Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A62 |
Integrar os coñecementos, as habilidades e actitudes da enfermaría para dar a atención ás persoas nas diferentes situacións de saúde, baseados nos principios e valores profesionais, competencias de comunicación asistencial, razoamento clínico, xestión clínica e xuízo crítico asociados ás competencias descritas nos obxectivos xerais e as materias que conforman o titulo, en forma de rotatorio clínico independente e con avaliación final de competencias; nos Centros de Saúde, Hospitais e outros centros asistenciais. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo. |
B8 |
Capacidade de análise e sínteses. |
B9 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
B10 |
Capacidade para adaptarse ás situacións novas. |
B11 |
Capacidade e habilidade de xestión da información. |
B12 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B13 |
Toma de decisións. |
B14 |
Habilidades interpersonais. |
B15 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B16 |
Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade. |
B18 |
Desenvolver a capacidade de liderado. |
B19 |
Coñecementos de informática relativos ao ambiente de estudio. |
B20 |
Sensibilidade cara a temas medioambientais. |
B21 |
Implicación na calidade e busca/procura da excelencia. |
B22 |
Capacidade para motivarse e motivar a outros. |
B24 |
Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C10 |
CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
C11 |
CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C12 |
CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
C13 |
CB5.- Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Capacidade de participar de xeito activo e responsable como integrante do equipo asistencial |
A62
|
B3 B5 B7 B8 B9 B11 B14 B18 B19 B22
|
C1 C3 C4 C7 C12 C13
|
Desenvolver con habilidade estratexias de comunicación coas persoas, familias, grupos e comunidade. |
A62
|
B5 B7 B9 B10 B11 B14 B15 B16 B22 B24
|
C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 C13
|
Amosar a capacidade de determinar as necesidades de coidado das persoas atendidas, establecendo os diagnósticos de enfermaría e complicacións potenciais. Planificar as intervencións e actividades necesarias. Executar con habilidade as intervencións de enfermaría garantindo a seguridade e avaliando a súa eficacia.
Utilizar os Sistemas de Continuidade de Coidados. |
A62
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13
|
Actuar segundo os principios éticos e legais que guían á profesión. Cumplir as normas de funcionamento das Institucións Sanitarias. |
A62
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B13 B15 B16 B18 B20 B21 B22 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Prácticas clínicas tuteladas, que se desenvolven en calquera ámbito da practica da enfermaría. |
Permiten ó estudante intefrar os coñecementos teóricos e habilidades adquiridas; comprender e diagnosticar os problemas de saúde; diseñar un Plano de Coidados e desenvolvelo tendo en conta a situación específica de saúde. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 |
480 |
0 |
480 |
Portafolios do alumno |
A62 B1 B3 B4 B8 C1 C7 C11 C12 C13 |
0 |
14 |
14 |
Seminario |
A62 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B21 C1 C3 C6 C8 C10 C11 C12 |
4 |
40 |
44 |
Estudo de casos |
A62 B2 B3 B4 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
4 |
50 |
54 |
Actividades iniciais |
A62 B1 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
Práctica clínica de intervención integradora e avanzada que se desenvolve no ámbito hospitalario ou comunitario (segundo asignación) en quenda fixa ou rotatoria. |
Portafolios do alumno |
O Portafolios contén o rexistro realizado polos estudantes durante o período de práctica clínica. Cunha extensión máxima de 7 páxinas.
Constará dos seguintes contidos :
1. Memoria de Prácticas, integrada polos seguintes documentos:
- Reflexión Crítica sobre a Unidade Clínica ou Centro de Saúde na que se realizaron as prácticas.
- Autoavaliación do estudante
2. Diario Reflexivo de Prácticas, como exercicio de introspección respecto da experiencia das Prácticas Clínicas e valoración das perspectivas profesionais e persoais.
|
Seminario |
O estudante elixirá un procedemento, protocolo ou técnica que se realiza na unidade de prácticas para analizalo segundo as seguintes premisas:
Descrición, obxectivos e material necesario (de ser o caso).
Fundamento científico dos distintos pasos ou actividades das fases de execución, valoración e avaliación. Avaliación crítica segundo a evidencia científica dispoñible.
Será presentado de xeito oral con apoio audiovisual entre un grupo pequeno de estudantes. As datas especifícanse no cronograma de traballo da materia.
|
Estudo de casos |
O estudante elixirá un proceso patolóxico tipo da Unidade de Prácticas e realizará o seguimento dunha persoa con ese problema de saúde, seguindo os pasos que se enumeran a continuación:
Descrición do proceso patolóxico elixido. Bases fisio-patolóxicas do caso.
Enumeración dos problemas de saúde e complicacións potenciais, determinando obxectivos e actividades de enfermaría para resolver e previr os problemas reais e potenciais detectados.
Valoración final do estudante sobre as fortalezas e dificultades percibidas para a realización do traballo.
