de Prácticas, así como a valoración persoal do estudante do seu paso pola unidade clínica e as súas expectativas con respecto a profesión enfermeira: ate 4 puntos
O peso total do Portafolio na nota final e do 5%. |
5 |
Oral presentation |
A62 B1 B4 B5 B8 B11 B14 C1 C3 C7 C10 C11 C12 |
A presentación oral dos 2 traballos realizados ó longo do curso e obrigatoria. Realizarase nas datas asinadas pola profesora e avaliarase segundo os criterios que se relacionan a continuación:
- Calidade da presentación, ate 2 puntos
- Uso adecuado dos recursos audiovisuais, ate 2 puntos
- Capacidade de síntese, ate 2 puntos
- Dominio dos contidos, ate 4 puntos
O peso da presentación oral na nota final da asignatura e do 5%. |
5 |
Seminar |
A62 B1 B4 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B20 |
A asistencia ó Seminario Cirúrxico e obrigatoria e computará un 5% na nota final da asignatura. |
5 |
|
Assessment comments |
PRÁCTICAS CLÍNICAS:
Para poder realizar as Prácticas Clínicas correspondentes e obrigatorio estar matriculado oficialmente na materia Estancias Clínicas III e ter superadas as Estancias Clínicas I e II, tal como consta na memoria do Título de Grao en Enfermaría.
Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse dacordo á normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.
As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.
A aplicación de la cualificación correspondente realizaráse sempre que o estudante teña todalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Prolemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios) superadas de xeito independente.
Para aprobar a materia e preciso superar de xeito independente todalas probas (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación Oral, Seminario e Portafolios). A non superación de unha das partes suporá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obteráse establecendo un mínimo, segundo criterio do profesor, en cada unha das partes.
O sistema de cualificacions expresaráse mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de septiembre (BOE 18 de septiembre), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificaciones nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)
O feito de presentarse/realizar as prácticas clínicas e ser avaliado en calquera das probas implica figurar en acta como presentado coa cualificación correspondente.
Os aspectos e criterios xeráis que a ter en consideración ó avaliar as actividades que o estudante ten que realizar (Prácticas Clínicas, Solución de Problemas, Presentación oral, Seminario e Portafolios) serán: asistencia, participación e compromiso individual/grupal, coherencia nos contidos abordados, coñecementos demostrados na actividade práctico-clínica, na solución de problemas e no Portafolio do alumno; así como as competencias adquiridas para esta materia.
As probas superadas na convocatoria de maio- xuño conservarán a súa cualificación para a convocatoria de xullo, pero será preciso a superación de todas as probas para alcanzar a cualificación definitiva.
Ó finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.
Avaliación 2º oportunidade
Dado as metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia na que na maioria das actividades son presenciais ou relacionadas ca presenza en prácticas (práctica clínica, seminario, solución de problemas ), e polo tanto non recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar: portafolios e presentación oral.
Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Enfermaría Clínica (I y II)/750G01012 | Enfermaría da Saúde Mental/750G01015 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016 | Estancias Clinicas I/750G01025 | Estancias Clinicas II/750G01026 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/661G01004 | Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006 | Fundamentos da Enfermaría/661G01007 | Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Enfermaría clínica III/750G01017 | Enfermaría Xerontolóxica/750G01020 |
|
Subjects that continue the syllabus |
Estancias Clínicas IV/750G01028 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Estancias Clínicas VI/750G01030 | Estancias Clínicas VII/750G01031 | Practicum/750G01032 |
|
Other comments |
Segundo establece o Título de Grao en Enfermaría e necesario ter superadas as Estancias Clínicas I e II para poder matricularse nesta materia. |
|