O traballo sobre o caso clínico enviarase por correo electrónico á profesora asignada e será presentado de forma oral (con apoio audiovisual) nunha sesión de grupo reducido. A profesora especificará, de ser o caso, a necesidade de usar taxonomía enfermeira, dependendo da unidade na que se realicen as Prácticas.
|
Actividades iniciais |
Actividade que ten lugar antes do inicio das prácticas clínicas. Realizarase unha sesión na aula para o grupo completo de estudantes na que se especificarán as metodoloxías para o correcto desenvolvemento da materia, así como o sistema de avaliación. Asi mesmo, cada profesora realiza a presentación ó grupo asignado para aclarar aspectos relativos a actividade segundo se realicen as prácticas clínicas en atención especializada ou atención primaria.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
Seminario |
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que os estudantes deben acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.
A atención personalizada relacionada co Seminario e Estudo de casos ten como finalidade orientar aos estudantes na realización e presentación das intrevencións e situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A62 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19 B20 B21 B22 B24 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 C13 |
Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. |
50 |
Portafolios do alumno |
A62 B1 B3 B4 B8 C1 C7 C11 C12 C13 |
Para a avaliación do Portafolio terase en conta a súa presentación en tempo e forma, así como a cumplimentación correcta de todolos apartados que o compoñen: ate 3 puntos
A claridade e corrección na redacción, a capacidade de síntese e a cumplimentación de todolos item de autoavaliación serán fundamentáis para a avaliación do Portafolio: ate 3 puntos
A capacidade crítica e a corrección narrativa se terán en conta para a avaliación do Diario Reflexivo de Prácticas: ate 4 puntos
O peso total do Portafolios na nota final e do 5% |
5 |
Seminario |
A62 B2 B3 B4 B8 B9 B12 B13 B21 C1 C3 C6 C8 C10 C11 C12 |
Nos seminarios practico-clínicos, presentaránse os traballos elaborados polo estudantes. A presentación será oral con apoio audiovisual.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
1. Presentación e estrutura: ata 1 puntos.
2. Claridade na redacción: ata 1 puntos.
3. Capacidade de análise y síntese: ata 4 puntos.
4. Capacidade critica e aportación persoal: 4 puntos |
20 |
Estudo de casos |
A62 B2 B3 B4 B8 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 C11 C12 |
Os estudantes presetarán o caso clinico aos outros estudantes de xeito oral e responderan as preguntas realizadas polos compoñentes do grupo.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
1. Presentación e estrutura: ata 1 puntos.
2. Claridade na redacción: ata 1 puntos.
3. Capacidade de análise y síntese : ata 4 puntos.
4. Capacidade critica e aportación persoal: 4 puntos |
25 |
|
Observacións avaliación |
Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I y II, III,IV ,V ,VI, VII; tal e como consta na memoria do título de grao.
A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxias que computen na avaliación sexan superadas polo estudante segundo os criterios establecidos.
Dado que a asistencia ás prácticas clínicas e obrigatoria, as ausencias deberán comunicarse dacordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non comunicadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.
O finalizar o periodo de prácticas clínicas os estudantes deberan presentar a a Memoria segundo se especifica no regulamento de Estadias Clinicas.
Avaliación 2º oportunidade
Dada a natureza das metodoloxías utilizadas no desenvolvemento da materia na que a maioría das actividades son presenciais (Práctica clínica), e polo tanto non recuperables, os estudantes só poderán empregar a segunda oportunidade para recuperar: o seminario e o estudo de casos.
Adianto de oportunidade e estudantes con matricula parcial, dado que a practica clínica e unha actividade presencial, non recuperable, non e posible establecer unha avaliación diferente para estes casos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Bardají Fandos T. (2008). El diario reflexivo como herramienta de autoaprendizaje en la formación de enfermería . Nursing, Agosto 2008; 26(7):52-8.
Luis MT (2008). Los Diagnósticos enfermeros. Revisión crítica y Guía Práctica.. Barcelona.Doyma |
A bibliografía básica para esta materia está relacionada fundamentalmente ca especificada nas seguíntes materias: Enfermaría Clínica I, II, III, IV, V, VI e VII.
.
- Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 4ª ed. Barcelona: Elsevier; 20014.
- Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2014.
- NANDA International. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2015-2017. Barcelona: Elsevier; 2015.
- NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
- Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidados. Coruña; 2002.
- Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.
http://www.fisterra.com/
|
Bibliografía complementaria
|
Kübler-Ross E. (1993). Sobre la muerte y los moribundos. Barcelona. Grijalbo |
A bibliografía complementaria pode ser incorporada ó longo do curso polos profesores da materia que farán indicacións de libros e /ou artigos de revistas científicas de interese na páxina web da materia. | |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Nutrición/661G01009 | Farmacoloxía/661G01011 | Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016 | Enfermaría clínica III/661G01017 | Enfermaría Xerontolóxica/661G01020 | Estancias Clinicas I/661G01025 | Estancias Clinicas II/661G01026 | Estancias Clínicas III/661G01027 | Estancias Clínicas IV/661G01028 | Estancias Clínicas V/661G01029 | Estancias Clínicas VI/661G01030 | Estancias Clínicas VII/661G01031 | Enfermaría Clínica I/661G01034 | Enfermaría Clínica II/661G01035 | Fundamentos de Enfermaría/661G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo fin de grao/661G01033 |
|
Observacións |
Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superada a materia Estancia Clínica I, II, III ,IV, V, VI é VII para poder matricularse. |
|